eleccións


amor escríbese con H and b.s.o. and basado en feitos reais and eleccións and maratón and opositing and posiblidades and soños06 Xul 2017 10:02 p.m.

Saio correr máis de tres meses despois e aguanto seis quilómetros como se aquilo formase parte rutina semanal. Aguanta, aguanta. E fantasio, así en baixo, para o Rei e para min. Ataques de risa e sexo de madrugada. Declaracións de amor adolescente nos meus apuntes. Escoito a Saturno e son consciente da pouco que lle importa ao universo este exame. Amor, familia, saúde, casa. Non fuxir malia o medo. Chega o día D, sentada diante do folio estou tan cansa que os meus pensamentos van a cámara lenta. A marea sube ata Monteporreiro e o instituto inúndase. Non respiro, só escribo. Dóeme o corpo como se viñese de finalizar unha maratón. Durmo dez horas seguidas sen cambiar de postura, pegada ao colchón. A certeza quere botar raíces e regalala cun pouco de sorte é a mellor das chuvias. Sigo correndo, pero a dúbida espérame en Reza. Quizais me estea a enganar, quizais me ceguen as ganas de aprobar. Quen non quere triunfar? Quen non quere conseguir os seus obxectivos? Quen non quere borrar os fracasos a puñados? Soño que o día da lectura do exame os comentarios e o tema desapareceron. Dentro do sobre só hai a vella fotocopia do poema que Osiria me regalou cando ela só era a miña a profesora de Historia. Outras veces os mesmbros do tribunal escóitanme sentados, todos vestidos con armadura, movéndose todos á vez, sinanlando todos como autómatas á pizarra na que alguén escribiu Alea jacta est.

É nese intre no que esperto sen saber nunca se seguir soñando ou non.

 

b.s.o. and basado en feitos reais and eleccións and opositing and self-service love and viaxes10 Out 2016 10:42 p.m.

porto

Cando te queres dar conta xa estás sentada coas mans nos teclado. De nada serve atopar a banda sonora perfecta se non tes as palabras. Hai viaxes que se estiran no tempo coma goma de mascar. O teu reloxo nunca marcará as estacións coa velocidade do calendario da cociña. Ninguén te viu chorando dentro do taxi, xa levabas un mes a desangrarte. De despedida en Porto todos eran rañaceos, agás eu, un galpón que non pode disimular o que é. Non me recoñezo nas fotos, quen usurpou o meu corpo? Por unhas moedas os rapaces saltan da ponte sen medo, pouco lles importa que eu me indigne mentalmente cos turistas. Do Douro emerxen co ímpeto da inxenuidade. Houbo un tempo no que eu tamén era quen de cambiar o ritmo das mareas sen propoñermo. Corróeme a envexa e estou a dous segundos de trepar polas vigas de aceiro. Cando me quero dar conta estou a descalzarme. Ei! Vou saltar. Primeiro a sorpresa, despois a incredulidade. Pero que dis?!! Berran, pero eu non escoito nin razono. Pálpítame o corazón de alegría. Pecho os ollos. conteño a respiración, lánzome e o aire fáime cóxegas por debaixo da camiseta. Afúndome na auga coma un proxectil. Cando me quero dar conta estou a lavar a mans para preparar a ensalada, despeiteada, co pixama xa posto e escoitando a radio. Lavo as gafas, ergo a vista por inercia. Aí a está sorrindo con cariño do outro lado do espello. Chíscame un ollo e botámonos a rir pensando en Borges. A vida sempre se decide nun instante.

amor escríbese con H and as apariencias enganan and basado en feitos reais and eleccións and eu enténdome and self-service love20 Feb 2014 10:22 p.m.

 Quizais sempre fun grande. Non alta, non vella. Grande. Son un iceberg, enganeivos a todos. Teño vivido máis do que imaxinas, máis do que aparento. Ser sensible non é ser transparente, esa foi a miña tapadeira. Algúns só ven o que asoma pola superficie, outros mergulláronse nas augas árticas. Non houbo hipotermia, valentes que coñecen as marabillas os labirintos de xeo onde as baleas regalan cancións de berce ás súas crías. Podería morrer mañá e cando viñeses á miña tumba unha frase te recibiría:

Fun o que me deixaches ser na túa vida.

E chorarás de alegría ou de pena. Lembra, querido amigo ou inimigo, a elección (sempre) foi túa.

Viñeron os trinta coa calma de quen sabe que viviu a súa vida cos pés espidos. Equivoqueime moitas veces, caer é a única forma de atopar o equilibrio. Xa non soño con viaxar no tempo e rescatar á miña versión adolescente, tampouco me doen os amigos que perdín ou as ausencias dos que morreron. Quédame algo máis imperecedoiro que os recordos e a certeza de que esas ausencias non son invisibles. O único que boto de menos é o sol do inverno en Lisboa.

