casualidades
[gv data="NFOVt1kAPHY" width="425" height="350"][/gv]
voute cazar, o círculo vaise pechando...
chuzame -

o outro día cando fun ver a meu tío xa me chamou a atención... alí sentadiña con calma e enchufada a vinte mil cables. onte volvín e alí seguía. de súpeto a máquina que controlaba as constantes púñase a pitar. a enfermeira rifáballe con cariño por soltarse de non sei que cables. miña tía contoume que leva alí dende o 2 de maio. resultou que ademais das gafas tamén compartimos nome e sorriso pillabán. ao cabo duns minutos xa volvía a pitar a máquina porque esta vez tirará do tubo do respirador. outra enfermeira colocoullo con moita dozura e deulle un bico na fronte. aquela velliña que levaba meses sen erguerse do típico sillón de hospital, que respira por un tubo de plástico, controlada por centos de cables... aquela velliña non transmitía pena nin tristeza. cando me quixen dar conta todos os presentes naquela habitación (enfermos, familiares e enfermeiras) estabamos hipnotizados observando a escena cun sorriso de cariño debuxado na cara. canseime de repasar o perfil da súa cara, o nariz. de cando en cando quedábase mirando cara a nada, como se estivese esperando por algo ou alguén... serena, como se soubese que ten que esperar. fixo algún amago máis de broma de sacar o tubo ou os cables, fíxonos rir a todos. non pode falar por culpa do tubo, pero tiña unha mirada transparente. foi como se me mirase no espello, aqueles ollos son os meus cando me miro no espello. outra alucinación máis, supoño, ou non, vai ti a saber.
se algún día me vexo na mesma situación que ela encantaríame que todos me mirasen con eses ollos...
chuzame -
mentres a depilan a unha na perruquería…
Eu a verdade é que podía arreglarme máis..., pero é que son moi vaga... (risas). Ademais, se non me sinto cómoda, se non sae de min non o fago. Pero pouco a pouco...
Pois iso está moi ben! Fas o que non fai a maioría... Que non quere dicir que sexas mellor ou peor que o resto, pero as cousas por ti e para ti, non para os demais. Oxalá fosemos así todos.
(Suspiro) Oxalá...
ás veces pasas anos intentando porque fas o que fas, como es. só que o entendan, que o comprendan, que se poñan na túa pel. non é aprobación, é algo máis grande que non sei definir. e ás veces, quen menos esperas, enténdete mellor que calquera dos teus amig@s ou familiares.
chuzame -

o soño e a realidade mestúranse... chorei con tanta dor e tantas ganas que secaba o Sil. un funeral e era a min a quen lle daban o pésame... meus pais, miña irmá, todos... todos agás @s ían dentro da caixa. e eu preguntando unha e outra vez por qué... inmesamente triste... e miña nai repetíndome unha e outra vez que son moito máis forte do que se ve e todos pensan. baleirarme... deixar atrás para sempre. a c a b o u s e
aquela noite estaba triste. cando espertei pola mañá tiña tanta paz dentro que non houbo quen me roubase o sorriso nunha semana.
enterrei o pasado... os medos, desfíxenme das vellas feridas, de pantamas e evitei caer no mesmo foxo que hai dous anos... ser xusta. non volvo regalar sorrisos derrite-icebergs a calquera, hai que gañalos.
seino, podo sentilo... prómixa estación: Roma
chuzame -

xa sei que só foi un segundo, que eu ía borracha, que estábamos con compañía, xa sei que eu alí non pintaba nada, que cortou o pelo, que se me pasou, que non me fixei ata xusto antes de saír... que me agarrei das súas mans, que non mirei así a ninguén na miña vida... con tanta tenrura... saime un sorriso de fondo da alma. puro, purísimo, como un diamante en bruto. sorriso improvisado, casual... saíume da alma como me saiu collerlle as mans... sen premeditación, sen alevosía, sen consentimento... con confianza. pura e dura sinceridade. fíxome sorrir e eu fun un lóstrego e atravesa de norte a sur as súas costas... ten un uns ollos que sei que xamais que me negarán cos beizos... ten a mirada tan libre que brilla... esa liberdade, sen sequera chegar a tocala, faime mellor persoa. unha canción por banda sonora. voume achegando, como o caracol. a pasiños pequenos, lentos, pero tan firmes e seguros que xa hai nada volta atrás. quen me ofrece algo mellor? Q U E N ?
hoxe volvín a ser Grace Kelly sen darme conta, vestida de vaqueiros e zapatillas vellas.
... e non imaxinas a ganas que teño de que saibas que me estás salvando a vida...
chuzame -

