Abril 2005


persoal28 Abr 2005 02:45 p.m.

vén maio e temo o peor…
sempre me dá a mala. malísima. sonlle alérxica. completamente alérxica… faime dano, sempre mo fixo. a primavera. maldita abstemia primaveral. vén maio e trae a maldita melancolia que me acosa todos os anos. ou non? será distinto este ano?supoño que é cuestión de porpoñermo. porque maio é sinónimo dunha soa cousa: isto empeza a acabarse… 🙂 como todo na vida.

pero esta vez vou ser conformista. unha vez máis, asomareime ao abismo. desexarei con toda a miña alma poder voar e facelo. FACELO. pero voume conformar. non me vou lanzar a esperar que algún milagre pase, pq, sexamos realistas, por moito que me custe admitilo, pois… non, non podo voar. e non vou voar. confórmome con soñalo, con imaxinalo, con sentir o aire sobre a miña pel. si, estou derrotada, vencida. un pouco de humildade non me vén mal. os imposibles non sempre dependen de nós. estou moi cansa e xa non podo máis. sinto que xa non podo máis. durmo mal, non me lembro do que soño e o insomnio acósame. entón érgome e camiño entre as sombras de casa buscando o aire fresco da rúa. collo unha silla e sento no balcón. a cidade cóntame as súas cousas e a soidade vén para curarme a feridas igual que miña nai cando eu era máis pequena. abrázame e susúrrame ao oído á única verdade que necesito para non perder o equilibrio: isto pasará, bo ou malo; eterno non hai nada. e por fin consigo ver as estrelas en Lisboa. o único problema é ninguén me di que vou facer co lixo do meu corazón. onde o vou esconder?? algo que se ocurrirá polo camiño. é curioso, ninguén ve o que pasa. NINGUÉN. e non o entendo. definitivamente, vemos o que queremos ver. mellor para min, menos para agochar.

e este finde a ver se hai cura de sol e praia. cura de salitre.

eu son a Maga? quizais si, empezo a facer maxia sen darme conta. non estou acostumada a ser obxecto de búsqueda, habitualmente son eu a que busca a outros. e perdoen o “victimismo”, toda a miña vida foi así. igual xa é tempo de cambialo.

¿Encontraría a la maga? Tantas veces me había bastado asomarme, viniendo por la rue de Seine, al arco que da al Quai de Conti, y apenas la luz de ceniza y olivo que flota sobre el río me dejaba distinguir las formas, ya su silueta delgada se inscribía en el Pont des Arts, a veces andando de un lado a otro, a veces detenida en el pretil de hierro, inclinada sobre el agua. Y era tan natural cruzar la calle, subir los peldaños del puente, entrar en su delgada cintura y acercarme a la Maga que sonreía sin sorpresa, convencida como yo de que un encuentro casual era lo menos casual en nuestras vidas, y que la gente que se da citas precisas es la misma que necesita papel rayado para escribirse o que aprieta desde abajo el tubo de dentífrico.

Oliveira había bajado los brazos y parecia indiferente a lo que Talita hiciera o no hiciera. Por encima de Talita miraba fijamente. “Estos han tendido otro puente entre ellos”, pensó Talita. “Si me cayer a la calle no se darían cuenta”.
(Y la triste realidad es así: de nuevo la mujer es solamente figura de la búsqueda de Horacio)

Julio Cortázar, Rayuela.

CONFORMISMO!!

persoal25 Abr 2005 04:45 p.m.

equivoqueime e non me equivoquei. e seino. porque a miña pel foi dona de todo o meu ser. TACTO. sentir só coa pel ata que o corpo estremecía. outra descarga eléctrica. sen poder falar, sen poder abrir os ollos. cega, completamente cega. e fun devorada polo lobo. bicos con sabor a carne, a maria e alcohol. e mesmo con b.s.o.

Y con la rabia impresa en el lavabo
de un hotel de carretera
la chica no perdió el avión

Con la esperanza puesta
en el escote de otra camarera
me roba el corazón

Y luego acabo con cualquiera que me de calor
siempre es mejor que quedarse a medias
No necesito documentación
para que tú me quieras

Qué te parece si subimos a la habitación
rompiendo cremalleras
¿Qué te parece si me voy sin pagar?
apúntalo en la cuenta

Con la violencia densa de un poema
de Bukowsky en la encimera
viendo televisión
Mediocridad premiada gracias
a los índices de audiencia
Prefiero una jukebox

Y luego acabo con cualquiera que me de calor
siempre es mejor que quedarse a medias
No necesito que me des tu amor
¡No se lo des a cualquiera!
Por la escalera de incendios baja un soñador
me subo la bragueta
¿Qué te parece si me voy sin pagar?
apúntalo en mi cuenta

Con la violencia densa de un poema
de Bukowsky en la encimera
viendo televisión
Sobrevolando con el mando
los estados de emergencia
Prefiero una jukebox

pero esperto cedo pola mañá coa miña cama cheirando a home. e son estranxeira dos meus propios soños. incómoda. e resaca no corazón. é o prezo da carne, migallas do que nunca terei.

António Ramos Rosa

Mediadora da Palavra

Um rumor
irrompe das nocturnas
margens. Sombras deslumbrantes.
Um fulgor que desnuda e que despoja.
Campo de água ágil. Dança

Imóvel. Uma cegueira arde
Incendiando o tempo. Pátria
áspera de delicado alento.
Soberano marulhar do inexplorável.

