miradas


miradas and íntimo e persoal09 set 2008 08:30 am

Ven a dormir conmigo: no haremos el amor, el nos hará.

Chuzame! chúzame -
basado en feitos reais and miradas08 set 2008 08:33 am

no fondo TOD@S queredes saber quen me sacou o sono este verán... credes que o sabedes, credes que me repito ou que é alguén que acaba de chegar... e no fondo preguntádesvos será...? e deducides, razonades, especulades e intuides e buscades nas fotos, nos meus sorrisos, nas miñas palabras ao aire, nas cancións que puxen de banda sonora. porque me coñecedes e sabedes que no fondo eu non escondo nada do que sinto. e primeiro pensastes, si é X, pero Eli aprendeu a facerse a dura... e logo, impredeciblemente, parecía que non, que era fulanito, ou menganito, ou Gravatas Bonitas. e dubidades, e volvedes dubidar. o que dicían, o que vían, o que vos contaban...

si si

seguides sen saber nada

Chuzame! chúzame -
amor escríbese con H and miradas and saudade26 ago 2007 06:47 am

era só unha respiración pegada ao meu pescozo. nin máis menos. o demais negouno todo. e eu, parva de min, cominme eu soa toda a ira do mundo. imaxina un prato que aborreces... imaxina que o devoras con ansia por amor día si e día tamén... imaxínao se podes... soaba a música. eu guiaba e aquel corpo que me seguía coa fidelidade dun can. o ritmo, a música, a letra, a melodía que eu sempre acaba cantando... e sempre aquela respiración pegada ao meu pescozo. como se atopase o seu lugar no mundo. nada máis fermoso, nada que dese máis medo... tod@s somos covardes, pero algúns máis ca outros... iso ou separa ou une, e a nós separounos. a min nunca se me ocorreu preguntarlle "quéresme?". era algo que inconscientemente sentia e daba por feito. equivoqueime? eu só acabei dicindo máis de tres veces  o inútil, minúsculo, ridículo e con bágoas nos ollos "Q U É R O T E!". o medo non existía... só escoitaba ao meu corazón, o demais non tiña a máis mínima importancia. e menudo pecado cometín! pero aquela respiración seguía existindo... bicándome sen chegar a tocar un só centímetro da miña pel e a menos dun milímetro desta. contradición? supoño que si, nunca o saberei, foi o que foi e punto.

e  punto? iso pensaba eu ata que unha noite por pura casualidade os seus beizos acaban enganchados aos meus (sen axentes externos). hai cousas que non pasan por casualidade por moito que actuemos como se non existisen, por moito que fagamos cine como para que nos dean un oscar. e sinto decepcionar ao persoal, pero a culpa non foi miña, eu sempre pido permiso para bicar...  e iso xa debería deixalo todo claro. preguntarse o que é verdade e o que é froito do alcohol... e descubrir que hai cousas que só se fan porque a un lle peta, aínda que ninguén mire. a excusas e explicacións non sirven de nada neste caso, só para certificar.

e esa respiración, que sempre acababa pegada ao meu pescozo. mestura de amor, desexo, amizade, cariño, impotencia e covardía. a definición perfecta para unha situación que non lle recomendo nin ao mesmísimo Hitler... sempre bailando e os corpos demasiado pegados. demasiado. máis do habitual. donas e cabeiros, saiban que hai milímetros que delatan...

o demais é historia, cando ninguén te mira aos ollos é máis doado mentir e calar. esquecinme do demais, ou máis ben é que morreu. nin o SABOR,  nin o AROMA, nin sequera a ausencia destes... tan só o recordo, que nin fire, nin alegra, nin molesta. é unha peza máis que encaixa neste quebracabezas, e cumpre unha función: liberarme.

queres máis? b   ú   s   c   a   m  e  . o demais non (me) importa.

