pelis


basado en feitos reais and pelis16 xan 2007 01:09 am

"cando queiras que alguén se namore de ti só tes que conseguir que se fagan realidade os seus soños, por riba dos teus (...)" [Mia Sarah]

outra frase que me rompe en mil pedazos os esquemas. por que ás veces é tan difícil ver o obvio?

só que queres de verdade podes facelo.

só se te queren de verdade poden facelo por ti.

fixéchelo? fixérono por ti? no meu caso nin o fixen, nin o fixeron, pero todo chega. como sempre a vida é máis sabía ca min, aínda me queda moito por aprender, moito por desfrutar desta viaxe,

Chuzame! chúzame -
basado en feitos reais and pelis11 xan 2007 02:02 am

disparos, un winchester, covardes, egoístas, humanos que se equivocan, erros, culpas, ausencias, leis que só sirven para foderche a vida, os pobres son sempre os máis dignos porque non precisan dos cartos pra vivir, ser diferente e querer ser normal, desexos prohibidos, unha moza  xaponesa que acaba espida e ninguén da sala parece enterarse do porqué...  e non entender, que non che entendan. ese é o peor dos medos, a peor das condenas. sónache? a min si.

 So, if you want to be understood...

listen 

Chuzame! chúzame -
amor escríbese con H and pelis06 dec 2006 01:03 pm

miasarahf1.jpg
"é unha homenaxe a todos aqueles que nalgún momento da súa vida tiveron a necesidade e contar as súas historias, e fixérono; unha homenaxe ao espírito dos grandes avós, aqueles que sempre tiñan unha historia orixinal na manga; unha homenaxe aos homes e mulleres de espírito burlón, aqueles que camiñan pola vida da man do sentido do humor. pero Mia Sarah é sobretodo un filme dedicado a todos aqueles que son quen de superar calquera obstáculo para conseguir o que aman"

namorarse é o máis apaixonante dos contos. ninguén pode explicarche o que é o amor, dá igual que teñas un doutoramento en filosofía, en bioloxía, química, literatura ou psicoloxía... o amor non se aprende, síntelo. e logo recoñécelo.

"o difícil non é sabelo, o difícil é recoñecelo..."

Chuzame! chúzame -
casualidades and pelis30 nov 2006 12:57 am

cabalos diante da facultade. os derradeiros raios de sol. cabalos salvaxes, ceibes, libres, ata os coches lles paran... os verdadeiros donos e señores do cuvi. unha nai coa súa filla, unha egua noviña. segue os seus pasos sen dubidar. e eu sorrío, idiota, estúpida e feliz. cansa de estar arriba todo o día. e imaxino que eu son unha susurrudora de cabalos. que me achego, que se fía de min e escoita os meus segredos... os animais non necesitan de palabras para ter certezas. abóndalles co instinto e os ollos.

non mintas, sei que podes sentilo.

Chuzame! chúzame -
basado en feitos reais and pelis and saudade22 out 2006 03:02 pm

 

chuvia e estudiar. sei que teño mala cara e non me importa. os ollos irritados como se fose eu a estivese a chorar. no xornal non vén a esquela. o móbil apagado e pasan as horas sen pedir permiso. á tardiña fuxo de casa como alma que leva o diaño. estiveches a chorar? pregúntame o Rei. volvo a mirarme no espello. eu non... busco acubillo entre a xente que vai e vén. unha entrada e un filme para obrigarme a sorrir. teño que mimarme un pouco de vez en cando. desconecto de min e do mundo. ríome, sorrío. déixome levar pola música. deixo que alguén me abrace en silencio. o mellor que lle pode pasar a unha persoa é ser un bicho raro, aparentar "ser normal", ser un mesm@ malia a todo. cando encenden as luces comprobo que aínda sigo a sorrir. e síntome orgullosa de min. será que teño motivos? moi orgullosa. é a primeira vez que me pasa. esta vez non minto. e peso menos, camiño case levitando rumbo a casa. esta peli tíñana que por en todos os institutos... e tíñana que ver todos os pais, xa verías ti o favor que lle farían a máis de un. volvo polo Paseo. quédome de pedra cando vexo o clónico de Xoel, guitarra en man, tocando. sorrí e chíscame un ollo.

If things were to go wrong xa sabes onde estarei SEMPRE...

 

Chuzame! chúzame -
amor escríbese con H and pelis18 out 2006 09:56 pm

 

o cuarto dun hotel [2046]. un escritor que escribe unha historia sobre o futuro, pero en realidade só fala do pasado. un tren para ir á procura dos recordos perdidos. e unha frase que me quedou tatuada no tímpano:

non serve de nada encontrar á persoa indicada se non é o momento adecuado

vina soa en Lisboa, en chino e con subtítulos en portugués. surrealista, rara e preciosa.  a banda sonora unha mestura estraña que funciona á perfección. para min, a mellor película sobre o amor. estaba claro, era un aviso do universo...

