as declaracións son o meu forte. dicir a verdade ou morrer sen razón, que vas a pensar al oÃr que te quiero. son un pouco kamikace, sempre tiven alma de suicida. lembreime pq a Xoela chutouse con Deluxe diante miña, e xa postos, autoinviteime. acordeime por iso. é igual que tirarse dun avión en caÃda libre. pero sen paracaÃdas. dar e non esperar nada. emocións fortes para min. non importa a quen lle dixen "QUÉROTE", porque igual non o merecÃa, non importa pq eu podo namorarme e desnamorarme de calquera ser humano nunha milésima de segundo. sen pedir permiso e rompendo todas as regras da lóxica racional. simplemente non importa. no xogo da verdade sempre perdo porque confundo realidade e ficción; son irmás siamesas. acordeime desa sensación de vertixe na lingua, a sensación de control sobre o meu corazón, a sensación de alegrÃa de saber que me basta con querer para estar completa sen agardar nada de ninguén. esa curiosidade pola resposta aÃnda que sabÃa cal Ãa ser, pero que non me podÃa ferir porque acababa de facer o máis difÃcil que pode facer calquera de nós: mirar aos ollos sen medo e disparar un "QUÉROTE" directo a outro corazón. si, case me tiña esquecido desa vertixe na lingua, a electricidade comezando a nacerme. case un orgasmo. e xa postos a confesar, confeso que o outro dÃa tiven un orgasmo bailando. ou case. pura descarga de desexo e electricidade polo meu corpo. desexo, tan só desexo. podÃa encender bombillas e lámpadas se mo propuxese. quÃmica pura e dura. unha revolución da miña pel que se puña en pé de guerra e que só sabÃa dicirme "vasme matar!". e a música que se perde dentro da miña cabeza. e a miña lingua vólvese canibal. creo que probei a droga máis dura que existe e estou a piques de convertirme na súa nova ionqui (outra adicción máis para a gran lista das que xa teño). sen bicar, pero mirando, sen tocar pero rozando...
onte Uxi chamou a Xoela. que cariña se lle quedou! mestura de tantas cousas...! que sorriso máis bonito se lle pon cando fala con ela polo móbil. chamouna dende Franchutelandia porque anda por alà de intercambio co insti. que recordos de cando fun eu!!! Uxi, coidado cos franceses que teñen todos a lingua moi longa
e nada máis por hoxe. agora toca excursión ao Algarve!! creo que vou ter que soltar ao lobishome, ten saudades de andar libre polo mundo adiante.
chúzame -
