cando te drogas con música en vena pasa que o mundo tal como o coñeces desaparece e só queda o que realmente quere ver o teu corazón. as fronteiras, os quilómetros, o tempo, as ausencias,... todo o que non está preto de ti reaparece diante dos teus ollos cunha forza invisible que vai dende os pés ata a cabeza. e nun instante todo se volve REAL. e todas palabras escritas, soñadas e ás veces esquecidas que pariches en silencio saen da túa boca sen que esta se opoña. os móbiles non son teléfonos, son portas interespaciais que che traen ata min; sábelo e eu sei que os sabes.é a imaxinación de quen confía cegamente.
TI que estás sempre aínda que non esteas 
chúzame -
estas mongas están tolas!!!! que pasada de cumple!!!xDD toma regalos! fixeronme unha peazo cena que vamos!! impresionante. de verdade, que me quedei sen palabras. si, sobretodo cando vin a Alfredo... que estas cabronas non me dixeron nada de que viña! que cariña se me quedou, mi má, iso si que foi un poema. e veña xamón da terra, tortilla, chipirones (que os chamuscou Chofi mentres se lle inundaba a cociña, jejejejej) ahhhh!! como comín. e tarta con velas, un pouco líquida, jajajaj, non tiveron tempo para todo! e agora toca o licor café, mmmmm!! rico rico, para entrar en calor que vai un frío de caraxas!!!!!! e despois os regalos. que mos esconderon por todo o prédio(piso en cristiano, para as/os que non están postos nisto do Português) e veña buscar:
1º Un libro-foto caseiro que me fixeron que se chama como este blog, con comentarios personalizados e todo, eh! que ilu!! que esforzo por non chorar,com certeza.
2º un polo negro de natura que estaba no balcón, muito fixe!
3º un xogo celta un pouco complicado para min, a meu cerebro cánsase con estas cousas :))
e 4º que aínda non o vin pq non saben onde mo puxeron... ai!! que cabeziñas me teñen.
dá igual, eu xa vou servida de regalos. e para ser o primeiro ano que paso o cumple lonxe de meus pais e de Mari, e das miñas amigas,... estas mulleres son do mellor!!!!!!!
sen dúbida algunha o mellor que me pasou non foi vir a lisboa, non
o mellor é estar aquí coa miña Larusca e con Chofi.
que de hoxe nun ano!
(e agora a polo licor café!!!!!!)
chúzame -