de esmorga


basado en feitos reais and de esmorga15 Mai 2008 12:15 am

 

aos feitos me remito. unha soa mirada pode ser o crime perfecto

are you ready?

Chuzame! chuzame -
de esmorga and delirando06 Mai 2008 10:38 pm

escuridade. no Charol nunca hai boa luz. saio do baño aturdida. o soldado volveu a intentalo por milésima vez. e mentres boto auga no baño sinto esa dor punzante no peito. alcohol en vena e chuvia fóra. por que carallo me tes que doer tanto? abro a porta e aínda baixaron máis as luces. escuridade absoluta. aparece da nada e pon unha man no meu corazón, por un momento parecía que deixaba de desangrarme... por un momento. respiro o seu aroma. caio na trampa, na rede, no labirinto. bebo da súa boca. o tempo párase, volve a ir rápido. semella un cd raiado. e sigo sen saber porque non funcionou. mal sabor de boca, como cando vomitas.

o bico perfecto é aquel que nunca se repite.

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and de esmorga20 Abr 2008 11:49 pm

 

O instinto. Hai quen sabe usalo, hai quen non. Pitido de orellas, o meu sentido arácnido afinado e listo como un detector de metais. Non sei porque se puxo a falar comigo. Incredulidade pola miña parte. Preséntaseme para a miña sorpresa. Entre a música alta e o alcohol que debe levar en sangue cústame entenderlle. Aproveitou a escusa para achegarse máis, tamén axudou que me sacaba dúas cabezas, repetir o seu nome mentres case me bica a orella. Eu sorrío inxenua. Non, non pode ser... Pero cando pitan os oídos é por algo. Contoume que acaba de abrir negocio propio e que ía camiño dos 30 sen complexos. Foi divertido porque ao día seguinte e coa resaca evitaría lembrarse de porque veu a min… Mentirnos a nós mesmos é fácil que mentir ao resto do mundo. Ademais, había quen xa estaba agardando polos seus beizos con impaciencia.

O bo desta little town é que cando coincides con alguén unha vez sempre repites, e quedei coas ganas de certificar unha cousa.

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and de esmorga04 Feb 2008 09:20 am

 

"Dios los cría y ellos... ellos se juntan"

Chuzame! chuzame -
de esmorga17 Set 2007 04:08 pm

dscn7483.JPG
cada tolo co seu tema...

dscn7485.JPG

enfermeira sen fronteira

dscn7486.JPG
mmmmm sesy sesy sesy!!!

dscn7498.JPG

cuchipandaaaaaa!!!

dscn7501.JPG
ains, que bunito is the loveeeeeeeeeeee!!! (SO NUTRIAS!!)

dscn7489.JPG
e pensar que nacimos o mesmo día... jasú!

dscn7488.JPG

Andriu, the seductor man!

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and de esmorga15 Ago 2007 02:57 am


mil cousas en tan só dous días. música, música, música. saltar, bailar, cantar ata quedar afónica. beber a vida, fumala, deixar que me acose na porta dos baños do Clan, recoñela baixo as poucas canas (ou era a luz?) dun corredor de fondo que non recoñecía..., deixar que me plante un bico sen preaviso e poñer patas arriba unha tenda de campaña.

queres máis?

ver como a enfermeira cae nas redes do amor mentres a min me pasa todo o contrario e o que antes eu chamaba Amor se me escapa como auga entre os dedos. ser consciente de que non fago nada por impedilo porque pouco a pouco foi deixando de facerme feliz, por iso xa non me importa. facerme cada vez máis forte, máis pura, nin ciumes, nin envexa, nin pamplinas. pase o que pase eu sempre acabo sorrindo e facendo rir a todos. conquistar a vila e poñela aos meus pés, marchar sen remordementos de conciencia, que me botará menos. sempre haberá un antes e un despois de min. e en pequena vinganza deixo a pantasma da miña ausencia ata a próxima vez, se é que a hai... ("nada é seguro e todo é posible")
tola e feliz, coa capacidade de facer felices aos que me importan... quen dá máis?

Chuzame! chuzame -
as miñas nenas and basado en feitos reais and de esmorga15 Ago 2007 01:39 am

dscn7430.JPG
baixo unha nube de po...

dscn7407.JPG

enfermeiras, xornalista e futura tradutora

dscn7409.JPG

ains, que bunitos is the love! vivan os "castores"!!

dscn7410.JPG

flequillos al poder!

dscn7411.JPG

son un alien!

dscn7417.JPG

entre concerto e concerto, mini-botellón na zona de acampada

dscn7418.JPG

ai Ro, que escaralladiña me andas! e iso que aínda non tes os 22!

dscn7421.JPG

mi má que caretos... xa paso de comentar nada!!!

dscn7423.JPG

resaca na piscina (cacho pandeiro teño!)

dscn7427.JPG
as raíñas do tenderete!

dscn7432.JPG

fenómeno!