E o amor? O AMOR veu de quen só podía vir. Ninguén máis podía darme o que eu soñaba, só el. Miro atrás e son consciente de que fun Indiana Jones á procura do Santo Graal. A humildade, o carpinteiro, o sangue de Cristo só podía ser custodiada no caliz menos barroco, no máis auténtico.

Podo intuír o futuro, sinto as raíces do tempo no meu corazón. Sei o que vai pasar, a ti, a min, a todos. Podo velo no reflexo das miñas gafas.

Fóronse a adolescencia tardía, a vellez anticipada. Sei que aínda teño débedas comigo mesma, hai algo que ela sempre me reclamou, admito que me levou moitos anos e discusións comprendela. Mentres escribo observo a foto do meu pasaporte recén expedido, caduca dentro de dez anos. Como serei aos corenta? Recoñecereime? E unha promesa que o invade todo, sen facer ruído. Como a min me gusta.

É hora de brillar.

 

b.s.o. and basado en feitos reais and eleccións and eu enténdome and máis que papel18 Abr 2013 03:18 p.m.

 

Na Delgada Liña Vermella unha das personaxes atopa unha aldea perdida no medio do Pacífico. Unha aldea como utopía, un soño real onde as nocións habituais de tempo e espazo deixan de escravizarte. Eu atopei esa aldea, ese lugar onde ser libre e volver, si unha vez máis. a atoparme. Escribir era o pretexto. Un lugar onde só quede a esencia de todo e todos, sen envoltorios, sen tópicos. É incrible como hai persoas capaces de facer realidade soños alleos…

Volvo a casa e resulta que me botaron de menos. Moito. Sorrío, síntome distinta. Quizais son un pouco mellor. É luns, hoxe toca Lee Ranaldo no Torgal. Acompánao Steve Shelley. A metade de Sonic Youth na miña segunda casa. E mentres hai quen pelexa por estar en primeira fila, sacar fotos, colgalas e todas as redes eu pelexo por non caer no mesmo. Entre o “eu vin a Lee Ranaldo” e o “eu escoitei a Lee Ranaldo” escollo o segundo. Sitúome co Rei ao fondo,  pecho os ollos. Estamos na praia das Cunchas. Tocan só para nós.

A esencia non é invisible, a esencia tenlle fobia ás multitudes.

casualidades and dor and eleccións and eu enténdome and family woman and persoal18 Feb 2013 10:28 p.m.

Un mal presentimento. Estar a xantar un día calquera e que un frío angustioso che suba polas pernas ata sentar no teu colo, coma un gato caprichoso que quere que notes a súa presencia. Outra ausencia máis. Outra vida que pon punto final. E o círculo vaise pechando, cada vez máis pequeno. Esta bala pasou rozando o corazón, a próxima rebentaranos os miolos. Ese día que non queremos que chegue, ese día… Suspira, aguanta. Outro aviso, no reloxo de area o tempo cae cada vez máis rápido. Tic tac. Temos que correr e chegar a tempo.

Que nada quede por dicir ou facer.

basado en feitos reais and casualidades and eleccións and íntimo e persoal and opositing and persoal and self-service love and tv21 Xuñ 2012 02:12 p.m.

Volver empezar. Afastarse para logo volver. Suor, bágoas, Mediterráneo; salitre. Aquela vella canción… Volver con máis ganas, perder dunha vez o medo a perdelo todo. Deixar de fuxir. Botaban unha película, esa escea que sempre me emociona. Miña irmá estaba sentada detrás de min no seu salón, a terraza aberta, as luces apagadas, só se ve a luz da televisión. Algo que se tensa e se solta dentro, moi profundo. Como me puiden esquecer? A incerteza, o futuro, as oposicións, a falta de independencia. Todo desaparece e son eu a que está coa cabeza rapada, son eu a berra baixo a chuvia como un animal. Toda a rabia, toda a frustración, toda a impotencia. Músculos que se tensan, forza sobrehumana, colmillos que medran, quero morder, quero facer dano, quero liberarme. A debilidade, a fraxilidade transformada nun ruxido, nun ouveo. Máis de mil quilómetros cara o Sur, máis de mil quilómetros cara o Norte.

Volver empezar…

basado en feitos reais and casualidades and eleccións and íntimo e persoal and maratón and opositing14 Abr 2012 02:11 p.m.

(photo by Mary F. Calvert)

Estaba agardando por min. Había meses que non tiña noticias dela. Non me escoitas, ultimamente só oes o ruído. Esa voz que é a miña. Enchénseme os ollos de chuvia. O Rei, miña irmá e o seu mozo tamén están paralizados, igual que o metro e a xente que pasea pola ponte. Parou o tempo para min. Estamos en Porto de escapada polas vacacións de semana santa. Pecho os ollos, empezo a notarme menos pesada, case podo despegar os pés do chan. Que foi da gravidade?

