Febreiro 2005


persoal18 Feb 2005 06:13 p.m.

abúrrome. estou aburrida/aboerrecida. que ganas que volver para casa!! xa me cansei que estar soa. estou saturada de tanto silencio, de tanto pensar, de tanta música, de tanta metro para min soa, de tanta soidade (que non mata, pero engorda). a vida é unha puta merda se non a podes compartir con ninguén. non serve de nada. é como se o Mar Mediterráneo afogase dentro do Océano Pacífico. o mesmiño. agora mentres escribo estas palabras a miña alma déixame soa e vaise por aí a buscar xente coa que troulear. chega ata Ou voando por encima do Miño como se fose Peter Pan. pasa por debaixo da Ponte Vella, colle polo Progreso e vai ata casa para ver quen hai. ninguén; miña nai está a traballar, Mari anda por aí, seguro que quedou con Ro ou coa prima Quela. e meu pai foi á Peroxa. antes de ir ata alí doume un garbeo polo Paseo e polo Parque de San Lázaro. aí está a miña fonte, a miña cómplice de paseos, nervios de voda e cancións. ninguén o sabe, mais esa fonte é o corazón da miña gran pequena cidade. subo ata o máis alto da Torre e despois lánzome en picado, en caída libre para remontar o voo en Xóan XXIII e baixar a costa como se eu fose un mísil a reacción. miro a ver se por casualidade vexo a Ana e xusto! alí vai Alma Grande no coche con cara de ir pensando en calquera cousa menos na conducción e tarareando algunha canción da radio (outro dos seus hobbys, aínda que ela non o saiba), seguro que quedou co Mago para ilo buscar. e fuxo ata a aldea. fágolle unha visita á avoa. cada día me parece máis nena. dígolle que non lle diga a ninguén que estiven a alí. cólledeme das mans e di sorrindo que é un segredo entre nolas dúas. eu sorrio porque sei que non sabe gardar segredos. coma min. e porque onte soñei con ela; con quen soñarei hoxe? despego e vou cara o castelo. na fonte queda meu pai cargando coas dúas garrafas de auga. seguro que xa se vai para Ou. e por fin chego ao castelo. non hai ninguén se só se escoita a auga do rial que corre, os cabalos ao lonxe e o aire movendo as follas dos carballos. pecho os ollos e cando os volvo abrir estou aquí sentada diante do ordenador. sigo en Lisboa, pero esta vez trouxen o aire frío da terra nas mans.

persoal17 Feb 2005 09:07 p.m.

volvín caer na tentación e fun ata á Fnac coa escusa de preguntar polas entradas para o concerto de u2 en Lisboa o 14 de agosto, pero non houbo moita sorte. e xa que estaba entrei a mergullarme entre libros e cds. e nada máis entrar no apartado de libro atopeime de fronte, xusto á altura dos meus ollos, nunha estantería calquera con este libro:
A Montanha da Alma, de XINGJIAN GAO, Premio Nobel no 2000. unha novela que percorre toda a china actual, a da década dos 80 e 90. e pensando nisto, á que me deixaba guíar polos meus ollos naquel paraiso de llbros, lembreime da última peli que vin:
The Last Emperaror de Bernardo Bertolucci, tamén da China. que ganas me entraron de ir ata á Cidade Prohibida. Imaxínalo? eu en Pequín. eu que nunca puxen un pé nun avión (xa me fastidiaría descubrir que lle teño fobia a voar… que seica é moi fodido ou iso me contan xDD), e iso que xa estiven en Paris e en Roma. E xa posta a pensar no mundo oriental acordeime de The Last Samurai. mira que non chorei nin nada cando a vin. non pq me sentise como o último samurai, máis ben pq me sentín como Tom Cruise axudándoo a realizar a súa misión. a moitos seguro que lles parece unha mariconada. a min non. axudar a un/unha amig@ a atopar o seu camiño nunca o é. e pensando e camiñando xa perdida por completo na sección de dvd e nos meus pensamentos soou na radio a canción coa que empeza Billy Elliot. a de “quero bailar”, que non me lembro do nome do grupo (putadas nacer na metade da década dos oitenta). Billy quería bailar. eu tamén só quero unha cousa: que me deixen escribir. mudábame de sección cando os meus ollos o0o de miope se toparon co dvd de oferta de The Piano e non me resistín a compralo. uuuuuuuuuuffffffff! que banda sonora!!! a vida tamén ten banda sonora. a miña é moi moi longa; hai tantos momentos que lembrar… porén se teño que porlle unha canción a toda a miña vida, a estes 21 anos de nada, que se os múltiplicamos por 2 xa son bastantes, é sen dúbida Wonderwall de Oasis, dos irmáns Gallager que se levan igual de ben que Mari e eu cando nos dá algunha arroutada. esta canción é superior a min. completamente. é a canción que o di todo.

