eu enténdome

"a mentira é outro modo, unha pública forma de recoñecer que na outra beira está a verdade. non é unha escusa. é algo humano. unha circunstancia que permite atrincheirarse dun ou doutro lado, e iso que desata o animal en nós e o moi pasional, parece ser que é o único que rixe os destino, xa que estamos feitos de carne." Miguel Bosé dixit
chuzame -

explorando o plano horizontal... a miña man é un animal que ten un olfato de elefante. ten vida propia. escuridade, non ten ollos, non ve, non lle fai falla. sabe a onde vai. auga para min, sedenta. estou morrendo de sede... sempre confía, como un zahorí que atopa un pozo en calquera deserto.
chuzame -

sabes o que queres ou vas dando tumbos pola vida adiante?
tes alma de salmón ou déixaste levar pola corriente coma un peixe calquera...?
es ti ou vives crendo que os demais din de ti?
conquistas ou déixaste conquistar?
lánzaste ou agardas a que outros se lanzen antes ca ti?
conduces ou fas autostop?
disfrázaste no entroido ou miras como outros disfrutan facéndoo?
derrubas muros ou constrúelos?
deixas que te coñezan ou agóchaste baixo un sorriso calado?
protexes ou tes medo de facelo?
námoraste de quen mellor te quere ou regálaslle o teu corazón ao primeiro demagog@ que che di unhas palabriñas bonitas?
se es dos dos segundos non quero saber nada de ti, sal da miña vida. a ignorancia covarde é algo que me dá úlcera de estómago...
chuzame -

"Perfecto en la locura, no es para Vinodelfin solo una combinación de palabras sugerentes. Es una puesta en escena, una declaración de intenciones. Ser perfecto en la locura es admitir que lo que nos hace extraños, también nos hace únicos; es asumir que la existencia esta llena de actos contradictorios, de aciertos y errores, aceptar que ese vaivén, que esa locura, si uno la respira enteramente, es perfecta"
e confórmome con nada, soñar porque si, sen poder dar. sabendo que non vas recibir nada a cambio de dúas palabras que non vas pronunciar... shhhh, é un segredo, e o neno chíscame un ollo. case teño 23 e creo que son perfecta na tolemia. a pureza da miña alma.
eu SI sei a onde irán os que van sen mirar cara atrás, chegarán a vivir no ceo.
chuzame -

como años levados ao matadeiro... exames de decembro. hai cousas que deberían mermar co paso dos días e cos quilómetros que hai no medio. pero NON, a min ninguén me fai nin piiii caso, nin o meu corazón. ao principio só era unha brecha pequena, un fío de auga. despois un río, o Nilo, o Amazonas e logo fíxose profundo ata case tocar o centro da terra. un novo ecosistema, lava no seu interior, miles de quilómetros de auga salgada ata a superficie. e cando se quixeron dar conta aquela merdiña de auga que corría e bailaba alegre por riba do chan, aquela cousa tan insignificante convertiuse no Atlántico.
desconfía dos detalles pequenos porque sen querer vólvense oceánicos...
chuzame -