 

 

Chuzame! chúzame -
pelis and soños27 set 2006 01:02 am

 

dálle a Pause. rebovina e se fai falla rompe a cinta. a milésima da centésima do segundo. o momento exacto no tempo en que o meu corpo se rinde e me lanzo aos teus beizos coma un asmático ao seu respirador. non pensar, non razonar. SENTIR. e o mellor é que ti tamén... ou máis.

 ando á procura do verso perfecto, o conto máis bonito do mundo. o camiño dos deuses e sei que só o escribirei despois de bicarte. e se mo dás non me importaría morrer aquí mesmo.

barullo, xente, música, risas, dúas respiracións que se alimentan. falar ao oído cos ollos pechados.

catro pares de pupilas que se cruzan. brillan. lume. calor. combustión espontánea da cabeza aos pés. unha partida de xadrez, contigo non me importaría quedar en táboas...

agora que xa tes todas as pezas só tes que encaixalas

un karaoke. a entoación perfecta. estou volvendo a sentilo?

a música a todo volumen. medio corpo fóra do coche na parte do copiloto. ollos pechados. outra vez polas rúas. berro. imparable. euforia.

mírome no espello, hai unha débeda que teño contigo, sorríome.

A AUSENCIA DO MEDO DÁ A FELICIDADE, quérela? a miña letra nun folio vello e dobrado sobre unha mesa. un sobre e un remitente que non se ve. uns pasos próximos, alguén que pon unha chaqueta e sae correndo

 

paran as imaxes e a xente murmura. sigo co corazón acelerado. estou nunha sala de cine. supúñase que chegara tarde, que aínda andaba a botar os tráilers doutros filmes. pero...que??? esa son eu!!! acaba e acenden as luces. érgome confusa, intentando deducir que é o que pasa. todos me miran. son eles!! todos os que coñezo, familia, amigos, compañeiros de clase, xente da aldea, algún veciño, case tod@s aos que coñezo. palidezo no medio das escaleiras da sala. que intentan dicirme?

espertar

Chuzame! chúzame -
maratón and pelis16 set 2006 12:05 am

 

era inocente. 19 anos no inferno. unha brúxula e unha carta:

Querido Red:

[...]

... a esperanza é algo que nunca perdemos, sempre vai con nós. É o mellor que temos. Aínda non a perdiches, verdade?

 

eu tamén estou desexando rematar a miña "condena" ... non podes imaxinar canto!! 

Chuzame! chúzame -
pelis and persoal02 set 2006 03:27 am

el tiña asma e pouco medo. eu non teño asma, pero si algo de medo. o día so seu 23 aniversario cruzou nadando o Amazonas. algo, ao outro lado do río, chamando por el. berráronlle tolo, que ía morrer afogado, que o comería algún bicho. pero o Fuser volveuse xordo e só escoitaba ao seu corazón.

 ultimamente paréceme que tamén escoito esa voz

 

P.d: encántame esa escena na leprosería de San Pablo.

Chuzame! chúzame -
amor escríbese con H and pelis29 xun 2006 02:38 am

 

unha película. domingo pola noite saco de paseo á miña Melancolía. non é a mesma, esta é libre. e agora que raio me pasa? o mozo que me vende a entrada mírame raro, xa o sei, teño cara de ir na póla, e por riba coa música nas orellas. perdida nos meus pensamentos. nos bares andan co partido. na entrada vexo que hai catro acomodadores ou cinco. ollan para min. teño cara de friki, xa o sei... agacho a mirada coma sempre, timidocha entrégolle a entrada a un deles [que resulta que me recoñece] nin me fixo na súas caras. fuxo cara a sala e busco sitio na cima, onde máis me gusta. noto un baleiro por dentro. fáltame algo. acaba a película. preciosa. amor, tenrura, maxia, un neno que é o protipo de fillo que quero ter, follas caendo en outono e fadas padecen amnesia. hai que volvelas educar para que poidan ser felices e concederche os teus desexos. no fondo son unha romántica das boas. MÁGOA que aínda que non tiven ocasión de explotar todo o meu potencial. mágoa que o tomen a broma cando o digo. é máis fácil aparentar o que non somos.

Chuzame! chúzame -
amor escríbese con H and basado en feitos reais and pelis31 mai 2006 11:59 pm

 

Ollos, mirade por derradeira vez! Brazos, dade o voso derradeiro abrazo! E beizos, portas do alento, selade cun bico un trato perfecto coa Morte.  [agora]

 o final dunha película que se mestura con outra. amor a primeira vista [antes] fai click, salta algo moi por dentro. e non ver nada máis que a súa alma. e se non o viviches non o cres. pero que é o amor? estabilidade? confianza? unha definición: sábelo ao instante, todo o que vén despois non fai máis que confirmacho... antes estabas baleiro e agora CHEO [antes] e cando me quedo durmida no chan, veñen a buscarme Peter Pan e Campaíña. voume voando pola fiestra ao País de Nunca Máis. acabouse. it´s over. e agora sae o arco da vella, ti tamén podes velo? o final deste conto tan tan tan bonito: princesas da Antiga Grecia, ionquis, figurantes que non saben de que vai o conto, bombas que estouraron e só feriron dous pares de ollos, "non tes nin puta idea!", pescadores que tiveron máis sorte ca min, carreiras de lume nunha praia empedrada, bicos que nunca naceron, siameses que facían o amor en soños, calor na punta do iris e dos pés, que pasa se me namorei do número 13? "canto máis sen bicarme podes aguantar?" aviadores levándome por riba da sabana africana, as cousas que non se din e pouco máis. os demais a opinar do que non saben e a felicidade ensinándome a bailar ben unha lenta. doces soños e ata mañá. gustouvos? a min polo menos si, e agora desfrutar do arco da vella. quen sabe o que pode traernos a marea mañá!!!

 

P.d: foi un verdadeiro pracer, de corazón. e xa sabes quen es.

 

Chuzame! chúzame -