Hai algo no teu corazón que te fai máis forte que a calquera. É unha pequena parte que sempre che pasou desapercibida. Agora estás ao pé da túa montaña. É túa, de ninguén máis. Tardaches anos en chegar ata aquí. Ninguén máis o sabe, só ti, eu e o espello. Todo aquilo que amas e soñas, todo aquilo que che fai sorrir está aí arriba. O futuro, eses recordos que fabricas en soños, de madrugada, cando pensas que ninguén máis te ve, eses recordos que aínda non teñen data de nacemento. Es un volcán, ninguén se entrega con tanta intensidade coma ti. Hai un ruxido na túa gorxa, un ouveo que morre por saír. Deixa de conterte, deixa de aguantar as ganas de abrir os brazos e saír disparada cara o espacio. Sabes o que tes que facer, sabes como o tes que facer. ISTO non é o máis difícil que vas facer na vida, pero si vai ser unha das cousas máis grandes. Lánzate de cabeza unha vez máis. Sen mirar atrás, sen medo. Entrégate, non penses, sinte como todo o teu universo volve xirar ao ritmo dos teus latexos. O vento na cara, o frío da alta montaña, a dor das pernas ao correr quilómetros e quilómetros, a man entumecida por escribir sen descanso durante horas. Un pouco máis, só un pouco máis.

 Esta é a túa vida, este é o teu destino, este vai ser o teu traballo. É un maratón, o maratón da túa vida escribindo.  

Cando un par de días despois chegamos a casa e desfixen a maleta reparei no caderno que me regalara o Rei. Había unha frase escrita: Estás aquí porque queres e podes. Era a miña letra, pero non fora eu quen o escribira.

 

 

 

eleccións and espectadora and tv09 Xan 2012 11:34 p.m.

I will not run away from life my whole life. I will try to really live. I will be mindful; I will be wise. I will change, and I will be an agent of change.

eleccións03 Mai 2011 03:06 p.m.

Para resucitar primeiro teño que morrer.

eleccións08 Abr 2011 10:58 p.m.

A felicidade NON é un estado de ánimo. É unha forma de ser.

eleccións05 Feb 2011 02:22 p.m.

respira

eleccións02 Mai 2010 11:27 p.m.

Ese momento de máxima tensión no que é case imposible moverse ou respirar… Había que aguantar, manter o equilibrio e non ser quen primeiro en amosar debilidade.

amor escríbese con H and basado en feitos reais and eleccións and íntimo e persoal05 Mar 2010 11:29 a.m.

Son feliz porque xa non son escrava do Amor

auga pasadísima and eleccións15 Feb 2010 04:56 p.m.

 No quiere que sea suyo
               ni de Marcela; y si dejo
               de mirarla, luego busca
               por hablarme algún enredo.                
               No dudes: naturalmente
               es del hortelano el perro.
               Ni come ni comer deja,
               ni está fuera ni está dentro.

dor and eleccións and íntimo e persoal04 Feb 2010 05:41 p.m.

pois si, que se lle vai facer. unha auténtica merda de día. para ver o arco da vella primeiro ten que chover. este é día xa o tiña que ter vivido hai case nove meses.

de esmorga and eleccións and íntimo e persoal01 Feb 2010 10:44 p.m.

Tiña un aire con Jack. Alto, moreno. Párame cando me vou pedir algo á barra. Fai que me coñece e como que son eu a que non se lembra. dáme a risa. Vale si, collíchesme, non te coñezo. Volve darme a risa. Déixome estar, hai tempo que ninguén fai esa clase de cousas por min. Ou que eu non son consciente. Síntome cómoda, sei que lle gusto e iso faime sentir segura de min mesma. Non está mal estar do outro lado da liña por unha vez. Cáeme ben, é simpático. Digolle que estou a celebrar o meu aniversario. Somos da mesma idade. E chega ese momento no que sutilmente me vou para a barra. Líate con el, berrábame a cabeza. Pero eu sempre lle fago caso ao corazón. Tan claro o teño que nin sequera tiven tentacións

Vale, si xa non teño escusas para non liarme coa xente. É absurdo, o espello non me reclama, pero o Mundo semella non entedelo.

eleccións and eu enténdome30 Xan 2010 06:10 p.m.

primeira fase do experimento:

– o suxeito, a través dun xogo consciente/inconsciente no que se lle provoca buscando unha reacción a unha acción planificada con anterioridade.

de observarmos calquera tipo de reacción/casualidade de natureza estraña pasaremos á segunda fase do experimento.

(continuará…?)

basado en feitos reais and eleccións and íntimo e persoal13 Xan 2010 01:52 p.m.

feliz?

felices?

eleccións07 Xan 2010 02:08 p.m.

 noiteboa

non podes acariciarme, nin sentirme, nin descifrarme, nin terme, nin soñarme… aínda que poidas tocarme, achegarte, mirarme, falarme, lembrarme.

aínda que eu nunca deixe de sorrirche con amabilidade.

Páxina seguinte »