un don. empatía mutando en algo moito máis grande. inexplicable. maxia en estado salvaxe. ti non cres, pero eu si. creo en todo o que ve, sinte e percibe o meu corazón. e nun momento todo encaixa. todo é. os ollos que nunca menten. o aparentemente inexistente, o que todos esconden do mundo. pero eu podo velo... o que calas, os xestos, o ton de voz, os círculos, os medos, a realidade que é moito máis bonita do que a rutina che deixa ver. a beleza do invisible. toda a vida derrubando os muros que os que quero constrúen para protexerse do mundo, da realidade, deles mesmos. saber cousas que é imposible que eu saiba. saín á rúa pra que me dese o aire. unha explosión dentro do meu corazón. falar cunha sinceridade que me fai libre. a persoa que son e a persoa que podo chegar a ser. os medos vanse. EL tiña razón, son a Maga. e dareiche os tesouros da (miña) alma se me deixas
... se cres en min.
chuzame -
unha revelación? non, quizais outro disparo directo ao meu corazón. si, que pasa, son crente. EU CREO. en cousas que nin imaxinas. o tempo párase e o bufón deixa ver a súa alma de verdade. e son un pouco coma el. as apariencias sempre enganan. saír correndo pra parada de bus. frío, chuvia. corro e espéstome contra unha barra. (branca e fosforente pra que se vise ben...). rir a fartar. as situacións absurdas son a miña especialidade... nin en vídeos de primera!!! volve a nena de nove anos sen previo aviso nin cita. tímida, vergonzosa sen saber por qué. a nena que sempre pensaba que o facía todo mal. e outra vez esa inseguridade na punta da lingua. non sei o que digo ou si. todo a medias, como sempre. como debería ser, como son, como serei...
hai volcáns de segredos debaixo dos silencios...
chuzame -
¿Cómo hacerte saber que siempre hay tiempo?
Que uno sólo tiene que buscarlo y dárselo,
Que nadie establece normas salvo la vida,
Que la vida sin ciertas normas pierde forma,
Que la forma no se pierde con abrirnos,
Que abrirnos no es amar indiscriminadamente,
Que no está prohibido amar,
Que también se puede odiar,
Que el odio y el amor son afectos
Que la agresión porque sí hiere mucho,
Que las heridas se cierran,
Que las puertas no deben cerrarse,
Que la mayor puerta es el afecto,
Que los afectos nos definen,
Que definirse no es remar contra la corriente,
Que no cuanto más fuerte se hace el trazo más se dibuja,
Que buscar un equilibrio no implica ser tibio,
Que negar palabras implica abrir distancias,
Que encontrarse es muy hermoso,
Que el sexo forma parte de lo hermoso de la vida,
Que la vida parte del sexo,
Que el "por qué" de los niños tiene un porque,
Que querer saber de alguien no es sólo curiosidad,
Que querer saber todo de todos es curiosidad malsana,
Que nunca está de más agradecer,
Que la autodeterminación no es hacer las cosas solo,
Que nadie quiere estar solo,
Que para no estar solo hay que dar,
Que para dar debimos recibir antes,
Que para que nos den hay que saber también cómo pedir,
Que saber pedir no es regalarse,
Que regalarse es, en definitiva, no quererse,
Que para que nos quieran debemos demostrar qué somos,
Que para que alguien "sea" hay que ayudarlo,
Que ayudar es poder alentar y apoyar,
Que adular no es ayudar,
Que adular es tan pernicioso como dar vuelta la cara,
Que las cosas cara a cara son honestas,
Que nadie es honesto porque no roba,
Que el que roba no es ladrón por placer,
Que cuando no hay placer en las cosas no se está viviendo,
Que para sentir la vida no hay que olvidarse que existe la muerte,
Que se puede estar muerto en vida,
Que se siente con el cuerpo y la mente,
Que con los oídos se escucha,
Que cuesta ser sensible y no herirse,
Que herirse no es desangrarse,
Que para no ser heridos levantamos muros,
Que quien siembra muros no recoge nada,
Que casi todos somos albañiles de muros,
Que sería mejor construir puentes,
Que sobre ellos se va a la otra orilla y también se vuelve,
Que volver no implica retroceder,
Que retroceder también puede ser avanzar,
Que no por mucho avanzar se amanece más cerca del sol,
¿Cómo hacerte saber que nadie establece normas salvo la vida?
chuzame -
