persoal


persoal05 ago 2008 06:41 pm

de mosteiro en mosteiro. toda eu son un mosteiro. vida monacal entre semana. a pedra e o silencio reinan, a town baleira. tócame estudar.

Chuzame! chuzame -
persoal05 ago 2008 04:38 pm

un concerto e feridas curadas para sempre, ausencia de cicatrices, pel nova, bendito salitre do Mediterráneo. non volverei a pasar nunca máis por esta encrucillada. e impórtame tres carallos que me crean ou non.

 
é verdade, a verdade, a miña verdade. prefiro os puntos finais aos puntos suspensivos.

Chuzame! chuzame -
persoal25 feb 2008 09:27 pm

gafas-lennon-ensangrentadasbmp.jpg

it's time for glasses...

Chuzame! chuzame -
persoal07 feb 2008 12:56 am

bonecas.jpg

nunca serei unha boneca

entre outras cousas porque non quero, e porque non me fixo falla

Chuzame! chuzame -
persoal05 feb 2008 05:09 pm

algo é indefinido de nacemento. algo é algo. algo é máis que nada. algo é iso que flúe polo aire, que busca, que rebota dunha neurona a outra, que pasa olímpicamente delas, que sube e baixa polo espiñazo. un mísil directo ao corazón.

algo que son eu.

Chuzame! chuzame -
persoal04 feb 2008 11:36 am

xa sabía eu que era un farol, non era unha escaleira de color...

Chuzame! chuzame -
persoal04 feb 2008 11:13 am

 

tes unha cousa boa: sabes facerte a interesante

(eu ríome)

tes unha cousa mala: sabes facerte a inxenua e iso aínda te fai máis interesante!!!!

_________

interesante eu????

[soundtrack: le jours tristes]

Chuzame! chuzame -
persoal07 xan 2008 12:55 pm

escólleme

márcame

esquéceme

ámame

[roberto gonzález fernández]

Chuzame! chuzame -
persoal28 xull 2007 10:01 am

todo está no aire, flotando, indo e vindo. as miradas confirman e desminten. instinto animal, sentir o que os demais senten, sexa quen sexa. vivo conectada a todos, unha Internet do corazón... os soños, os presentimentos, as intuicións. o inexplicable. unha empatía extrema ben utilizada...
só maxia, crer no que ninguén cre.

Chuzame! chuzame -
b.s.o. and persoal27 xull 2007 06:03 pm

[gv data="GUB1xSAAADk" width="425" height="350"][/gv]
temazo... bufff canto pode cambiar a vida dunha persoa e menos de 15 días? non son grandes, non na medida en que calquera poida velos. son máis sútiles, máis marcados, detalles só visibles a longo prazo. actitudes, só iso.

dous apuntes máis:

- hai dúas clases de cegos, os que non poden ver e os que NON queren ver.

- hai dúas clases de persoas, as que non tiran un só papel ao chan e as que o tiran absolutamente todo.

abrir os ollos non é fácil, ver as cousas como son e aceptalas nunca é cousa fácil. pode doer, mais eu son das que que prefiren vivir cunha man man ou unha perna menos a ter gangrena. a honestidade cun mesmo é algo que non ten prezo. prefiro morrer en silencio a vivir nunha mentira.

Chuzame! chuzame -
mens sana in corpore sano and persoal19 xull 2007 01:29 am

pantalón curto, camiseta ceñida. unha pedalada outra. a arte do equilibrio e non malgastar forzas. saber en que tramos podo dalo e en cales non. desniveis.

só teño que aguantar

só teño que aguantar

repítome unha e outra vez nos dous quilómetros e medio que hai de subida. suar, notar como se incendia a miña cara, o flequillo xa hai un anaco que deixou de estar no seu sitio. se me sacasen unha fotografía sería a que menos ensinaría. pero iso é o de menos. o corazón bombea sen descanso e a un ritmo grande. sinto como se contrae unha e outra vez con forza. imparable. os meus pequenos pulmóns administrándolle osíxeno aos músculos como poden. a tirantez destes, a execución de graxas acumuladas pola vida universitaria na gran cidade. unha recta e comezar a voar. acelerar o ritmo... a baixa pronunciada de cincocentros metros e voar. literalmente. a curva, a derradeira subida a recta na entrada da aldea. sprintar. a lei do máximo esforzo. chamar pola dor en todo o corpo. máis, máis, máis rápido. pechar os ollos, a tensión soltada nun só segundo.

case tan sano como o sexo, pero con menos pracer.