Unânime é a pedra. Selvagem
a palavra despedaça a língua.
Um silêncio central domina e orienta
A substancia primária. A palavra inicia.

Rapidez da água entre resíduos
obscuros. Talvez o diadema.
Talvez a obscura dança aérea.
O leve poder do fogo, as suas marcas

ácidas. Pulsação
dos poros. Ardor do silêncio
no nocturno centro. Fulgor do desejo.
Uma deusa de água espraia-se nas palavras.

persoal21 Abr 2005 04:23 p.m.

pouco a pouco todo volta á normalidade. a calma da rutina que tanto botei de menos estes dous últimos días. pasan cousas, pasarán cousas. e voume tirar de cabeza á piscina, a esta que si ten auga. vivir, sentir co corpo, coa pel, coa alma, péselle a quen lle pese. xa non vou esperar. que me espere quen me queira que xa me fartei de dar e esperar algo a cambio. non, agora non. agora vou dar sen recibir, sen soñar. en silencio, cunha humildade prestada e que sei que non é miña. esta vez non vou soltar ao lobishome para que vaia de caza. esta vez vou ser eu. por e para min. voume esquecer dos demais e deixarme de escoitar á miña empatía que todo o sabe dos demaise a todos quere complacer e axudar. AMAR con maiúsculas, porque xa non espero nada. canseime. AMAR e con conformarme con pouco, ese pouco que para min é o ceo da miña vida. vou deixar de drogarme. xa, agora, neste instante. con estas palabras. a droga son eu. que se enganchen de min, sen darse conta, sen velo, sen entendelo. que non poidan vivir sen min e que cando poidan facelo o único que queiran sexa estar comigo. e daquela xa faleremos do conto.

“o que teña que ser, será”

a banda sonora orixinal do meu corazón neste instante é o novo de Coldplay. o universo nunha canción. flipaa!!!

Coldplay

Speed Of Sound

by Guy Berryman, Jonny Buckland, Will Champion and Chris Martin
how long before I get in
before it starts, before I begin
how long before we decide
before I know what it feels like
where do, where do I go
if you never tried then you’ll never know
how long do I have to climb
up on this side of this mountain of mine

look up, I look up at night
planets are moving at the speed of light
come up, up in the trees
every chance that you get
is a chance you seize
how long I can stand
with my head stuck under the sand
I start before I can stop
before I say things that I made up

and all that noise, all that sound
all these pieces that i have found
and the earth is gone flying at the speed of sound
to show how it all began
birds come flying from the underground
if you could see it then you’d understand

ideas that you’ll never find
all the inventors could never design
all the buildings that you put up
Japan and China were all lit up
the first sign that I couldn’t read
all the land that I couldn’t see
somethings you have to believe
but others are puzzles, puzzling me

and all that noise, all that sound
all those pieces that I have found
and the earth is gone flying at the speed of sound
to show how it all began
birds come flying from the underground
if you could see it then you’d understand

all those signs I knew what they meant
something you can’t invent
something […], something […]
ooh
words go flying at the speed of sound
to show how it all began
birds came flying from the underground
if you could see it then you’d understand
oh, when you see it then you’ll understand

persoal20 Abr 2005 06:35 p.m.

hai persoas que son como o mar, como o océano. camiñas pola praia, coa area mollada pegada aos teus pés espidos. unha praia de tantas, unha como todas as outras, pero que é diferente ás demais. única. e o sol cégate de vez en cando. e miras, e ollas para o mar. azul, inmenso, como un xigante calado. hai persoas que son así. ves o horizonte, a súa fin e sabes que está mentirte. hai moito máis detrás del. é por humildade. e xoga contigo a collerte e a mollarche os pés igual que se foses un neno. e ti aceptas e xogas con el. así de simple, así debería ser sempre. viaxaches polo sur do país veciño e atopaches tanta beleza que ata che deu pena volver a casa.a casa. e polas noites ceibaches ao lobishome baixo a influencia da lúa. deixáchelo ir cazar para acalmar a fame e a sede, de momento. ata cando pensas que vas aguantar? e houbo un instante do día despois que pensaches que podías cargar co mundo ás túas costas. quizais nese intre si, pero non despois. por che tremían as mans, porque te sabes capaz do mellor e do peor. e volviches atopar outra praia, a praia dos teus soños, e mesmo a praia da túa vida. non estabas soa, estaba o mar, estaban todos. bañácheste nel porque a túa pel cho suplicou. igual que cando eras nena, porque volviches a ser nena. hai persoas que son como o mar e ti sábelo. sábelo como sabes que non xamais poderás coñecer cada recuncho das súas profundidades, cada corrente marina, cada anaco de terra co que se bica, cada banco de peixes, cada rocha do fondo, cada milímetro de coral, de algas. afogarías se o fixeses. e mergullaste preto da costa, area, porque es como o chumbo e non tes alma de serea, porque es un peixe de cor sen branquias. mais ti aínda non o sabes, non o podes saber… curarás as feridas máis profundas, estás a curalas, só coas palabras. palabras que curan, palabras con segredos de pel e mans. hai persoas que son como o mar, ti e non che importa. abóndache con mirar ese mar dende lonxe, sen compararte con el. aínda que sabes de sobra que non podes vivir nel. aínda que as leis do universo cho impidan…

non esquezas a calma que sentiches, todo é posible
fmd: o TEU corazón

GUITARRA Y VOS
14.mayo.2002
(Jorge Drexler)