foi unha premonición ou non? asústame a pregunta e a resposta. e durmo e soño. un baile de máscaras. miran pra min e eu vou outra vez coa mochila ás costas. máscaras e pupilas chantadas en min. os ollos nunca menten, ensinoumo meu avó e canta razón tiña. sona a música e todos dirixen os seus ollos cara o centro da estancia. unha pequena orquesta. o Rei está a cantar e Safina faille os coros. pouso a mochila e vou cara el. sorrío. non coñezo a niguén que disfrute máis cantando. cada un volve ao seu. meu pai non se entera de que eu ando por alá. colaríame nun dos seus soños? non, este soño é teu. sorprendida xírome. a voz dunha muller pouco máis alta ca min. está a sorrir. véxollo nos ollos. cantos anos terá? cincuenta e pico? coñéceme e non sei de que, esa maneira de tratarme. pero eu non caio... olla pra min como se adiviñase os meus pensamentos e acabo mirando pro chan. xa tes todas as pezas do quebracabezas, non era o que querías? despois de cinco anos xa as tes. alucinada, estou alucinada. pero ela segue a falar. e si, foi unha premonición, o que pasa que ti non sabías o seu significado. como un tomate, síntome espida e miro cara o chan morta de vergonza. rise e entón caio da burra, ese sonido. xa sei quen es. sorrí aínda máis. es moi lista ti...
esperto tirada no sofá. Pau xa chegou a casa. pero eu sigo sen querer entender ou saber, de momento... xa se encargará o tempo de descubrirme a verdade.
(martes)
chuzame -
era el ou alguén disfrazado? un simple bico nos beizos, como un xogo de nenos. ilúminanselle os ollos. a súa boca rondando a miña e mandalo todo a paseo. vén comigo. todo confundido. as rúas, os edificios. acorrálame nas escaleiras. derrítome. eses beizos facendo marabilas polo meu pescozo. as pernas fallanme. a piques de perder a pouca cordura que teño... as mans por debaixo da miña blusa negra. abrázome porque caio ao chan. non pode ser, isto non está pasando... os ollos. non lle vin os ollos, agora quédome coa dúbida. esperto cabreada e sen entender. que raios me quere dicir o meu subconsciente?
chuzame -
SI, volvín a perder. e non doe tanto, máis ben é a rabia. a escusa para pedir mimos. hai acertos que veñen disfrados de erros, volvo a repetilo.
berra, chora, corre, enfádate, ri, equivócate, non busques máis... tan só VIVE.
"non te fíes das persoas que só queren ver as cousas todas de cor rosa... esas serán as que só te busquen cando todo che vaia ben, chamaránte pra ir de festa e roubarche a túa alegría. e cando te equivoques ou esteas triste escaparán de ti como da peste... en cambio haberá outras ás que non lle molestará que teñas un día tonto ou que non o fagas todo ben. esas son as que che darán a man para erguerte cando caias, as que non terán medo de discutir contigo ou enfadarse porque non lles asusta coñecerte e deixar que as coñezas a elas. a ESAS regálalles o mellor de ti sen pensalo. confía, son auténticas. halas recoñecer porque non fuxen dos días grises de chuvia... en vez diso, sempre sentan a esperar a que saia o arco da vella". de meu avó que era un sabio.
[sei que as comparacións son odiosas, pero aquí hai quen sae perdendo por goleada e que por riba se vai dar por aludid@. e dáme igual]
as tartarugas xigantes das Galápagos poden ser un pouco lentas, ás veces, pero son as máis sabias. sabíao! e nada máis, doces soños que mañá volve a erguese o telón.
chuzame -
cres nas casualidades? eu non. e xa van dúas. facer o gilipollas, ladrar. recapacitar, encarrilar a noite e volver a cagala. ás veces a realidade é máis forte que as ilusións. venceume. o equilibrio ao carallo. ollos que non ven, corazón que non sente, non?. oxalá por unha vez fose así...
mañá nin sequera terei resaca
chuzame -

saber perder. unha guerra, un imperio, un partido, un soño, un amor. a derradeira bágoa. a derradeira, xureimo. o meu corazón cansouse de vivir da memoria. e se perdín foi porque non me arrisquei, non o suficiente. non ao 100%. quixen ter a seguridade, a certeza, un papel firmado que calase as miñas dúbidas. que facer agora que aprendín que se non houbo un incendio foi non me atrevín a acender o chisqueiro? unha chispa, unha soa, pequena e insignificante e entón... seino, agora, estou convencida. hai verdades tan grandes que custa aceptalas. e agora que? volver a empezar.
chuzame -




