hai algo de noite, nas casas, cando todos durmen que me encanta. lembro que, de pequena, moitas veces espertaba no medio da noite e sentía como que algo me chamaba dende aquel silencio que había na miña casa. gustábame erguerme cando todos durmían e pasearme a escuras por casa sen rumbo escoitando o silencio. e ía ata o balcón para asomarme e ver como durmía a cidade, como soñaba e para preguntarme se alguén máis dende algunha outra fiestra doutro edificio doutra rúa doutro barrio estaba a facer e preguntarse o mesmo ca min. despois funme enganchando ás noites de lúa chea , como os lobos, e a comprobar se as estrelas mudaban de posición e brillo todas as noites. esta é a soidade que non (nos) doe. o silencio... o silencio de quen pecha os ollos e pode entendelo todo. era o murmullo dos soños de toda a cidade, as súas alegrías, as penas, derrotas victorias. música sen guitarras, sen violíns, sen piano, sen voces que a canten. sen letra. só silencio. como unha mirada. que non se pode atrapar nin gardar, que morre ao pouco de nacer, sen perfume, pero que viaxa polo Aire. calma e paz absoluta. como agora. cambian as xogadas e os xogadores, mais as situacións sempre se repiten. agora. unha película sobre os Doors, luces apagadas e só a pantalla do portátil que semella unha porta aberta para entrar na miña mente. ninguén entende as loucuras as parvadas do Morrison. ninguén. ás veces son coma el e rompo vasos de cerveza contra o chapapote, tírome a el e máis burradas que non veñen ao caso. ninguén o entende. e sempre preguntan pq fas iso. por que? non hai un motivo, simplemente que ás veces fago cousas sen pensar, sen razonar, igual que se fose un animal: ás veces teño que soltar ao lobishome, darlle un pouco de liberdade, apenas iso para que non veña a devorarme, para que me deixe vivir tranquila. cousas que non se lle contan a ninguén pq ninguén as entende... e menos en voz alta. pero eu non son o Jim, nunca serei como el, pero si sei o que se sente cando todo deixa de importar. eu sempre o digo, os extremos, os excesos que nunca foron bos. por algo será

Break On Through (To The Other Side)

You know the day destroys the night
Night divides the day
Tried to run
Tried to hide
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

We chased our pleasures here
Dug our treasures there
But can you still recall
The time we cried
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

Everybody loves my baby
Everybody loves my baby
She gets, she gets
She gets, she gets

I found an island in your arms
A country in your eyes
Arms that chain us
Eyes that lied
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

Made the scene from week to week
Day to day, hour to hour
The gate is straight
Deep and wide
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through, break on through
Break on through, break on through
Yeah, yeah, yeah,
Yeah, yeah, yeah, . . .

Chuzame! chúzame -