¡que viva la ciencia, que viva la poesía!¡qué viva siento mi lengua cuando tu lengua está sobre la lengua mía! el agua está en el barro, el barro en el ladrillo, el ladrillo está en la pared y en la pared tu fotografía / es cierto que no hay arte sin emoción, y que no hay precisión sin artesanía / como tampoco hay guitarras sin tecnología / tecnología del nylon para las primas tecnología del metal para el clavijero / la prensa, la gubia y el barniz : las herramientas del carpintero

el cantautor y su computadora, el pastor y su afeitadora, el despertador que ya está anunciando la aurora / y en el telescopio se demora la última estrella /
la máquina la hace el hombre……..y es lo que el hombre hace con ella

el arado, la rueda, el molino / la mesa en que apoyo el vaso de vino / las curvas de la motaña rusa / la semicorchea y hasta la semifusa / el té, los odenadores y los espejos / los lentes para ver de cerca y de lejos / la cucha del perro, la mantequilla / la yerba, el mate y la bombilla

estás conmigo / estamos cantando a la sombra de nuestra parra / una canción que dice que uno sólo conserva lo que no amarra / y sin tenerte,
te tengo a vos y tengo a mi guitarra

hay tantas cosas / yo sólo preciso dos:
mi guitarra y vos / mi guitarra y vos

hay cines / hay trenes / hay cacerolas / hay fórmulas hasta para describir la espiral de una caracola / hay más: hay créditos / tráfico / cláusulas / salas vip / hay cápsulas hipnóticas y tomografías computarizadas / hay condiciones para la constitución de una sociedad limitada / hay biberones y hay obúses / hay tabúes / hay besos / hay hambre y hay sobrepeso / hay curas de sueño y tisanas/ hay drogas de diseño y perros adictos a las drogas en las aduanas/

hay-manos-capaces-de-fabricar-herramientas-con-las-que-se-hacen-máquinas-para-hacer-ordenadores-que-a-su-vez-diseñan-máquinas-que-hacen-herramientas-para-que-las-use-la-mano

hay escritas infinitas palabras :

zen gol bang rap Dios fin

hay tantas cosas / yo sólo preciso dos:
mi guitarra y vos / mi guitarra y vos

persoal19 Abr 2005 03:56 a.m.

non sei porqué, pero si que o sei… “isto xa o vivín” penso cando me boto á rúa coma un can sen dono. Sen rumbo porque non o tiña. Ía vento e lembreime da praia. De perdidos ao río. lembreime da area pegada aos meus pés. Lembreime daquela calma que se metía dentro de min polo nariz, co olor a salitre. Que rápido son capaz de mandalo todo á merda! Camiñei coma un extraterrestre con música na orellas para anestesiarme. Crucei unha rúa e case me atropelan. Creo que me agarrou unha muller polo brazo. Con forza. Sorriume cando se foi. E eu co susto no corpo, co coche aínda pasando diante das miñas pernas, rozando o meu pantalón. Sorriume. Estaba feliz. Levaba unha gorra no pelo e vestía un chándal. Era a miña Amelie particular, o meu anxo da garda disfrazado de lisboeta. Non lle dixen nada, nada de nada. Tan só vin como se perdía, como se ía facendo máis e máis pequena, como se afastaba de min. Creo que nese momento foi cando me vin a min mesma do outro lado da rúa, tirada no chan, berrando, pq iso era o único que quería facer, coa boca chea de sangue, sen dentes, coa lingua na man. Co coitelo na man. Co coitelo co que apuñalei a Dido. Non apartei os ollos daquela imaxe que me negaba a min mesma unha e outra vez. Leváronme presa igual que aos asasinos. O cárcere da indiferencia será o meu castigo, a Nada, o Baleiro E mentres eu busquei un burato escuro no que esconderme. Estaba soa. Sen liberdade. SOA. Fuxindo da vergoña e da realidade. Da impotencia de saber que nada se esquece, as cousas malas sobre todo. Cara onde fun? Marchei a buscar libros, soñar con namorarme dalgún deles e por algún momento esquecinme de todo. Recoñezo que quixen odiarme e non puiden, supoño que xa nunca máis poderei e iso que non faltaban motivos. Decidín que esta vez non vou pedir perdón. non pq non o queira, é que non podo deixar de pensar que non o merezo. podería escribir a mellor carta, a máis fermosa, podería escribir o mellor de todos os libros, o poema perfecto; para min iso sería o máis fácil. Hai dúas cousas que sempre se repiten na miña vida, como a miña maldición particular, a miña asignatura pendente. Sempre acabo crendo, pensando e sentindo que non teño dereito a pedirlle nada a ningún dos meus; ás veces ata me sinto mal por pedir un abrazo ou un xesto de cariño, o que sexa. E despois que sempre lle fago dano ás persoas que máis quero. A todos, non se salva ninguén. É incrible a facilidade que teño para ferir… e por riba son rápida e eficiente. Igual que un asasino, o mesmiño ca un maltratador. Ou peor.

