miroume dende detrás dos seus óculos escuros e eu lembreime do que lle tiña dito a noite anterior: "non deixes que ninguén me faga dano, non llo consintas a ninguén..., que ninguén me faga dano, por favor, que son moi fráxil". e agarreime a ela coma quen se aferra a un salvavidas nun naufraxio. pero máis importante: ela agarroume e non me soltou. e o naufraxio comezara aquela mesma noite cando de perdidos ao río me entreguei por completo ao alcohol e ás miñas dores de conciencia e ciencia dos imposibles. camiñaba polo mercado movida coma un coral no océano pacífico. non quero consellos non porque non os queira, é que agora non os necesito (de momento). agora, primeiro de todo NECESITO que alguén me axude a pasar este puto síndrome de abstinencia. agarreime á Picholeira e funme fóra a respirar algo que non fose música e a vomitar as palabras erradas. ninguén o viu, pero ela buscoume por todas partes. ás veces hai máis dozura nun anónimo ca nas distancias cortas... dozura reservada para moi poucos. como os segredos do teu inmenso corazón. dozura polo que lle vendo a miña alma ao demo se fai falla. dime, quen es? déixame ver quen es e regalareiche un soño marabilloso, o conto que ninguén che contou para que morras de risa, un poema escrito en 59' ou o que ti queiras. ou nada se non queres nada. e agora toca partir outra vez e pódeme a Melancolía do Desprazamento, nunca se me deron ben a carreiras de resistencia. hai tantas cousas que se fan por riba do ben e do mal... un bico nos beizos, un case inexistente leve roce de beizos, un instante que se fixo eterno, que me elevou por riba deles e mo descubriu. un bico que aínda podo saborear. eu por el xa fixen todo o que nunca pensei que faría na vida. que farías ti por amor? esta mañá erguinme e tiven que agocharme no armario. curioso, cando era pequena tíñalles medo e agora non me asustan, é o precio a pagar para pasar noites contigo.

e nada máis. chorei, pero moi pouco. teño sequía nos ollos, igual que na Galiza. estamos en marzo e xa hai incencios en Ourense...

Me agarraste
Me agarraste por dentro fuerte
Me llevaste del brazo, vente
Soy un nudo de doble lazo
Al otro lado del puente

Música y letra: Quique González

O que non me mata, faime máis forte
Friedrich Wilhelm Nietzsche

Chuzame! chuzame -