Sen clasificar


Sen clasificar02 out 2008 06:05 pm

a miña nova droga

Chuzame! chúzame -
Sen clasificar15 ago 2007 03:58 am

concerto e casualidade. sabíao, no fondo sabíao. ás veces é difícil crer ao corazón cando che di que...ben, cando che di o que calquera negaría, ata a túa propia cabeza. pero a intuición, ou máis ben o instinto. ou maxia, vai ti a saber! sempre aparece para poñer o mundo patas arriba. e o círculo vaise estreitando, pouco a pouco, a cámara lenta. non facer nada, non provocar e acabar notando como ese corpo que estaba de costas a min se xira e me recoñece mentres eu bailo como se estivese no salón da miña casa unha das miñas cancións favoritas: non fai falla coñecer a biografía, os detalles, para saber quen é alguén. abonda cunha mirada sincera.

máis maxia.

Deus está na chuvia. xa case ninguén cre. a chuvia é un sinal na miña vida. sen vir a conto botouse a chover e eu emocionada bailei como os indios baixo esas pingas que tanto significan para min... noutro momento do concerto de Muchachito marchei soa para ir ao baño. xa estaba un pouco lonxe da multitude, a medio camiño dos baños. tiven que parar en seco do bote que pegou o meu corazón. a letra daquel poema de Goytisolo que tanto me gusta na súa voz. estremecín como se eu fose un violín unha man invisible fixese música comigo...

(...)
Hija mía es mejor vivir
con la alegría de los hombres
que llorar ante un muro ciego
.

Te sentirás acorralada
te sentiras perdida y sola

tal vez querrás no haber nacido.

(...)
Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en tí como ahora pienso.

Un hombre sólo una mujer
así tomados de uno en uno
son como polvo no son nada.

Pero cuando yo te hablo a tí
cuando te escribo estas palabras
pienso también en otros hombres.

Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida

tu dignidad es la de todos.

Otros esperan que resistas
que les ayude tu alegría

tu canción entre sus canciones.

Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en tí como ahora pienso.

Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino nunca digas
no puedo más y aquí me quedo.

La vida es bella ya verás
como a pesar de los pesares
tendrás amor tendrás amigos.

Por lo demás no hay elección
y este mundo tal como es
será todo tu patrimonio.

(...)
Y siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en tí como ahora pienso.

algunha vez sorriches mentres chorabas? fíxome ben sentir que por unha vez non son eu a que pensa nos demais mentres escribe... o que diga que non lle gusta que lle escriban cartas minte descaramente. nun instante xa non había ninguén disfrutando do concerto, só estaba el ca banda tocando e cantando para min. á mañá seguinte, a iso das oito, espertoume o susurro daquela choiva suave contra a tela da tenda de campaña. o meu sorriso, indescritible.

Deus está na chuvia.

Chuzame! chúzame -
Sen clasificar30 xun 2007 02:13 am

[gv data="8C7SxYzDNZk" width="425" height="350"][/gv]P E C H A D O    P O R    V A C A C I Ó N S

eu sempre volvo... vémonos nos meus soños

Chuzame! chúzame -
Sen clasificar and basado en feitos reais and persoal22 xan 2007 10:09 pm


gústame estar soa. descubrino un día que fun soa ao cine cando tiña pouco máis de 15. e dá igual que haxa moita xente ou non, eu desaparezo, fágome invisible. ou eles ante min. gústame estar soa e nunca saberei explicalo ben. será porque non hai explicación... e hai un mundo aparte. vou pola praza da madalena e vexo unha voda musulmana, neva e caen pétalos do ceo. meu pai recibindo clases de guitarra de Paco e tareando unha nana. Cristo é un ionqui, travesti e sen barbas, que me chisca un ollo mentres paseo contonéandose mellor do que farei eu na vida, gárdame o segredo. ir con calma, sorrindo a calquera. mirar con descaro, deixar que me miren de arriba a abaixo, mísiles directos aos ollos. participar nun master de bicos que fan na praza maior, a intimidade, a sensación, a humidade, os suspiros contidos, a cámara lenta, sacar matrícula de honor nas distancias cortas. seguir o rastro de olor que alguén deixou pola cidade, o perfume do silencio, atopalo e xogar unha partida de xadrez. sempre me mira e non abre a boca. xa o dixo todo.

eu non son o que parezo

Chuzame! chúzame -