Fun ao cine e vin unha película chinesa sobre o amor: 2046. E estiven na sala de cine máis bonita que vin na vida. Estaba baleira cando entrei. Soa coma min. Soa ata que cheguei eu para sorrirlle. E ela regaloume a súa escuridade, a súa complicidade para notar como nacía o salitre dos meus ollos. Hoxe só quería estar soa. Fuxir, afastarme pq o medo me impedía atopar o camiño de volta a casa e aquí, en Lisboa, aquí non teño faro que me sinale cal é o camiño para volver a casa.

Mañá máis, hoxe non podo, a tristeza derrotoume. Prometo resucitar mañá, Ao amencer. Gracias polas vosas palabras!! Válenme a vida…

Pido perdón, por no haber escuchado tus ruegos
pido perdón, por las lágrimas que hablan de mi,
pido perdón, por tus noches a solas
pido perdón, por sufrir en silencio por ti.
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora…
devuélveme la vida.
Yo no volveré, a quererte de nuevo a escondidas
no intentaré, convertir mi futuro en tu hiel
no viviré entre tantas mentiras.
intentaré convencerte que siempre te amé…y yo
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora…
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora…
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora…
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora…
devuélveme la vida.

persoal15 Abr 2005 02:09 a.m.

pasaron xa moitos anos, pero aínda me lembro con claridade daqueles días. xa non me sinto como sentín daquela, sei que non volverei a probar aquela desesperación, medo, dor, ira, rabia, angustia, desilusión, tristeza, melancolía. lémbrome de chorar todas noites. chorar sangue e vida, chorar petróleo como choraban as praias cando foi o do Prestige. lémbrome de abrazarme a Osiria morta de medo, coas mans treméndome de impotencia. lémbrome da soidade e do medo a perdela… ela foi quen me salvou a vida. lembrome de todas ás veces que me levou meu pai a Compostela para que me curasen a aLma. lémbrome de falar durante horas cunha descoñecida porque esa era a miña única menciña. lémbrome da culpabilidade. lémbrome de todas e cada unha das cousa malas que fixen. lémbrome de berrar chorando unha e outra vez: “non podo, non podo cambiar, non o ves!!!” lémbrome de vivir nunha montaña rusa, de andar perdida e soa polas rúas de Ou chorando en silencio. lémbrome de miña nai repetíndome que se realmente dela dependese eu xa estaría ben. lémbrome de berrarlle á miña irmá por puro medo. lémbrome dos CELOS.

é curioso, lémbrome e xa non me doe… cousa boa.

pero tamén me lembro das cartas, dos soños, da ilusión que me fixo cando me deron a alta, de como chorei de alegría. lémbrome dos veráns na aldea soñando con escribir contos e poemas, con bailar ben e ligar. lémbrome de querer ser como Osiria, de querer ir á súa voda. lémbrome de todas e cada unha das veces que actuei co grupo de teatro do colexio no Teatro Principal. lembrome do Faro que tiña eu en Ou para cando volvía tarde a casa. lembrome de que sempre había pendente de min. lembrome de cando fun a Italia e descubrín a Ro. lembrome de tardes eternas no ciber, saltándome as reglas do tempo e aprendendo do Mago. lémbrome de Aransa que me vía máis guapa do que xamais me puiden ver eu. lémbrome do día que naceu a miña prima Iolanda, lembrome do día que cumplin 18. lémbrome da miña primeira borracheira saltando pola plaza maior. lémbrome do primeiro día de universidade no cuvi, de cando me quedaron catro pa setembro e que(milagrosamente) logrei quitalas. lémbrome de ir limpar a Oia e a Carnota, de berrar NUNCA MÁIS e NON Á GUERRA. lémbrome da primeira vez que recitei na universidade e de como me tremían as pernas pola emoción. lémbrome de cando fixen o Camiño de Santiago dende Astorga. lémbrome da primeira vez que lle dixen a alguén que o quería. lémbrome de ir soa con miña irmá no coche coa música a todo volumen e cantando como tolas, lémbrome de noites enteiras bailando sen parar, lémbrome do día que decidín que me viña pa lisboa. lémbrome de deixarme querer e sentirme moi querida. lémbrome do primeiro bico e mil cousas máis que me pasaron dende que estou AQUÍ, en Lisboa, para algo está este blog. pero sobre todo lémbrome do día que me mirei no espello e me vin tal como son. o día que me atopei a min mesma.

e hoxe máis ca nunca lémbrome do momento, desa milésima de segundo, desa nada de tempo, dese instante que conxelei para sempre na miña cabeza, O DÍA que me decidín a cambiar, a botarlle un par e ser eu con todas as consecuencias, aceptando o bo e o malo de min, pq por encima de todas as cousas eu son son imperfeita. quizais sexa ese o meu encanto persoal. en fin. todo se transforma eu tamén o fixen. largo camiño ata aquí, pero non me arrepinto de nada do que dixen e fixen. victorias e derrotas, acertos e erros, etc. de todo aprendín a vivir. máis nada. e a guerra que me queda aínda por dar!!!!!

Todo Se Transforma
Tu beso se hizo calor,
luego el calor, movimiento,
luego gota de sudor
que se hizo vapor, luego viento
que en un rincón de La Rioja
movió el aspa de un molino
mientras se pisaba el vino
que bebió tu boca roja.

Tu boca roja en la mía,
la copa que gira en mi mano,
y mientras el vino caía
supe que de algún lejano
rincón de otra galaxia,
el amor que me darías,
transformado, volvería
un día a darte las gracias.

Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.

El vino que pagué yo,
con aquel euro italiano
que había estado en un vagón
antes de estar en mi mano,
y antes de eso en Torino,
y antes de Torino, en Prato,
donde hicieron mi zapato
sobre el que caería el vino.

Zapato que en unas horas
buscaré bajo tu cama
con las luces de la aurora,
junto a tus sandalias planas
que compraste aquella vez
en Salvador de Bahía,
donde a otro diste el amor
que hoy yo te devolvería……

Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.

ata volver do Algarve!!!

persoal13 Abr 2005 05:31 p.m.

as declaracións son o meu forte. dicir a verdade ou morrer sen razón, que vas a pensar al oír que te quiero. son un pouco kamikace, sempre tiven alma de suicida. lembreime pq a Xoela chutouse con Deluxe diante miña, e xa postos, autoinviteime. acordeime por iso. é igual que tirarse dun avión en caída libre. pero sen paracaídas. dar e non esperar nada. emocións fortes para min. non importa a quen lle dixen “QUÉROTE”, porque igual non o merecía, non importa pq eu podo namorarme e desnamorarme de calquera ser humano nunha milésima de segundo. sen pedir permiso e rompendo todas as regras da lóxica racional. simplemente non importa. no xogo da verdade sempre perdo porque confundo realidade e ficción; son irmás siamesas. acordeime desa sensación de vertixe na lingua, a sensación de control sobre o meu corazón, a sensación de alegría de saber que me basta con querer para estar completa sen agardar nada de ninguén. esa curiosidade pola resposta aínda que sabía cal ía ser, pero que non me podía ferir porque acababa de facer o máis difícil que pode facer calquera de nós: mirar aos ollos sen medo e disparar un “QUÉROTE” directo a outro corazón. si, case me tiña esquecido desa vertixe na lingua, a electricidade comezando a nacerme. case un orgasmo. e xa postos a confesar, confeso que o outro día tiven un orgasmo bailando. ou case. pura descarga de desexo e electricidade polo meu corpo. desexo, tan só desexo. podía encender bombillas e lámpadas se mo propuxese. química pura e dura. unha revolución da miña pel que se puña en pé de guerra e que só sabía dicirme “vasme matar!”. e a música que se perde dentro da miña cabeza. e a miña lingua vólvese canibal. creo que probei a droga máis dura que existe e estou a piques de convertirme na súa nova ionqui (outra adicción máis para a gran lista das que xa teño). sen bicar, pero mirando, sen tocar pero rozando…

onte Uxi chamou a Xoela. que cariña se lle quedou! mestura de tantas cousas…! que sorriso máis bonito se lle pon cando fala con ela polo móbil. chamouna dende Franchutelandia porque anda por alí de intercambio co insti. que recordos de cando fun eu!!! Uxi, coidado cos franceses que teñen todos a lingua moi longa 🙂

e nada máis por hoxe. agora toca excursión ao Algarve!! creo que vou ter que soltar ao lobishome, ten saudades de andar libre polo mundo adiante.

persoal12 Abr 2005 07:20 p.m.

hoxe estou contenta e tampouco hai un motivo especial. pero hoxe estou contenta. definitivamente teño un sexto sentido para moitas cousas, a ver se consigo acabar de crermo. sexto sentido que non ten nada que ver cos mortos. son para as cousas dos vivos. vexo sen ver, escoito sen escoitar, toco sen tocar. a min as pantasmas das miñas amigas non conseguen asustarme. teño un matadero clandestino no meu corazón. alí asasino a sangue frío a todo ser humano que se lle ocorre meterse con algún dos meus. descuartizo, crucifico, queimo, humillo e odio. sobre todo ODIO. se meus pais soubesen que criaron a unha psicópata… todo vale para facer sufrir ao inimigo. soa a parvada, mais é así. quizais só sexa dentro da miña cabeza, quizais non sexa real, pero eu son das que cre que o universo conspira. e CONSPIRA. con iso abonda.

Dido é unha adicta da esperanza e creo que non o sabe. como algo tan bonito pode facer tanto sangue? é a súa ionqui. é a súa fiel escrava sen dubidalo xamais. pero hai veces nas que temos que deixala morrer… ela espera e espera. non se cansa aínda que lle fallen as pernas ou o corazón. e unha canción tatuada no iris que se converte nunha cicatriz imborrable día a día.

e eu sei que ás veces peco de proteccionista. non sei se fago ben ou mal, simplemente fago o que podo, o que sinto. non sempre lle podo pedir ao meu corazón que actúe como debe. sente e non é de pedra. e entón é cando me alio co universo, cando me volvo unha gitana que adeviña, cando conspiro en silencio e decido case como se eu fose Deus, case como se todo dependese de min, sorrio e a miña voz resoa dentro de min co que unha vez me ensinaron:

Si

Si guardas en tu puesto la cabeza tranquila,
cuando todo a tu lado es cabeza perdida.

Si tienes en ti mismo una fe que
te niegan y no desprecias nunca las dudas que ellos tengan.

Si esperas en tu puesto sin fatiga en la espera.
Si engañado no engañas.

Si no buscas más odio que el odio que te tengan.
Si eres bueno y no finges ser mejor de lo que eres.

Si al hablar no exageras lo que sabes y quieres.
Si sueñas y los sueños no te hacen su esclavo.

