fai frío e non porque o diga eu, que vou anestesiada entre a música e o sono que aínda se resiste a abandonar o meu corpo. a xente ten cara de frío e semella que todos me miran e me din "Eli, abrígate que te vas acatarrar", aínda que non me miren, aínda non mo digan. poño un pé na rúa e o sol métese comigo. é o primeiro que vexo e despois a eles, ao resto do mundo. cada un ao seu. camiñando como se fosen sós pola rúa. intentando vencer ás preocupacións que levan na cabeza. é máis fácil facelo cando non estás só. ao fondo da rúa un guindastre xigante. as obras do metro que non queren rematar. ese guindastre é un brazo co puño pechado cara o ceo, resistindo e dicindo que non. loitando. métome no metro, no estómago do dragón que diría Juan José Millán. hoxe vai ser un bo día e seino.
outra imaxe: México, Xogos Olímpicos de 1968. Tommie Smith e John Carlos, ouro e bronce nos 200 metros e militantes do Black Power (movemento de protesta pola desigualdade racial en USA), subiron ao podio con luvas e calcetíns negros e escoitaron o himno americano coa cabeza baixa e o puño en alto. Foron expulsados da Vila Olímpica.
o Papa no hospital, para min que desta non pasa. é o Papa, pero non é Deus... fíate ti do que din os xornais.
queiran ou non os de Madrid, o Plan Ibarretxe xa está no parlamento. e digo eu, por que será que lle teñen tanto medo?
dúas raparigas francesas de 15 anos, dúas amigas, suicídanse quedando por Internet. lanzáronse dende un acantilado. non se deron conta ata que se escarallaron contra as rochas, acaban de joderlle a vida a todos os que as querían.
a Chofi marcha tomorrow a pasar uns días a casa. agora toca probar o sabor da súa ausencia.
volve pronto love!!! xDD
chúzame -