Marzo 2005


persoal17 Mar 2005 08:41 p.m.

miroume dende detrás dos seus óculos escuros e eu lembreime do que lle tiña dito a noite anterior: “non deixes que ninguén me faga dano, non llo consintas a ninguén…, que ninguén me faga dano, por favor, que son moi fráxil”. e agarreime a ela coma quen se aferra a un salvavidas nun naufraxio. pero máis importante: ela agarroume e non me soltou. e o naufraxio comezara aquela mesma noite cando de perdidos ao río me entreguei por completo ao alcohol e ás miñas dores de conciencia e ciencia dos imposibles. camiñaba polo mercado movida coma un coral no océano pacífico. non quero consellos non porque non os queira, é que agora non os necesito (de momento). agora, primeiro de todo NECESITO que alguén me axude a pasar este puto síndrome de abstinencia. agarreime á Picholeira e funme fóra a respirar algo que non fose música e a vomitar as palabras erradas. ninguén o viu, pero ela buscoume por todas partes. ás veces hai máis dozura nun anónimo ca nas distancias cortas… dozura reservada para moi poucos. como os segredos do teu inmenso corazón. dozura polo que lle vendo a miña alma ao demo se fai falla. dime, quen es? déixame ver quen es e regalareiche un soño marabilloso, o conto que ninguén che contou para que morras de risa, un poema escrito en 59′ ou o que ti queiras. ou nada se non queres nada. e agora toca partir outra vez e pódeme a Melancolía do Desprazamento, nunca se me deron ben a carreiras de resistencia. hai tantas cousas que se fan por riba do ben e do mal… un bico nos beizos, un case inexistente leve roce de beizos, un instante que se fixo eterno, que me elevou por riba deles e mo descubriu. un bico que aínda podo saborear. eu por el xa fixen todo o que nunca pensei que faría na vida. que farías ti por amor? esta mañá erguinme e tiven que agocharme no armario. curioso, cando era pequena tíñalles medo e agora non me asustan, é o precio a pagar para pasar noites contigo.

e nada máis. chorei, pero moi pouco. teño sequía nos ollos, igual que na Galiza. estamos en marzo e xa hai incencios en Ourense…

Me agarraste
Me agarraste por dentro fuerte
Me llevaste del brazo, vente
Soy un nudo de doble lazo
Al otro lado del puente

Música y letra: Quique González

O que non me mata, faime máis forte
Friedrich Wilhelm Nietzsche

persoal16 Mar 2005 09:17 p.m.

a Flaca colleu un coitelo e cravoumo con forza no peito. sorría, non paraba de sorrir. trinchoume coma un pavo e arrancou o meu corazón. xamais pensei que era tan grande. mordeuno. mordeume. despois apuñalouno tantas veces como quixo. quen era ela? venceume. quixen chorar e non puiden. quixen berrar e non puiden. canta dor no meu corazón!!! desangreime, aínda esta mañá ía deixando un rastro do meu sangue pola rúa e no metro. non había escapatoria. como fuxir?? cara onde?? non me movín. parálise absoluta. “agora, covarde, mírame e dime que sentes agora que estou completamente vencida e ferida!. quixen odiar e non puiden. non podo. “estás a matarme, estás a queimarme viva, estás a crucificarme, estás a destrozarme o corazón. non digas que me queres e di para que me queres. quero morrer. átame unha pedra aos pés e tírame ao fondo mar dunha puta vez. mátame ou déixame vivir, pero por favor non me tolees máis”

non me defendín, o meu nunca foron as vinganzas. son das que poñen a outra meixela para recibir máis hostias. tampouco me vou defender, para que? e de novo a maldita partida de xadrez. non hai dous xogadores, somos tres. eu quixen facer a defensa Luzhin, pero a Flaca destrozou á miña raíña. e agora tócalle a el mover. vai gañar e será el o que se quede co meu corazón. vou nun taxi con Alejandro Sanz conducindo e poñemonos a cantar o Corazón Partío a tres voces: Alex, o meu corazón borrachísimo, ferido de morte para sempre e eu. chegamos a Compostela e fun correndo cos pés espidos ata a Quintana dos Mortos. Chamei por Deus, berrei ata que me doeron os ósos, mais el non veu. agora ver quen me cura o corazón, que aínda me doe rabiar. finalmente entre branco e negro, quédome co branco. porque xa me cansei do misterio da escuridade, quero luz na miña vida.

espertei coa cabeza chea de paxaros mollados e nunha cama que se transforma nunha montaña rusa sen avisarme. é o ten a mestura de Festas Erasmus, hamburguesas con de todo, tequila e silencios.

sigo sen poder chorar

FLACA

Flaca, no me claves tus puñales por la espalda
tan profundo, no me duelen, no me hacen mal.

Lejos en el centro de la tierra las raíces del amor
donde estaban quedarán.

Entre “no me olvides” me dejé nuestros abriles olvidados
en el fondo del placar del cuarto de invitados
eran tiempos dorados un pasado mejor.

Aunque: casi me equivoco y te digo poco a poco no me mientas
no me digas la verdad no te quedes callada
no levantes la voz ni me pidas perdón.

Aunque: casi te confieso que también he sido un perro compañero
un perro ideal que aprendió a ladrar
y a volver al hogar para poder comer.