[hai cousas que non sae poden explicar, só se poden sentir]

Chuzame! chúzame -
casualidades and de esmorga and miradas15 xull 2007 08:01 am

xa sei que só foi un segundo, que eu ía borracha, que estábamos con compañía, xa sei que eu alí non pintaba nada, que cortou o pelo, que se me pasou, que non me fixei ata xusto antes de saír... que me agarrei das súas mans, que non mirei así a ninguén na miña vida... con tanta tenrura... saime un sorriso de fondo da alma. puro, purísimo, como un diamante en bruto. sorriso improvisado, casual... saíume da alma como me saiu collerlle as mans... sen premeditación, sen alevosía, sen consentimento... con confianza. pura e dura sinceridade. fíxome sorrir e eu fun un lóstrego e atravesa de norte a sur as súas costas... ten un uns ollos que sei que xamais que me negarán cos beizos... ten a mirada tan libre que brilla... esa liberdade, sen sequera chegar a tocala, faime mellor persoa. unha canción por banda sonora. voume achegando, como o caracol. a pasiños pequenos, lentos, pero tan firmes e seguros que xa hai nada volta atrás. quen me ofrece algo mellor? Q U E N ?

hoxe volvín a ser Grace Kelly sen darme conta, vestida de vaqueiros e zapatillas vellas.

... e non imaxinas a ganas que teño de que saibas que me estás salvando a vida...

Chuzame! chúzame -
miradas07 xull 2007 07:33 pm

pode pasar que o tempo e o espacio, se confundan, se mesturen nun só segundo? pode pasar que nun segundo de vida, nun alento, nun latexo do corazón te poidas cruzar con alguén a quen fai tempo que non ves e que como mínimo está a 70 km de onde estás ti? podería pasar ou é que a meu subconsciente me mandou sinais outra vez?? o máis probable é isto, pero por un intre eu xuraría que nos cruzamos...

cruce de miradas

e claro, pasou o de sempre, as miradas que se quedan enganchadas, que se recoñecen con sorpresa... e logo... ploff!! aire, enfocar ben, é imposible, a dúbida racional.

onte aprendín que hai lazos invisibles que unen máis que calquera bico ou polvo.

Chuzame! chúzame -
de esmorga and miradas25 xun 2007 10:55 am

maxia. párase o tempo. a min dáme a risa, están todos completamente cegos... como un imán. e non podo apartar os ollos. a mellor maneira de librarse da tentación é caer nela. e sen ter nada tíveno todo, absolutamente todo o sempre quixen. así a ver quen aparta os ollos... está ben? está mal? todo flúe arredor coa música de fondo.

mais... quen é quen cando hai desexo?

[bso: Sidonie - Nuestro baile del viernes]

Chuzame! chúzame -
de esmorga and miradas21 mai 2007 01:01 pm

Festival do Norte. venres

a primeira vez foi casualidade. a segunda foi curiosidade. a terceira foi unha cachada. a cuarta xa non era necesaria... eu búscote, ti búscasme. coincidimos sempre. ao ir ao baño, pedindo na barra. gústoche? gústasme? máis música. fago como que a cousa non vai comigo. que papelazo o meu! despois dos Sunday Drivers, Astrud e as súas letras psicodélicas. bailar a rebentar. a fartar. bailar como os indios. o sangue deixa de circular polo meu corpo. só hai música. momento de exaltación da amizade e Chorima abrázame por detrás. vexo a súa cara mirándonos. e vai como un avión a abrazarse á amiga. foron alucinacións miñas ou acaba de delatarse? de últimos tocan Delorean. bailar, bailar. vou un pouco para adiante, pero volvo pra atrás ata onde están Ro e Chorima. cruzámonos, vai pra adiante cos colegas. ao final acabamos Chorima eu dándoo todo na 4 fila ou así. tamén están a Ninfa e Aris. sorrío cando vexo que  anda pola primeira fila saltando como unha cabra. o sábado non nos cruzamos. pero o domingo tamén viña no tren para aquí.

adoro as casualidades...

Chuzame! chúzame -
as miñas nenas and casualidades and de esmorga and miradas06 mai 2007 09:36 pm


o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez... pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa... está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada... e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise... coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1... e sinto como o círculo se pecha... todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min... memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar... ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.

e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira... e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba...

Chuzame! chúzame -