
normalmente é raro que comente algo da carreira aquà (por que será?). máis que nada pra non botar a pacer a lingua e acabar ofendendo a algún profesor (por ganas non é... ) do que dependeu/depende/dependerá algunha nota. e aparte diso porque non me gusta falar das cousas que non me gustan (acabo de darme conta). son as dúas da madrugada e teño os miolos saturados e non me sae nada de xeito cando escribo porque levo todo o dÃa arriba facendo algo da miña vida, como dirÃa o rei. e non, non penses mal, non me estou a queixar. aprendÃn moitas cousas que non están nos apuntes que moitas veces me prestaron porque eu non Ãa a clase. si, culpable, porque non me gusta e son negada para a tradución. estou contenta porque aÃnda que haxa dÃas malos (poucos) sempre hai alguén con quen compartir sorrisos, xa sexa no piso, nas clases ou tomando un coffee. son doctora honoris causa en corazóns e almas.
Vigo, non é Atenas, nin a Pedra, pero ten a moitas persoas e momentos que me atarán de por vida a ela. o que tiña que ser o derradeiro ano, o máis duro, está a ser o mellor de todos. libereime dos desexos, dos soños, das grandes aspiracións, das apariencias. non sei se o teño todo, ou case todo, se fracasei ou non, se me quedan cousas por alcanzar, se son intelixente, parva ou o que. estou ben comigo e con todo e todos os que me rodean. non, non é conformismo. é aceptación, o meu equilibrio.
imaxina saber que pase o que pase non hai dÃa que deixes de sorrir...
doces soños, hoxe estou agotada.
[b.s.o: o novo de Bloc Party]
chúzame -