Chuzame! chuzame -
casualidades and de esmorga and miradas15 Xull 2007 08:01 am

xa sei que só foi un segundo, que eu ía borracha, que estábamos con compañía, xa sei que eu alí non pintaba nada, que cortou o pelo, que se me pasou, que non me fixei ata xusto antes de saír... que me agarrei das súas mans, que non mirei así a ninguén na miña vida... con tanta tenrura... saime un sorriso de fondo da alma. puro, purísimo, como un diamante en bruto. sorriso improvisado, casual... saíume da alma como me saiu collerlle as mans... sen premeditación, sen alevosía, sen consentimento... con confianza. pura e dura sinceridade. fíxome sorrir e eu fun un lóstrego e atravesa de norte a sur as súas costas... ten un uns ollos que sei que xamais que me negarán cos beizos... ten a mirada tan libre que brilla... esa liberdade, sen sequera chegar a tocala, faime mellor persoa. unha canción por banda sonora. voume achegando, como o caracol. a pasiños pequenos, lentos, pero tan firmes e seguros que xa hai nada volta atrás. quen me ofrece algo mellor? Q U E N ?

hoxe volvín a ser Grace Kelly sen darme conta, vestida de vaqueiros e zapatillas vellas.

... e non imaxinas a ganas que teño de que saibas que me estás salvando a vida...

Chuzame! chuzame -
de esmorga and miradas25 Xun 2007 10:55 am

maxia. párase o tempo. a min dáme a risa, están todos completamente cegos... como un imán. e non podo apartar os ollos. a mellor maneira de librarse da tentación é caer nela. e sen ter nada tíveno todo, absolutamente todo o sempre quixen. así a ver quen aparta os ollos... está ben? está mal? todo flúe arredor coa música de fondo.

mais... quen é quen cando hai desexo?

[bso: Sidonie - Nuestro baile del viernes]

Chuzame! chuzame -
amor escríbese con H and arroutadas and casualidades and de esmorga17 Xun 2007 07:53 pm

a coincidencia. mira quen está aí... díxome Ro polo baixo. sorrío, levaba meses agardando por esta noite... estamos na Praza das Mercedes e a xente vai e vén como un río. todo é igual que no meu soño, pero esta vez non se transforman en monos. nós entramos no Underground. a súa pandilla no Face. estou tranquila, habemos volver coincidir no Badulake. hora e media máis tarde alí estamos baixo as luces, a música, o fume. eu non podo deixar de sorrir. leva unha gravata negra delgadiña... vaille falar... anímame Ro. pero eu sei que non é o momento, aínda non. era a noite das miradas que van e veñen. os "quero que me biques" non pronunciados. remato a derradeira copa da noite e deixo que a música se apodere do meu corpo. falo cas nenas, rímonos. e eu sei que me está mirar. case podo sentilo. como se de súpeto descubrise que existo. a miña alegría engancha... e eu quero que se enganche. vou para o baño e un movemento estudiado, lento e saboreado rozo o meu brazo co seu... a cámara lenta. suave, suave... cando volvo do baño, vexo que marcha. está triste, non sei que lle pasa... non son capaz de reaccionar. lémbrome da última vez que pasei por aquela rúa coa música atronando na miña cabeza, estaba no chan, falando por teléfono e cunha mirada tan triste que... pero que lle pasa? a curiosidade cómeme. lembro que pensei no boa persoa que debe ser. esas cousas nótanse, eu nótoas... volvo dos meus pensamentos. vexo como sae pola porta do local. canto tardei eu en saír detrás? nin rastro, vou correndo ata a praza maior... nada. intento adiviñar por arte de maxia onde vive. iría detrás e como eu estou o suficientemente tola preguntaríalle sen dubidar por que estás triste? só iso...

onte tiven a (absurda?) seguridade de que eu podía sacarlle aquela tristeza dos ollos... e namorei desa sensación.