I said maybe
You´re gonna be the one who saves me?
And after all
You´re my wonderwall

cantas veces me teñen salvado?? unha vez máis a historia repítese. todo vale: abrazos, silencios,música, películas, verdades, palabras, miradas, defectos, ausencias, cartas, mensaxes de móbil, distancia, sinceridade, cafés, borracheiras, bailes, etc. e sobretodo e por encima de todo: sorrisos 🙂

You´re gonna be the one that saves me

ben e todo isto para contar que comprei unha peli. que ida de olla!!! mañá máis

persoal15 Feb 2005 06:06 p.m.

as palabras venhen á minha cabeza. como chuvia. e móllome. o campo está seco. a Chuvia Curasedes que curará a minha sede. necesito, NECESITO a minha dose de metadona, de palabras. fun ionqui, a TÚA ionqui, e agora vivo coa metadona. mais tenho mono… non podo VIVIR sen a minha dose. son incapaz. aprendín a vivir con ela, coa TÚA companhía e se falta todo se esvaece baixo os meus pés. nun precipicio, sentada no aire, no abismo, no ar, alí estou eu. agardando por “algo” que me permita calmar a minha sede por falar, “algo” que me traia un pouco da TÚA companhia. non, non caio. NON. e tampouco vou caer. voo. levito. sobrevivo. aguanto. sonho. loito. aprendo. observo. escribo. e por encima de todos os verbos posibles

CONFIO en TI

por iso non caio nin caerei. todo cambia. a cara, o pelo, os ollos, as gafas. a minha letra tamén. o perigo? e o perigo? e o medo? liei un porro con eles e fumeinos. dentro de min morren. porque non atopan nada que os alimente. NADA. son Lume. son Auga. son Aire. son Terra. eu son o que eu queira ser. escribo e as minhas palabras atravesan océanos de tempo. son pombas mensaxeiras do meu corazón. son o berro, o ouveo dos lobos. e os lobos tan só respetan á Lúa. palabras como chuvia. palabras con abrazos, con bicos a nenos que aínda non naceron. palabras caladas, paridas pola minha man. esta vez queren ser música. queren que as toque a minha voz. palabras e palabras. palabras. amotinadas na punta da lingua. queixánse, eu son o seu cárcere. por unha vez na vida FALAR.
“que queres??
que fago??

libérame!
LI-BÉ-RA-ME”

cantan as minhas palabras. palabras que XA son TÚAS

Setembro 2004

persoal14 Feb 2005 12:30 a.m.

Mala borrachera porque non fuxín daquilo que me pedía o corazón. Corrín porque iso é o que fago cando teño medo. O alcohol anestesioume, pero eu xa notaba a dor por dentro. As súas ausencias. Días de ausencia que traen unha pregunta covarde, realidade ou ficción? Pregunta que agroma sempre que Juan Ramón Jiménez me presta a súa frase e esta se fai de carne e óso:

He soñado la vida, pero he vivido mi sueño

Mais, con todo onte acabei bailando como se a vida se me fose naquela noite. E non quixen que a noite rematase nunca. Pedinllo ao mar, ás estrelas, á Lúa, ás luces da ponte. Tireime ao chan e pedinllo. Tolemia momentánea. Que mal se me dan as despedidas…

xD Marcharon as meninas contentas para casiña. Ai! Que alegría levaban no corpo!! Non sei como chegaría o pobre do Totoyota Tunning pq entre maletas e cus grandes… jejeejej é brincadeira! E con elas as Cuñadísimas, que son la hostia, como diría Tiago!! Agora xa son horas de que me veñan a ver a min ás miñas amigas. E na máis, que me vou unha peli, que mañá vai ser un día complicao!