[b.s.o: Hombres - Fangoria]

"Tienes que aprender a resistir
tienes que vivir
esto no lo tengo esto no lo hay
esto no lo quiero y esto que me das"

Chuzame! chuzame -
persoal07 xull 2007 07:17 pm

non, non fun a Ortigueira. cadroulle mal. fagan as súas apostas: convertireime na nova Dj do Trolebus? deixarei de ser unha máis dos "esquecidos"? xogarei ben as miñas cartas e casulidade premiarame con ese bico tan ansiado?

o único que é seguro é a miña ONG pra dar de comer a todo felino que se moleste en pasar pola miña casa. e como non, o romance perpetuo coa miña bicicleta (que me dá o que ninguén me soubo dar).

e quizais, por chulería, dentro de dous meses xa teña tatuxado na mirada un vaste namorar de min.  

como dirían no anuncio, é hora se sacar o mellor de min.

Chuzame! chuzame -
persoal27 xun 2007 06:06 pm


eu espero sen esperar. fago autostop pola vida. se alguén para e me recolle, ben. se non para ninguén, pois ben tamén. eu sempre tiro cara adiante dunha maneira instintiva... eu non entendo de razóns, de lóxicas, de explicacións... eu só atendo ao corazón. son adicta ás miradas. o meu can entendíame porque sempre lle falei mirándoo aos ollos... eu non vía un can, eu vía a un amigo, por iso só me facía caso a min, por iso sempre viña detrás de min. fose a onde fose. fidelidade, lealtade. o máis importante é que o facía porque lle daba a gana. os humanos somos idiotas. empregamos mal o instinto de defensa. pensamos que sabemos, damos todo por suposto, aceptamos sen queixa todo o que non ensinan... e ninguén sabe o que é a vida ata que se atreve a vivila con todas as súas consecuencias. sempre hai algo que cho berra dentro, esa voz que calaches dende a infancia. toneladas de silencio durante anos e anos... e do outro lado do espello eses ollos que che miran... que son teus e case non recoñeces... encadenados á memoria do espello (terán memoria os espellos?). e de que cor son os teus ollos? e agora contestas con toda a seguridade do mundo... e eu sorrío porque a pregunta tiña trampa. hai dúas clases de persoas: as que lles preguntan aos demais de que cor teñen os ollos... e as que, aínda que o pregunten, plántanse diante del para averigualo por eles mesmos.

mírame aos ollos e dime que ves... e se non te atopas neles mándame á merda, estamos a perder o tempo.

Chuzame! chuzame -
b.s.o. and persoal28 mai 2007 01:08 am

[gv data="QZ0e6fC3WNw" width="425" height="350"][/gv]

síntome así... próxima... síntelo? non existe nada mellor ca isto...

And when I see you then I know it will be next to me
And when I need you then I know you will be there with me
Ill never leave you...

Just need to get closer, closer,
Lean on me now,
Lean on me now,
closer, closer,
Lean on me now,
Lean on me now.

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and persoal21 mai 2007 11:23 am

 

sede de salitre. sede a inmensidade do mar. mergullarme... sentime oceánica. pechar os ollos, boca arriba, deixarme levar pola corrente. a auga taponandos os oído. só escoito a miña respiración, só sinto o bombeo de sangue no peito. abro os ollos. o azul do crávaseme na alma...

e na toalla agárdame o sol rabioso para bicar cada centrimetro de pel...

non saber se son un peixe de color, unha serea, un lobishome, a maga de Rayuela, ou tan só unha ovella máis no rebaño.

creo que son a muller esponxa.