Chuzame! chuzame -
b.s.o. and de esmorga and íntimo e persoal21 Mai 2007 08:38 pm

Festival do Norte. Sábado

estaba rabeando por ver a Sr. Chinarro... empezamos ben. La decoración, Del montón, 2 besugos, Cero en gimnasia, Gitana, Ángela, El rayo verde...

risas. bromas. a seguir Lori Meyers. cervexiña vén, cervexiña vai... menear os corpos ao ritmo da música. ouvear. De superheroes, En sus zapatos, La mujer esponja, Ya lo sabes, Ham'a' cuckoo, Parapapa, Dilema, La Pequeña Muerte, Tokio ya no nos quiere...

descanso. mexar de monte. emocións a flor de pel. non sei como é que acabamos falando de miña irmá... e véñenseme ás bágoas aos ollos... sorrío. mataría por ela... entón comeza a soar. marchamos correndo. Xoel comeza con Simone e un lóstrego nas costas. vou saltando, vou feliz. calquera que me viu pensou que me metín algo... só existía a música pra min... Requiem, A un metro de distancia, Gigante, Colillas en el Suelo. a música en min. cada nota, cada acorde. cada palabra. cada recordo. todo, absolutamente todo. rebentar por dentro. bailar, bailar, bailar. drogarme coa música. sentila cos 5 sentidos. co 6º disfrutei de Rostro de actriz e El amor valiente. lembreime desta semana santa, de miña avoíña, e en cada desas feridas silenciosas, ese QUÉROTE xamais pronunciado que morre pouco a pouco dentro de min. estámolo matando co cancro do "é imposible". non te preocupes, non fai falla que veñas ao funeral.

"Ahora entiendo que cada espina
Que cada pequeño arañazo
Cada cuchillo por la espalda
Fue tan sólo un pequeño trámite
Tan sólo una excusa idiota
Hace tiempo que yo ya no sonreía tanto"

remata o concerto con Mejor (So Alive). e pasa, por fin pasa. os cinco, eses cinco nomes, eses que ocuparon o meu corazón. ese bico que sempre lles quixen dar... todo xira. a cada segundo é un, é outro, e outro. texturas distintas. o seus aromas. o pelo, a altura, os corpos, os brillo dos ollos, a calor que desprenden os seus corpos, as voces... non necesito abrir os ollos para saber quen é quen. as mans caprichosas por baixo das camisetas. sen porqués, sen culpables, sen rancores, sen ilusións. pagar con intereses esta débeda do meu corazón. o bico perfecto, o que non existe, o que nunca se dá. cando non ocorre é porque non estaba de ser..., é unha lei infalible. sodes pasado.

acaban Catpeople. sublimes, exquisitos. Mexican life, Radio, Next hours, Get up, Pretty things, Behind, Alone. respirar música, beber música, ser música. vivir música.

Chuzame! chuzame -
de esmorga and miradas21 Mai 2007 01:01 pm

Festival do Norte. venres

a primeira vez foi casualidade. a segunda foi curiosidade. a terceira foi unha cachada. a cuarta xa non era necesaria... eu búscote, ti búscasme. coincidimos sempre. ao ir ao baño, pedindo na barra. gústoche? gústasme? máis música. fago como que a cousa non vai comigo. que papelazo o meu! despois dos Sunday Drivers, Astrud e as súas letras psicodélicas. bailar a rebentar. a fartar. bailar como os indios. o sangue deixa de circular polo meu corpo. só hai música. momento de exaltación da amizade e Chorima abrázame por detrás. vexo a súa cara mirándonos. e vai como un avión a abrazarse á amiga. foron alucinacións miñas ou acaba de delatarse? de últimos tocan Delorean. bailar, bailar. vou un pouco para adiante, pero volvo pra atrás ata onde están Ro e Chorima. cruzámonos, vai pra adiante cos colegas. ao final acabamos Chorima eu dándoo todo na 4 fila ou así. tamén están a Ninfa e Aris. sorrío cando vexo que  anda pola primeira fila saltando como unha cabra. o sábado non nos cruzamos. pero o domingo tamén viña no tren para aquí.

adoro as casualidades...

Chuzame! chuzame -
as miñas nenas and de esmorga and saudade10 Mai 2007 12:19 am

mmmm... pequena, non te resistas ao poder do Lado Escuro!

100_2408.jpg
"me tienes tan fa fa fa fascinadoooo..."

100_2410.jpg

a miña outra irmá!
100_2422.jpg

pura adoración

100_2478.jpg
un dos mellores días da miña vida...

[Fotos de San Pepe]

Chuzame! chuzame -
as miñas nenas and casualidades and de esmorga and miradas06 Mai 2007 09:36 pm


o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez... pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa... está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada... e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise... coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1... e sinto como o círculo se pecha... todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min... memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar... ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.

e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira... e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba...

Chuzame! chuzame -
amor escríbese con H and de esmorga29 Abr 2007 09:43 am

eses ollos... unha mirada, dúas. azuis. profundos. a xente desaparece, son invisibles, non existen. casualidade? e minutos despois, como un imán, imparable, outra vez. nin, a miopía, nin os 10 metros que nos separaban, nada que poida evitar que me mergulle nas augas do océano dos seus ollos. brillantes. gústasme. esa bala de prata vai directa ao meu corazón de lobishome. e sorrimos á vez. e por fin me vexo dende dentro do espello. fun un pouco máis libre e feliz.
e a partir de aí sobroume o resto da xente... a felicidade é para os que saben o que queren porque só dura un segundo, ás veces nin iso. e se non sabes recoñer ese "algo", ese todo que enche tanto..., entón nunca saberás recoñecela cando se pasee por diante dos teus ollos.

si, a felicidade é como atopar a wally, unha parvada bastante difícil.