Doces soños

persoal10 Feb 2005 01:34 a.m.

ao final a Xoela non marchou, viñeron as cachondas das súas amigas: a Fanny e a Carmen, Cuñi pa los amigos(que son cuñadas elas dúas!!) e nada, a ver que festa cae vai caer este finde!! vai ser mundial!! e universal. e despois marcha todo quisqui e quedo eu sozinhaaa un par de días (si, que me fai unha gracia do carallo), pero weno, alomenos vou ter tempo para escribir, pa escribir cartas e para patearme todas as librerías de segunda man. weno, xa veremos como vai a cousa. de momento a cousa vai tirando.

outra frase das miñas: “un can non pode cambiar o mundo”

persoal05 Feb 2005 01:36 a.m.
este amor que me colleu de sorpresa e me levou de safari por ROMA
alucinei ou foi real?
anacos de ciencia ficción cocidos con chourizo de cebola
rompe o que queiras romper
incluida eu
isto é porque eu tamén son egoísta e eu tamén quero o que quero
con sentido común ou intinsto animal
tanto me ten
o meu corazón correndo a maraton nas olimpiadas do no-control
demasiada confusión para colarme en soños alleos
(usa o manual de instruccións)

bícame
abrázame
tenme
quéimame
sedúceme
roubame
mátame
non o sabes
mírame aos ollos e entenderalo…
esta noite tes permiso

enfríame

bébeme

cómeme

DE
VO
RA
ME!!!!!!!!

hai un can roendo o óso dos meus silencios
non o deixes marchar
porque hoxe é hoxe
parichelo nun segundo cando espertaches esta mañá
non durmas
soña
a eternidade non ten porque ser eterna
apenas cun instante dela chega
agora!
alto como ninguén soñou
hoxe foi un día marabilloso
… se un idioma abarcase tanta intensidade!!!!
persoal02 Feb 2005 01:38 p.m.
fai frío e non porque o diga eu, que vou anestesiada entre a música e o sono que aínda se resiste a abandonar o meu corpo. a xente ten cara de frío e semella que todos me miran e me din “Eli, abrígate que te vas acatarrar”, aínda que non me miren, aínda non mo digan. poño un pé na rúa e o sol métese comigo. é o primeiro que vexo e despois a eles, ao resto do mundo. cada un ao seu. camiñando como se fosen sós pola rúa. intentando vencer ás preocupacións que levan na cabeza. é máis fácil facelo cando non estás só. ao fondo da rúa un guindastre xigante. as obras do metro que non queren rematar. ese guindastre é un brazo co puño pechado cara o ceo, resistindo e dicindo que non. loitando. métome no metro, no estómago do dragón que diría Juan José Millán. hoxe vai ser un bo día e seino.
outra imaxe: México, Xogos Olímpicos de 1968. Tommie Smith e John Carlos, ouro e bronce nos 200 metros e militantes do Black Power (movemento de protesta pola desigualdade racial en USA), subiron ao podio con luvas e calcetíns negros e escoitaron o himno americano coa cabeza baixa e o puño en alto. Foron expulsados da Vila Olímpica.
o Papa no hospital, para min que desta non pasa. é o Papa, pero non é Deus… fíate ti do que din os xornais.
queiran ou non os de Madrid, o Plan Ibarretxe xa está no parlamento. e digo eu, por que será que lle teñen tanto medo?
dúas raparigas francesas de 15 anos, dúas amigas, suicídanse quedando por Internet. lanzáronse dende un acantilado. non se deron conta ata que se escarallaron contra as rochas, acaban de joderlle a vida a todos os que as querían.
a Chofi marcha tomorrow a pasar uns días a casa. agora toca probar o sabor da súa ausencia.
volve pronto love!!! xDD
persoal01 Feb 2005 04:28 a.m.

hoxe sesión de birlos

o mundo ao contrario.todo depende de todo. o xeito. a forza do brazo. a lonxitud do óso. a soltura da man. o peso da bóla. coller a adecuada. camiñar cara adiante. mirar de frente. mirar a bola. mover o brazo. deslizalo polo aire. o movemento da bonoca. respirar. deixar de pensar. soltar a bóla. confiar non que xa fixeches. e aí a vai. como un mísil a reacción. os ollos non se despegan dela. van detrás, empúrrana. a música non se oe. e non hai nada máis no mundo. e despois… o golpe. a forza que se transforma en accidente de coche a pequena escala. caen os birlos. volves ao mundo dos vivos. quixen ser o golpe, esa forza.

“Yo sé que existo
porque tú me imaginas.
Soy alto porque tú me crees
alto, y limpio porque tú me miras
con buenos ojos,
con mirada limpia.
Tu pensamiento me hace
inteligente, y en tu sencilla
ternura, yo soy también sencillo
y bondadoso.
Pero si tú me olvidas
quedaré muerto sin que nadie
lo sepa. Verán viva
mi carne, pero será otro hombre
-oscuro, torpe, malo- el que la habita…”