abúrrome. estou aburrida/aboerrecida. que ganas que volver para casa!! xa me cansei que estar soa. estou saturada de tanto silencio, de tanto pensar, de tanta música, de tanta metro para min soa, de tanta soidade (que non mata, pero engorda). a vida é unha puta merda se non a podes compartir con ninguén. non serve de nada. é como se o Mar Mediterráneo afogase dentro do Océano Pacífico. o mesmiño. agora mentres escribo estas palabras a miña alma déixame soa e vaise por aí a buscar xente coa que troulear. chega ata Ou voando por encima do Miño como se fose Peter Pan. pasa por debaixo da Ponte Vella, colle polo Progreso e vai ata casa para ver quen hai. ninguén; miña nai está a traballar, Mari anda por aí, seguro que quedou con Ro ou coa prima Quela. e meu pai foi á Peroxa. antes de ir ata alí doume un garbeo polo Paseo e polo Parque de San Lázaro. aí está a miña fonte, a miña cómplice de paseos, nervios de voda e cancións. ninguén o sabe, mais esa fonte é o corazón da miña gran pequena cidade. subo ata o máis alto da Torre e despois lánzome en picado, en caída libre para remontar o voo en Xóan XXIII e baixar a costa como se eu fose un mísil a reacción. miro a ver se por casualidade vexo a Ana e xusto! alí vai Alma Grande no coche con cara de ir pensando en calquera cousa menos na conducción e tarareando algunha canción da radio (outro dos seus hobbys, aínda que ela non o saiba), seguro que quedou co Mago para ilo buscar. e fuxo ata a aldea. fágolle unha visita á avoa. cada día me parece máis nena. dígolle que non lle diga a ninguén que estiven a alí. cólledeme das mans e di sorrindo que é un segredo entre nolas dúas. eu sorrio porque sei que non sabe gardar segredos. coma min. e porque onte soñei con ela; con quen soñarei hoxe? despego e vou cara o castelo. na fonte queda meu pai cargando coas dúas garrafas de auga. seguro que xa se vai para Ou. e por fin chego ao castelo. non hai ninguén se só se escoita a auga do rial que corre, os cabalos ao lonxe e o aire movendo as follas dos carballos. pecho os ollos e cando os volvo abrir estou aquí sentada diante do ordenador. sigo en Lisboa, pero esta vez trouxen o aire frío da terra nas mans.
chuzame -