Flaca no me claves tus puñales
por la espalda, tan profundo
no me duelen no me hacen mal.

Lejos en el centro de la tierra las raíces
del amor, donde estaban
quedarán.

persoal07 Mar 2005 01:46 a.m.

Fito & Fitipaldis – Lo más lejos, a tu lado

Un buen castigo

Lo he intentado muchas veces
Pero nunca me ha salido

Puede que me falte voluntad O que me sobre vicio
Y mirando en mi cabeza No encontré ningún motivo
La verdad es que me interesa sólo porque está prohibido

El mejor de los pecados…. el haberte conocido
Tu no eres sin mí…. yo solo soy contigo
Y cuidar de las estrellas puede ser un buen castigo

A través de mis orejas discutiendo a pleno grito
El demonio a mi derecha y a la izquierda un angelito
Demasiado acelerado, nunca encuentro mi destino
Yo no sé si mis zapatos durarán todo el camino

Nunca pido nada a cambio, eso es algo que he aprendido
Yo siempre te he dao los besos que tú nunca me has pedido
Y cuidar de las estrellas puede ser un buen castigo

Qué te metes Don Quijote “pa” flipar con los molinos
Los ojos como el coyote cuando ve al correcaminos
Y cuidar de las estrellas puede ser un buen castigo

persoal02 Mar 2005 10:27 p.m.

LA CIUDAD

Dices: “Iré a otra tierra, hacia otro mar
y una ciudad mejor con certeza hallaré.
Pues cada esfuerzo mío está aquí condenado,
Y muere mi corazón
lo mismo que mis pensamientos en esta desolada languidez.
Donde vuelvo los ojos sólo veo
las oscuras ruinas de mi vida
y los muchos años que aquí pasé o destruí”.

No hallarás otra tierra ni otro mar.
La ciudad irá en ti siempre. Volverás
a las mismas calles. Y en los mismos suburbios llegará tu vejez;
en la misma casa encanecerás.
Pues la ciudad es siempre la misma. Otra no busques -no la hay-
ni caminos ni barco para ti.
La vida que aquí perdiste
la has destruido en toda la tierra. Kavafis

graciñas Iria, non é o mesmo, mais fuches ti a que me deu a idea 😉

persoal02 Mar 2005 06:25 p.m.

o amor nunca se acaba. tampouco morre. tampouco se pode esquecer. vive sempre dentro do corazón, en silencio, con medo. moito medo. ás veces pasa o milagre e renace. resucita. pero a maioría das veces transfórmase. todo se transforma. e cando digo todo é TODO. pero a min o que máis me gusta é que a esencia non perde, por iso é que o amor non morre, transfórmase. iso de esquecer é a mentira máis grande que inventaron os covardes… ninguén pode esquecer a alguén que amou. vive dentro de nós para sempre, pase o pase. unha vez que alguén na nosa vida é ata o día que morremos. deixan pegada en nós porque nos regalaron momentos, recordos, sensacións e sobretodo, moito amor. o que pasa é ás veces nos equivocamos, que outros se equivocan, que non pedimos perdón, que nos rendimos, que fuximos, que a realidade nos venceu,… ou que simplemente se transformou e xa non é como nós queríamos. entón vén o medo. é o medo puro. xenuino, único. ese medo ao que lle tapamos a boca porque nos di que seguimos amando e que iso non vai cambiar. fire sabelo. fainos tanto dano que apenas se nota. perdemos a fe e algo. en fin, esas cousas que xamais confesamos. din que o tempo o cura todo. eu máis ben creo que é o corazón quen cura todo, máis tarde ou máis cedo. así de simple. e cando iso pasa descubres que xa non queda nada da dor, do medo nin da rabia. descubres sen querer que sorris ao lembrarte do que pasou, descubres que hai cousas que xa non volverán a asustarte, que non queda rancor. sobretodo, descubres que es feliz.

que como o sei si eu (case) non sei o que é iso do amor? primeiro porque é algo que vexo todos os días, aquí ou na Galiza: “si puedes aprender de tus propias experiencias, también puedes aprender de las de tus amigos”
segundo porque o vivín hai mil anos, noutra vida, cando me reencarnei nun espello me
namorei de quen se miraba en min, ufffffffffff! hai tanto diso que xa non sei se o soñei ou non. tanto tempo que eu non sabía escribir, pero si sabía falar. un deses segredos que só se comparten cun mesmo e punto. cousas que nunca se lle contan a ninguén. por iso o sei.

e nada máis, outra vez pola Cidade da Luz. trouxen o frío comigo.

Para empezar
diré que es el final
no es un final feliz
tan sólo es un final
pero parece ser que ya no hay vuelta atrás.

Sólo te di
diamantes de carbón
rompí tu mundo en dos
rompí tu corazón
y ahora tu mundo esta burlándose de mi.

Miedo
de volver a los infiernos
miedo a que me tengas miedo
a tenerte que olvidar.

Miedo
de quererte sin quererlo
de encontrarte de repente
de no verte nunca más.

Oigo tu voz
siempre antes de dormir
me acuesto junto a ti
y aunque no estás aquí
en esta oscuridad la claridad eres tu.

Miedo…

Ya se que es el final
no habrá segunda parte.

Y no se cómo hacer para borrarte.

Para empezar
diré que es el final.

Miedo…

y aquí en el infierno
oigo tu voz

aí vos queda iso