Chuzame! chuzame -
persoal09 mai 2007 03:49 pm

ela non é ela.

ela son eu.

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and persoal14 abr 2007 09:50 am

transparente. suave ao tacto. dura se golpeo. pero escorregueime polas mans, acabei bicando o chan en silencio. non escoitaches como me rompín contra o chan? e só hai fume cando se achega a min, como o ilusionista, para que non descubra. creo que esta vez fun eu quen se intoxicou... frases que deixan K.O. teñen o poder da verdade. teño que escribirlle o final a este conto. necesito espirme dunha maldita vez, lavar os vellos medos co salitre do mar, mergurllarme e buscar novos peixes de colores.

Chuzame! chuzame -
amor escríbese con H and persoal04 abr 2007 12:19 am

por que non? ese é o camiño fácil. con esa pregunta empeza todo... pero eu fíxena ao revés: e por que SI? e non atopei motivos... non os suficientes. podería aproveitarme, podería escoitar só o que din dende fóra. facedes boa parella. e todos opinan do que non saben, do que non imaxinan, do que non len entre liñas. e eu podería deixarme levar polos seus piropos, porque... a quen non lle gusta que o observen embobado? pero é unha ilusión, unha mentira piadosa da autoestima, unha trampa da vanidade. pero, síntoo, a min encántame vivir ao filo do imposible. ti non sabes o que queres. entón sorrío porque se o soubesen todo cambiaría. estou namorada do anticristo dos tópicos e iso é algo que non ten solución e que non me dá a gana de arreglar. estouche moi ben así. sigo o meu instinto, fiel, animal. sei o que quero. vou detrás, sempre detrás, a un minuto, quizais a dous, pero aí vou. por fin deixei de escoitar outras voces... non interesa o que din. só me fixo nas miradas, só escoito ao meu corazón. busco os sinais nos que ninguén cre..., ( sabes o difícil que é crer cando todos renegan por medo?) e dá igual, desta vez xa dá igual, isto xa non hai quen o pare.

volverei darlle ao PLAY e esta ola romperá contra min.

Chuzame! chuzame -
b.s.o. and basado en feitos reais and maratón and persoal01 feb 2007 01:46 am

normalmente é raro que comente algo da carreira aquí (por que será?). máis que nada pra non botar a pacer a lingua e acabar ofendendo a algún profesor (por ganas non é... ) do que dependeu/depende/dependerá algunha nota. e aparte diso porque non me gusta falar das cousas que non me gustan (acabo de darme conta). son as dúas da madrugada e teño os miolos saturados e non me sae nada de xeito cando escribo porque levo todo o día arriba facendo algo da miña vida, como diría o rei. e non, non penses mal, non me estou a queixar. aprendín moitas cousas que non están nos apuntes que moitas veces me prestaron porque eu non ía a clase. si, culpable, porque non me gusta e son negada para a tradución. estou contenta porque aínda que haxa días malos (poucos) sempre hai alguén con quen compartir sorrisos, xa sexa no piso, nas clases ou tomando un coffee. son doctora honoris causa en corazóns e almas.

Vigo, non é Atenas, nin a Pedra, pero ten a moitas persoas e momentos que me atarán de por vida a ela. o que tiña que ser o derradeiro ano, o máis duro, está a ser o mellor de todos. libereime dos desexos, dos soños, das grandes aspiracións, das apariencias. non sei se o teño todo, ou case todo, se fracasei ou non, se me quedan cousas por alcanzar, se son intelixente, parva ou o que. estou ben comigo e con todo e todos os que me rodean. non, non é conformismo. é aceptación, o meu equilibrio.

imaxina saber que pase o que pase non hai día que deixes de sorrir...

doces soños, hoxe estou agotada.

[b.s.o: o novo de Bloc Party]

Chuzame! chuzame -

Next Page »