Si piensas y rechazas lo que piensas en vano.
Si tropiezas con el triunfo,
si llega tu derrota
y a estos dos impostores les tratas de igual forma.

Si logras que se sepa la verdad que has hablado
a pesar del sofisma del orbe encanallado.
Si vuelves al comienzo de la obra perdida
aunque esta obra sea la de toda tu vida.

Si arriesgas en un golpe y lleno de alegría tus ganancias
de siempre a la suerte de un día y pierdes…
y te lanzas de nuevo a la pelea sin decir nada
a nadie de lo que es y de lo que era.

Si logras que los músculos y el corazón
te asista aún después de su fuga de tu cuerpo en fatiga
y se agarren contigo cuando no quede nada
porque tú lo deseas, y lo quieres y mandas.

Si hablas con el pueblo y guardas tu virtud.
Si marchas junto a reyes con tu paso y tu luz.

Si nadie que te hiera llega a hacerte herida.
Si todos te reclaman y ni uno te precisa.

Si llenas el minuto inolvidable y cierto
de sesenta segundos que te lleven al cielo…
todo lo de esta tierra será de tu dominio,
y mucho más aún,
serás hombre, hijo mío.

Rudyard Kipling

tamén sei que agora todo sobra, que nada serve. pero tanto me ten. cada un ten o seu camiño e ninguén pode recorrelo por nós. o que pasa é cando fixen o Camiño de Santiago descubrín que si, que estamos moi sós cando camiñamos, pero que a compañía axudanos seguir para adiante aínda que o corpo diga que non pq xa non pode máis. eu confío en que áo final todo saia ben dalgunha maneira máxica e impredecible. e será así.

tempo ao tempo

persoal11 Abr 2005 01:38 a.m.

hai algo de noite, nas casas, cando todos durmen que me encanta. lembro que, de pequena, moitas veces espertaba no medio da noite e sentía como que algo me chamaba dende aquel silencio que había na miña casa. gustábame erguerme cando todos durmían e pasearme a escuras por casa sen rumbo escoitando o silencio. e ía ata o balcón para asomarme e ver como durmía a cidade, como soñaba e para preguntarme se alguén máis dende algunha outra fiestra doutro edificio doutra rúa doutro barrio estaba a facer e preguntarse o mesmo ca min. despois funme enganchando ás noites de lúa chea , como os lobos, e a comprobar se as estrelas mudaban de posición e brillo todas as noites. esta é a soidade que non (nos) doe. o silencio… o silencio de quen pecha os ollos e pode entendelo todo. era o murmullo dos soños de toda a cidade, as súas alegrías, as penas, derrotas victorias. música sen guitarras, sen violíns, sen piano, sen voces que a canten. sen letra. só silencio. como unha mirada. que non se pode atrapar nin gardar, que morre ao pouco de nacer, sen perfume, pero que viaxa polo Aire. calma e paz absoluta. como agora. cambian as xogadas e os xogadores, mais as situacións sempre se repiten. agora. unha película sobre os Doors, luces apagadas e só a pantalla do portátil que semella unha porta aberta para entrar na miña mente. ninguén entende as loucuras as parvadas do Morrison. ninguén. ás veces son coma el e rompo vasos de cerveza contra o chapapote, tírome a el e máis burradas que non veñen ao caso. ninguén o entende. e sempre preguntan pq fas iso. por que? non hai un motivo, simplemente que ás veces fago cousas sen pensar, sen razonar, igual que se fose un animal: ás veces teño que soltar ao lobishome, darlle un pouco de liberdade, apenas iso para que non veña a devorarme, para que me deixe vivir tranquila. cousas que non se lle contan a ninguén pq ninguén as entende… e menos en voz alta. pero eu non son o Jim, nunca serei como el, pero si sei o que se sente cando todo deixa de importar. eu sempre o digo, os extremos, os excesos que nunca foron bos. por algo será

Break On Through (To The Other Side)

You know the day destroys the night
Night divides the day
Tried to run
Tried to hide
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

We chased our pleasures here
Dug our treasures there
But can you still recall
The time we cried
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

Everybody loves my baby
Everybody loves my baby
She gets, she gets
She gets, she gets

I found an island in your arms
A country in your eyes
Arms that chain us
Eyes that lied
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side

Made the scene from week to week
Day to day, hour to hour
The gate is straight
Deep and wide
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through to the other side
Break on through, break on through
Break on through, break on through
Yeah, yeah, yeah,
Yeah, yeah, yeah, . . .

persoal10 Abr 2005 10:34 p.m.

o sábado a Xitana que adeviña fun eu. paseeime por toda unha vida cun abrir e pechar de ollos. volvín a andar o Camiño, volvín a entrar no Obradoiro con bágoas nos ollos. onte fun a chuvia de Santiago. onte emborracheime de min mesma.. estiven en Lisboa e en Ou, mesturei mundos e persoas que pensan que non teñen nada que ver. lembreime de todo e fabriquei recordos. e algunha bágoa que se escapou dos meus ollos.

persoal08 Abr 2005 01:57 p.m.