a coincidencia. mira quen está aí... díxome Ro polo baixo. sorrío, levaba meses agardando por esta noite... estamos na Praza das Mercedes e a xente vai e vén como un río. todo é igual que no meu soño, pero esta vez non se transforman en monos. nós entramos no Underground. a súa pandilla no Face. estou tranquila, habemos volver coincidir no Badulake. hora e media máis tarde alí estamos baixo as luces, a música, o fume. eu non podo deixar de sorrir. leva unha gravata negra delgadiña... vaille falar... anímame Ro. pero eu sei que non é o momento, aínda non. era a noite das miradas que van e veñen. os "quero que me biques" non pronunciados. remato a derradeira copa da noite e deixo que a música se apodere do meu corpo. falo cas nenas, rímonos. e eu sei que me está mirar. case podo sentilo. como se de súpeto descubrise que existo. a miña alegría engancha... e eu quero que se enganche. vou para o baño e un movemento estudiado, lento e saboreado rozo o meu brazo co seu... a cámara lenta. suave, suave... cando volvo do baño, vexo que marcha. está triste, non sei que lle pasa... non son capaz de reaccionar. lémbrome da última vez que pasei por aquela rúa coa música atronando na miña cabeza, estaba no chan, falando por teléfono e cunha mirada tan triste que... pero que lle pasa? a curiosidade cómeme. lembro que pensei no boa persoa que debe ser. esas cousas nótanse, eu nótoas... volvo dos meus pensamentos. vexo como sae pola porta do local. canto tardei eu en saír detrás? nin rastro, vou correndo ata a praza maior... nada. intento adiviñar por arte de maxia onde vive. iría detrás e como eu estou o suficientemente tola preguntaríalle sen dubidar por que estás triste? só iso...
onte tiven a (absurda?) seguridade de que eu podía sacarlle aquela tristeza dos ollos... e namorei desa sensación.
chuzame -

déixate levar
a peza do quebracabezas que me faltaba. abriume os ollos e puiden velo nun segundo. telo tan claro. ese algo que sempre me faltaba... e chego a casa, déixome levar, encendo o portátil, déixome levar, e meto no google as palabras máxica e voilà ...!
"No es mi intención abandonar este blog, lo que ha sucedido es que no he tenido tiempo para sentarme a escribir.
Tiempo para pararme a pensar en todo, tiempo para soñar cosas imposibles, al menos 5 minutos. Nada de eso, he vivido unos días demasiado intensos, han sucedido cosas que debería pararme a pensar, pero esta vez no, no voy hacer nada de eso.
Esta vez, pienso dejarme llevar y no voy a reflexionar, no voy a analizarme, y no voy a buscar justificaciones de los hechos. Esta vez ha llegado el momento de vivir el momento, creo que para pasar página tengo que empezar por dejarme llevar.
Hoy no voy a buscar "un por qué si", ni "un por qué no" a nada, no, al menos hoy no.
Considero que después de todo lo que he pasado en estos últimos años me merezco dejarme llevar. Pensar en mí al menos solo un día.... o dos??
Y qué agradable esa sensación de olvidarse de todos los problemas, obstáculos y ....
dejarse llevar.
Exprimir el momento y no importarte otros anteriores.....
Saborear esa compañía, escuchar, ser escuchado, quedarse en silencio, reir, jugar al juego de las miradas, ese que lleva a un mundo de sensaciones agradables..."
...vai sendo hora de montar nestoutro Dragon
chuzame -

Rúa de Santo Domingo. Ro vai diante coa súa bici e eu detrás ca miña, con tino de non atropelar ningún neno. a temperatura é perfecta, o grao de humidade, a luz iluminando a todos, enchéndonos de vida. é un dos meus soños de nena, andar en bici polo zona vella da miña Atenas. e xusto nese intre, nunha esquina, uns ollos que coñezo de sobra, uns brazos que marcaron a miña vida sen eu pedilo e o silencio de quen sabe calar e dicilo todo cunha mirada. o meu pasado feito presente. non me lembrei de nada. nin un só recordo. ata tiven que facer o esforzo para recoñecer... levo a camiseta vella de Dover de Catu, un pantalón de chándal gastado, o pelo recollido. a rabia de saber que aparento ser unha nena cando xa non o son. e odio que me vexa así... son un cisne. quédome con eses segundos nos que me sigue cos ollos...
que? agora xa sabes quen son, non?
chuzame -

o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez... pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa... está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada... e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise... coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1... e sinto como o círculo se pecha... todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min... memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar... ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.
e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira... e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba...
chuzame -