Chuzame! chuzame -
basado en feitos reais and de esmorga08 Abr 2007 04:10 pm

era día de festa, San Antón. calor abafante no aire... algunha que outra orquestra coñecida na terra. viño caseiro en vez de cubatas. ir e vir. danzar por todo o campo da festa sen rumbo fixo. Catu igual ca min ou peor. Ro morta de risa e gardando na memoria para contarnos ao día seguinte. el e eu bebendo licor café. rir e lamerme vellas feridas, xa non había volta atrás... acaba a festa e eu sigo polo aire. esas miradas del... as miñas... para que esperar máis? dáme biquiño, anda, dáme un biquiño... e cae na miña trampa. doulle o que quere, o que todos queren. comernos a bicos camiño de casa. nin unha alma pola estrada nin pola aldea. incendiarnos na fonte... metelo en casa. dábame todo igual... sentir o seu corpo nu contra o meu. comprobar que as feridas cicatrizaban ben, que volvía a ser a de sempre. que xa non me doía o corazón como antes... a miña lingua caníbal...

que bos recordos

"Si buscas milagros mira: Muerte y error desterrados"

[bso: Manolo García - A San Fernando, un ratito a pie y otro caminando]

Chuzame! chuzame -
arroutadas and de esmorga28 Mar 2007 03:14 pm

e cando me quero dar conta xa non teño a onde fuxir, nin coartada nin nada. e pecho os ollos, paro o tempo, pero o latexo do corazón avísame, "estás viva!" estou condenada a ser sempre un can fiel. é o camiño que escollín. morder a lingua, beber do meu sangue,  que vai ser de min? quen me vai vir a rescatar desta timidez que só ten unha causa. a un metro. a dous, a tres. e as ganas... un maldito furacán que non para de zoar dentro do meu peito. supoño que sobrevivirei, sempre o fixen. quero berrar tan forte que a terra deixe de xirar no sentido da agullas do reloxo. que xiren todos ao revés porque eu vivo así. e morder. morder cos beizos e notar como o sangue me sube á cabeza. berrar, unha soa palabra, a que me condenaría, a que me liberaría. berrar e cambiar o meu mundo para sempre... son un incendio que non acaba de prender.

Chuzame! chuzame -
de esmorga25 Mar 2007 10:28 pm

image0045.jpg
estou colgada... colgadísima... enganchadísima... e todos me din que estou guapa, os maderos e ata ligo devorando bocadillos de tortilla.

non saben o que din...

Chuzame! chuzame -
amor escríbese con H and arroutadas and as miñas nenas and de esmorga25 Mar 2007 10:23 pm

tiña sede... e bebín. BEBIMOS a vida de tal maneira... rendirlle culto a Baco. as horas pasando e nós sen sentilo. rir. vingarnos a sangue frío do inxusto deste ano. tamén bebín da boca daquel mozo delgadiño... como se me fose a vida niso. como se nada máis importase ou existise. ata que canso e fuxo mexar de monte. cedeu o corazón e o corpo, firmaron unha tregua silenciosa. vivo coa maldición de non saborear nunca os beizos que desexo, vivir regalando bicos que xa teñen a quen pertencer.  e fuxir a bailar. unha vez máis, como casamenteira non teño prezo. o alcohol facendo das súas, o que fumei tamén. notar como o espacio e o tempo deixan de existir. e outra vez a mirada que me delata. é dá igual. non me importa, os pés sempre espidos. ver como a marea sube e baixa. vén cara min, afástase. nese intre vénseme á excursión de 2º da eso en Sevilla, aquela tarde nun parque temático, aquela atracción que xeraba unha ola artificialmente. ver como a xente se tapa con chuvasqueiros e sorrín. eu non me tapo, fai moita calor. vexo vir a ola contra nós. véxoa vir e o corazón acelérase. rompe contra nós e a xente fuxe. móllame a cara, os beizos, o peito. e síntome no ceo... miro cara atrás e vexo que todos fuxiron agás eu... sorrío. outra vez no sanpepe, pero esta vez a ola non chega a min, para xusto antes de facelo, a canto? un centímetro? cinco? e o corazón sáeme pola boca. inevitable, e non sei se son a persoa máis lúcida de todo sanpepe ou a máis ida...

Chuzame! chuzame -

Next Page »