dor


b.s.o. and basado en feitos reais and dor and eu enténdome and family woman29 Mai 2014 09:12 p.m.

A xente non lle presta atención ás bandas sonoras, pero esas melodías expresan todo o sentimento dos silencios. Durmo mal polas noites, unha vella escuridade invádeme con cada solpor. Volvo estar enmeigada. Non se dan conta… Teño o don de facerme invisible, non me ven. Evapórome. Mírome no espello e hai algo que falla. Algo falta. Quizais a manca sempre fun eu.

Soa a música, dou voltas na cama. Escuridade. Son Manuel Antonio no paquebote esmaltado.

7º arte and dor and espectadora and eu enténdome06 Xuñ 2013 10:54 a.m.

Ciscada no sofá, domingo, non tiña esperanzas de atopar nada interesante na televisión. A miña única ambición era “vexetar”, botar unha sestiña co meu gato de acompañante. Pero fixen zapping e apareceu el. E nenos que non saben como afrontar o suicidio da súa profesora, á que Lazhar substitúe. O resto de adultos non sabe ou non quere falarlles da morte, de dos motivos que levan a alguén a suicidarse. Xeralmente, esa é a actitude que todos escollemos. Cremos que o mellor é protexelos dese sufrimento, como se alguén puidera fuxir do inmenso baleiro que deixa a morte dun ser querido. Son nenos, deben vivir nesa burbulla, que non sexan conscientes do que pasa. Infravalorámolos.

A película, máis que unha homenaxe á educación, é unha humilde á vida. Non podemos escapar da dor, das frustracións, mais iso non quere dicir que as nosas vidas non estean cheas de ilusións e soños. Para comprender que a morte é o que lle dá sentido á vida non fai falla ter vivido noventa anos, ás veces abonda con nove.

 

casualidades and dor and eleccións and eu enténdome and family woman and persoal18 Feb 2013 10:28 p.m.

Un mal presentimento. Estar a xantar un día calquera e que un frío angustioso che suba polas pernas ata sentar no teu colo, coma un gato caprichoso que quere que notes a súa presencia. Outra ausencia máis. Outra vida que pon punto final. E o círculo vaise pechando, cada vez máis pequeno. Esta bala pasou rozando o corazón, a próxima rebentaranos os miolos. Ese día que non queremos que chegue, ese día… Suspira, aguanta. Outro aviso, no reloxo de area o tempo cae cada vez máis rápido. Tic tac. Temos que correr e chegar a tempo.

Que nada quede por dicir ou facer.

basado en feitos reais and dor26 Feb 2012 04:03 p.m.

Hoxe tería 80 anos

 

 

basado en feitos reais and dor and espectadora and family woman and Sen clasificar30 Mar 2011 09:34 p.m.

Hai xente que xamais se rende. Non perden o sorriso nin a amabilidade a pesar de perder a voz, o corazón, unha nai ou o que a lei da vida lles impoña. Son fortes ata o extremo de acabar coa paciencia do tempo convertido en tirano. Non buscan protagonismo nin chamar a atención. Xente que é capaz de volver da morte.

ganas e vivir  ganas de vivir ganas de vivir ganas de vivir ganas de vivir ganas de vivir ganas de vivir ganas vivir de ganas vivir de ganas…

dor and miradas18 Feb 2010 07:19 p.m.

creo que é a primeira vez na miña vida que o sinto… é como unha pantasma que namorou de min. non me deixa, sei que non sei vai ir. é irónico, totalmente irónico.

algunha vez te abandonaron? conseguiches averiguar por que?

dor and eleccións and íntimo e persoal04 Feb 2010 05:41 p.m.

pois si, que se lle vai facer. unha auténtica merda de día. para ver o arco da vella primeiro ten que chover. este é día xa o tiña que ter vivido hai case nove meses.

as apariencias enganan and basado en feitos reais and dor22 Dec 2009 05:31 p.m.

afástasme. polo ulilo, podo sentilo. e os fíos invisibles rómpense, quizais para sempre. xa nunca máis irei a Xúpiter. xa non farei teatro… tiñas que curarme esta ferida que aínda non comezou a doerme… e estou tirada no medio de urxencias paralizada e inmóbil. débil… o meu sangue telo ti. dévolvemo, por favor…

dor10 Dec 2009 11:08 p.m.

 

e despois da bomba atómica vén a Guerra Fría.

basado en feitos reais and dor and saudade and Sen clasificar20 Xan 2009 11:39 a.m.

non, non era a miña avoa. tiven flashes. era a avoa dela e ela choraba. non podía parar de chorar. non era o pranto forzado, nin obrigado. era sincero. xa lle vin esa mirada o domingo no hospital. estaba a verme a min mesma hai dous anos. víñanseme flashes á cabeza. vinme a min mesma querendo estar soa, para chorar en paz. xa non tiña que estar pendiente de quen viña ou deixaba de vir ao velorio, nin de meus pais, nin de ninguén, só quería chorala. soa… non quería a ninguén preto, só a tristeza.

non hai nada que doía máis que saber que a certeza das ausencias que son para sempre.

¿? and arroutadas and basado en feitos reais and de esmorga and delirando and dor and eu enténdome and soños14 Dec 2008 12:09 p.m.

Hai ladrillos ciscados por todas partes… a cidade, co pequena que é, volveuse un labirinto. Non atopo o que busco. Camiño por rúas que coñezo. Nomes, mapas, cruces, semáforos. Sei a onde vou, pero pérdome polo camiño sen desviarme da ruta. Paso todos os días polo mesmo sitio, subo as mesmas escaleiras e non podo evitar suspirar derrotada. Hai neve por todas partes. Levo os pés espidos. Non sinto o frío. O peito tamén espido. O meu corazón irradia calor, radioactividade. Podería derreter un iceberg se mo propuxese… E se saco as gafas e miro aos ollos de quen sexa podo tocarlle a alma. Seino. Son unha bomba atómica humana. Segue habendo ladrillos. Caeu o muro de Berlín. O meu muro… Cando abrín os ollos estaba agachada no chan do pub. A camareira mirábame asombrada e preocupada. Eu estaba desesperada, retorcíame. Levanteime, o alcohol xa empezaba a facerme perder o control. Fuxín para casa como unha pantasma, rezando para non cruzarme con niguén coñecido. Había néboa por todas partes. Queríame tirar no medio do asfalto. Quería berrar, sacalo do peito. Estaba tan cansa que non me deitei, tireime no chan da miña habitación, vestida, sen descalzarme. Escuridade. Respiraba despacio. Tumbada de lado. Recitando poemas que nunca escribirei e que xa non lembro. En voz baixa…

basado en feitos reais and de esmorga and dor25 Mai 2008 11:56 p.m.

oxalá eu puidese darlle todo ese amor que el pide… só puiden abrazalo para protexelo das súas pantasmas e secarlle as bágoas

Amor, que inxusto es… xamais pensei que foses así. que noxo me empezas a dar. es covarde, es vanidoso, mentiroso e caprichoso.

onde estea a estabilidade, a calma, a serenidade, a beleza do equilibrio… sácateme de diante.

amor escríbese con H and dor03 Abr 2008 10:47 a.m.

 

frozen.