eu nunca estarei soa, iso é algo que sempre souben. todos nacemos e morremos sós. eu non. eu nacín con Ela, coa miña Metade, a miña irmá, a miña xemela, e moitas veces Alma tamén. unha naceu rindo a outra chorando, por iso é moitas veces cando unha triunfa a outra cae e cando unha de nós chora a outra sorrí para consolala. é así, sempre foi. a miña dor é súa, a súa felicidade é miña. e viceversa. somos tan distintas, tan diferentes. pero á vez tan tan iguais… quizais non sexamos almas xemelas, quizais sexamos a MESMA ALMA. pelexamos, guerreamos, discutimos, separámonos. sabedes? non é nada fácil compartilo e vivilo todo á vez. e cando digo todo, é TODO. sempre nos faltou espacio e tempo para vivir as nosas por separado. creo que por iso ela pinta e eu escribo, para poder crear e ese espacio e ese tempo propios, para inventar os nosos soños e facelos realidade. e con isto non estou a dicir que renegue dela, ao contrario. fomos víctimas da nosa propia unión, do noso propio amor, da nosa verdade. quizais por iso nos movamos sen dificultade polos extremos, do Norte ao Sur, do frío ao calor, da calma ao nerviosismo, do Pracer á Dor, do medo á confianza. necesitámonos para (sobre)vivir. podemos estar lonxe, sen falar durante días, sen saber nada unha da outra, ben ou mal, pero sabemos que estamos, que existimos, que as nosas vidas van paralelas. sempre nos defendemos xuntas cando nos atacan, sempre hai confidencias, sempre coidamos unha da outra. Ela é MIÑA. perténceme dunha maneira única e especial sen necesidade de pedirlle permiso a ninguén, sen sentirme culpable, egoísta, sen crer que non a merezo. non lle corto as ás, doullas. regálolle palabras para lles poña forma e color, para podelas ver.

últimamente anda mal. non o quería admitir a última vez que estiven en Ourense. ten medo non sei de que ou a que… e agora cóntanme que ainda non sei nada de tua irma anda perdida nos
seus mundos de oscuridade, a ultima vez que supen dela estaba encadeada
o seu ordenador e tiña un voz tan fráxil, como si viñera de
ultratumba!!!
e eu voume ata onde Ela está nunha nada de tempo. non me achego pq sei que non lle gusta que se acheguen a ela cando anda mal. vixíoa dende lonxe, coma sempre. e espero a que unha vez máis veña a min. ás veces é tan frnon serei eu, seguro, pero agardo que se deixe salvar por alguén. a min abóndame con iso.

por aquí de mudanzas, con inundación no piso, que ata tiveron que vir os bombeiros!! o técnico vén a 1 e 1/2 e de momento sen poder cociñar. á noite concerto de Luar Na Lubre, dáme no corpo que sen querelo vou ir de visita a Ou…

No estarás sola,
vendrán a buscarte batallones de soldados
que a tu guerrilla de paz se han enrolado.
Y yo en primera fila de combate
abriendo trincheras
para protegernos, mi guerrillera.

No estarás sola,
te saludarán a tu paso en mil idiomas, con mil lenguajes,
la gente a la que despertaste en cada viaje,
los que dormían en las calles,
a los que preguntaste,
por su esperanza, por su desastre.

No habrá distancias
que no cubra cualquier hombre que te busque.
No habrá rincón en que tu nombre no se pronuncie.
No habrá misterio o duda en que tu presencia no luzca,
faro solidario en ausencia de paz,
en tiempos difíciles Estrella Polar.

Sola nunca, nunca estarás.

No estarás sola,
siempre habrá quien se parta en dos en cada despedida,
quien te de aliento cuando te des por vencida.
Tu revolución llenará sonrisas,
yo la incorporé a mis aperos
de trabajo, a mi vida.

Clava hoy tus raíces en mí.
Quién pudiera retenerte en Madrid.
Visitaremos lugares a los que hemos
ido antes juntos,
antes de conocerte,
antes de encontrarte.

No estarás sola,
siempre habrá quien te ayude a hacer las mudanzas,
quien te regale manos flores presencias sin pedir nada.
Y allí estaré para amarte,
y aunque no esté,
allí estaré para amarte.

No estarás sola.
No, no estarás sola.
No estarás sola.

Ismael Serrano

persoal07 Abr 2005 05:35 p.m.

