este amor que me colleu de sorpresa e me levou de safari por ROMA
alucinei ou foi real?
anacos de ciencia ficción cocidos con chourizo de cebola
rompe o que queiras romper
incluida eu
isto é porque eu tamén son egoísta e eu tamén quero o que quero
con sentido común ou intinsto animal
tanto me ten
o meu corazón correndo a maraton nas olimpiadas do no-control
demasiada confusión para colarme en soños alleos
(usa o manual de instruccións)
bícame
abrázame
tenme
quéimame
sedúceme
roubame
mátame
non o sabes
mírame aos ollos e entenderalo...
esta noite tes permiso
enfríame
bébeme
cómeme
DE
VO
RA
ME!!!!!!!!
hai un can roendo o óso dos meus silencios
non o deixes marchar
porque hoxe é hoxe
parichelo nun segundo cando espertaches esta mañá
non durmas
soña
a eternidade non ten porque ser eterna
apenas cun instante dela chega
agora!
alto como ninguén soñou
hoxe foi un día marabilloso
... se un idioma abarcase tanta intensidade!!!!
chuzame -