non sei se foi a emoción do derbi entre o Benfica e o Sporting (que gañou o Benfica nos penaltis) ou a ilusión que me fixo ter xa 21 tacos cunha hora de retraso con respecto a Mari, ou que entre unhas cousas e outras me esquecín de cear. e o alcohol sen nada no estómago é moi fodido... acabei tirada no chan cunha tranca que nin diola!!! se me chega a ver miña nai creo que a mando directamente para o tanatorio. e está mañá a botar os restos da guinguinha, o bodka e o viño branco de tetrabrik.e a Larusca a traerme iogur natutal con azucre pa resucitar ao meu estómago (o fígado non pq non ten solución) ben, xa sabedes, as borracheiras en casa son moi prácticas... ou iso din. a Chofi vaime putear cando lle conte que teño un blog, xa verás, jejejej e logo dirá que son unha gitana, que menudo título para o primeiro que mando, que nin que fose un sinal e que egocéntrica son. como se a parira. igual non é sinal, pero a min moloume nacer ese día. 27. dous e sete son 9. outro día conto o dos noves. algo de razón ten, coitada, moita paciencia hai que ter para aguantar as miñas ralladas mentais.
amanha mais
chuzame -