a ver se consigo as entradas para ir ver a Luar Na Lubre, cousa que me apetece un montón. os concertos en directo sempre teñen algo de maxia que me atrae irreversiblemente. vinos dúas en Ou. a primeira foi no 2002. malos tempos, xa non lembro ben porque, creo que cando eu era unha nazi e case mato a Osiria. tocaron no Principal eu deixeime levar como se fose un peixe que segue a corrente do río, a forza da auga. sonou “TU GITANA” non fun quen de conterme. agarreime á man de Ro. amareime a ela con forza e non quen de soltala ata que rematou a canción. chorei como choran os arrepentidos que saben que non teñen perdón e deixei que ela me curase a feridas. tampouco me importou que me puidese ver todo o teatro. aquela noite pedín perdón con todo o corpo… pero o que mellor lembro é aquela sensación de alivio que me quedou cando rematou o concerto. tanto alivio que case podía levitar cando marchamos camiñando para casa. a segunda vez que os vin foi o ano pasado, en maio. tocaron na praza maior. foi un venres, outro de tantos que fuxín de Vigo para Ou. pola tarde, antes do concerto, María, Ro e eu fomos tomar algo nas terraza da praza. estábamos a comentar os amoríos de miña irmá(María) por Pontevedra e a escoitar a probas de sonido. diante nosa desfilaron Bieito, que foi ata o Principal para firmar no libro de honra da Coral De Ruada. tamén pasou Rosa cargada cunha bolsa chea de froitas. non mo pensei dúas veces e alá marchei atrás dela á caza e captura dun autógrafo seu. entrou nun dos bares laterais a mercar tabaco e eu co meu sorriso de nena pícara abordeina. “que ben cantas!” díxenlle sentíndome unha nena de nove anos outra vez. miroume con apuro, quizais un pouco abraiada pola miña naturalidade, pero moi acostumada a estas cousas. sorriume. “pois imaxina se non fumase”. desexeille boa sorte para o concerto e logo de que me firmase marchei ata onde Ro e María con xesto triunfal co papel que me firmara na man. no fondo unha son coleccionista de autógrafos: ismael serrano, josé luis cuerda, rosa cedrón. a min o de falar cos artistas non me asústa. o que máis me gusta é ver como son en realidade. esa noite fixo moita calor e conseguimos que Aransa viñese con nós. secuestreina e leveina ata o medio e medio da praza para escoitar mellor. abrazouseme a min por detrás e eu deixeina estar. case podía sentir os latexos do seu corazón batendo contra as miñas costas. é o que mellor recordo daquel concerto. o seu abrazo. hai veces que o mundo encaixa á perfección e non sabemos por que. a ver que pasa aquí, a ver se consigo ir, a ver que tal se porta Sarinha, a ver que recordos fabrico desta vez. a ver, a ver.

Letra: J. Alfonso.
Arreglos: Luar Na Lubre
CANCIONES DEL MUNDO

Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se
si saldré desta aventura
o si nela moriré.

O si nela perco la vida
o si nela triunfare,
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se.

persoal04 Abr 2005 10:48 p.m.

parecía unha Deusa cando entrou pola igrexa. o quinteto púxose a tocar o canon e eu sentín que non podía máis… creo que non me podía crer que estivese presente no día máis feliz da vida de Osiria. estaba moi tranquila, segura, confiada. era feliz. nunca vin a un ser humano sorrir tanto. quen di que o Amor non nos fai máis mellores? quen di que Amor non é o máis grande? chorei. choraba de felicidade, bágoas que me prestou ela. fun chuvia, durante unha hora fun chuvia. auga nos meus ollos. auga por todas partes. chegou ao altar e mirou ao Mago. Non se quitaban ollos. e vin a eternidade naquela mirada de xigantes. dous que se volvían un para sempre. e bicaronse para celebralo. o bico máis longo do mundo. hai un ano… e agora? agora regálolle bicos a descoñecidos só para soñar esperta co que virá. bicos que son anacos do meu corazón. carne contra carne, quen será esta vez o carniceiro? quen virá a trocoearme, a trincharme, a cortarme? espero sen esperar pólo lobishome para que veña a devorarme. son carne de presa. música no Aire, drógome con ela e sen ela. pecho os ollos e só hai escuridade. son un náufrago no medio do Océano Pacífico amarrado a unha madeira. abrázome a el e non o solto, vaime a vida niso e seino. Sobrevivo. Só iso. unha vez e outra se fai falla. o instinto de supervivencia na pel da présa, a da especie en extinción. e volvo a mirar cara atrás, hai un ano… o chan é un espello. fuxo ata o mirador que xa coñece todos os meus segredos “hai cousas que non se lle contan a ninguén” susurro cando lle dou as costas á cidade para deixar que o das illas me roube os mellores bicos. non me veredes axeonllarme e pedir o imposible, esta vez non. deixo de querer loitar por un erro.

xa non choro, xa non berro. o único que quero é vivir. con iso son feliz

persoal02 Abr 2005 12:33 a.m.

chamábase Leticia e tiña 21 ou 22. ás veces ríanse dela porque era bastante inocente e seguia a ser unha nena. tíñanlle envexa, era das máis guapas e boas. non lle importaban as notas e tampouco o que dixeran dela. lémbrome dela sorrindo. é a imaxe que se me vén a cabeza, a única. non fomos amigas nin nada diso, porque non lle cuadrou, pero si que nos ríamos xuntas. foi a miña compañeira clase durante 2ºde bac. agora está morta. morta. e sinto un frío do que non dou fuxido. foi un coche, un mércores ás catro da tarde. sen alcohol, por unha vez sen alcohol. Ana contoumo e eu non podía crelo. quizais non quixen crelo. érame imposible imaxinar aquela cara sen sorriso, pálida, inerte, morta. a vida son dous días e non nos damos conta. ás veces somos tan estúpidos que nos preocupamos por memeces. sexan os anos que sexan, moitos ou poucos, espero aproveitalos.

LOS JÓVENES MUEREN ANTES DE TIEMPO (XOEL LÓPEZ)

Qué voy a esperar
De una ciudad
Donde el invierno es como un convento y
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Los jóvenes mueren antes de tiempo

Qué puedo decir
De este lugar
Donde los sueños se tiñen de negro y
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Los jóvenes mueren antes de tiempo

No, no voy a volver
No, ya no me verás
Donde el invierno es como un convento y
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Donde el invierno es como un convento y
Los jóvenes mueren
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Los jóvenes mueren antes de tiempo
Los jóvenes mueren antes de tiempo