as palabras venhen á minha cabeza. como chuvia. e móllome. o campo está seco. a Chuvia Curasedes que curará a minha sede. necesito, NECESITO a minha dose de metadona, de palabras. fun ionqui, a TÚA ionqui, e agora vivo coa metadona. mais tenho mono... non podo VIVIR sen a minha dose. son incapaz. aprendín a vivir con ela, coa TÚA companhía e se falta todo se esvaece baixo os meus pés. nun precipicio, sentada no aire, no abismo, no ar, alí estou eu. agardando por "algo" que me permita calmar a minha sede por falar, "algo" que me traia un pouco da TÚA companhia. non, non caio. NON. e tampouco vou caer. voo. levito. sobrevivo. aguanto. sonho. loito. aprendo. observo. escribo. e por encima de todos os verbos posibles
CONFIO en TI
por iso non caio nin caerei. todo cambia. a cara, o pelo, os ollos, as gafas. a minha letra tamén. o perigo? e o perigo? e o medo? liei un porro con eles e fumeinos. dentro de min morren. porque non atopan nada que os alimente. NADA. son Lume. son Auga. son Aire. son Terra. eu son o que eu queira ser. escribo e as minhas palabras atravesan océanos de tempo. son pombas mensaxeiras do meu corazón. son o berro, o ouveo dos lobos. e os lobos tan só respetan á Lúa. palabras como chuvia. palabras con abrazos, con bicos a nenos que aínda non naceron. palabras caladas, paridas pola minha man. esta vez queren ser música. queren que as toque a minha voz. palabras e palabras. palabras. amotinadas na punta da lingua. queixánse, eu son o seu cárcere. por unha vez na vida FALAR.
"que queres??
que fago??
libérame!
LI-BÉ-RA-ME"
cantan as minhas palabras. palabras que XA son TÚAS
Setembro 2004
chuzame -