Chorima levoume a ver a súa exposición. e cando chegamos á altura deste cadro sentín como algo estralaba no meu peito. esa mirada... ao momento pensei nela. asaltáronme millóns de recordos... e por un momento xuraría que tiven os seus ollos perante min, os seus ollos cando estaba triste ou preocupada por algo. a mesma néboa no iris... naquel filme dicían que "Deus está na chuvia". pero eu vin a Deus nos seus olliños...
si, as miradas dino todo. se fose artista adicaríame a pintar miradas para non ter que vivir lembrándoas cando xa non están.
chuzame -

medo. de golpe. esa punzada no medio do peito. sentir que "isto" se me vai das mans... auga e nada máis. e medo ao lonxe... os medos do Rei que tamén chegan ata min, dá igual os quilómetros, podo sentilo, créalo ou non. avoas en hospitais, a morte rondando. avisando? ese desacougo é inconfundible. abrazarme á nada, ao silencio e botalo fóra. non entender. que hai que entender? déixao estar, non o toques, non te resistas... e durmo acubillada nun aroma que xa forma parte de min. sentimentos mesturados, atopados. perder o norte por momentos, a miña brúxula desorientouse. vólvome un lobishome, mordo, rabuño... e descubrir que só hai unha persoa que pode calmalo.
e asustarme máis...
chuzame -

volver a casa como quen volve á infancia. estás guapa. é o primeiro que me solta miña nai nada máis entrar pola porta. e eu caio na conta de que estou coas mesmas pintas de sempre, despeinada e medio durmida. quieta, parada, sen chegar a comprender moi ben que ve ela que eu non vexo. doulle un bico sorrindo e marcho saudar a Catu. nin que estiveses namorada... susurra baixiño mentres eu saio da cociña. e sen motivo o corazón ponse a bombear coma un tolo. Catu e as súas bromas. e esa mirada sincera.... estás guapa. e flipo, agora si que flipo. boh, iso é porque me botaches de menos. escapo nerviosa disimulando mellor que ninguén. papi, a que está guapa? directa pro meu cuarto a desfacer a maleta mentres el lle dá a razón. poño caretos no espello. ríome eu soa, que marabilla volver e que che digan que estás divina aínda que, en realidade, vaias feita unha merdiña (polos exames). que fas? miña nai cáchame. outra vez son un tomatiño feliz. e como sempre desordeno o meu cuarto que só está civilizado cando eu non estou. mira que se mami vai ter razón..., co transparente que son eu...
chuzame -

volta pra un lado. volta pra outro. o reloxo marca as oito cando abro os ollos. e voume ata casa. miña nai hoxe non traballa e aínda está na cama. collo un xersei armario porque vai frío e vou camiñando ata o hospital pola Praza maior, a rúa do Perigo, o Posío e en tres minutos máis chego. renego do ascensor e subo ata a sétima andando. a porta da 718 outra vez. entro calada e íspome. veñen a pincharme. veñen a levarme. imaxes que non son miñas, roubeillas ao meu pai, mesturadas con outras sobre as que tampouco teño dereitos. prefiro as guerras nas que son soldado a aquelas nas que só son espectadora. mestúranse as imaxes na miña cabeza. recordos. estou soñando, seino. pero sinto como me atravesa o bisturí. e non sei porqué estou a sorrir. e canto, como aquela que vez que subín no Dragón.
y voy a respirar, TE voy a respirar, y nada podrá matar la voz de mi locura
e voume do meu corpo. non me ven? invisible. mais eu tampouco me vexo. non todo está marcado e escrito, as cartas equivócaronse. pasan as horas e pra min non pasou nada de tempo. déixome respirar por todos e por ningún. sinfonía de corazóns latendo automaticamente, como a luz do faro que se encende e se apaga. palabras susurradas, pensadas e nunca pronunciadas. vai sendo de que volvas e eu tamén. un home mírame sorrindo cos ollos. moito me gustan as persoas que sorrín así. pero eu non entendo nada. volver a onde? e turra por min mentres rematamos de cruzar aquela porta de vidros difumilados. e un letreiro, QUIRÓFANO. non entendo, a onde me levas? e vexo pasar unha padiola co meu pai máis pálido do normal e lanzándolle bicos a todo o mundo. miña nai vai detrás empurrando tamén. e vexo a Catu e Aultre Narai asomadas pola porta que acabamos de cruzar. lévano á sala do espertar, di miña nai con sorriso de alivio. feliz. o home cólleme cara adiante, veña, moza, que imos chegar tarde. sigo confusa, é un soño, un recordo, ou que? e paro en seco. pero quen es? e mírame e nega cabeza. veña vamos, agora sei que volverei ver o mar.
custáme espertar. levo horas durmindo, como anestesiada e drogada. e Eli aínda non se ergueu? chegan ata min as voces de Pau e Evita na cociña. botar outra media hora para abrir os ollos. estou boca arriba, cústame moverme, semella que levo anos a durmir. vou directa pra ducha. moito me gusta estar coa cabeza baixo o chorro... cámbiome. son as dúas e vinte, é moi raro, non teño nada de fame. paso pola cociña, ei, tes mala cara. nin me inmuto, é que durmín mal... recollo un pouco o cuarto. hai un vulto baixo as mantas. abro e... o xersei.
e agora podes crer o que queiras, dáme igual.
chuzame -

páraseme o corazón. as 20:14, o u2 aínda non chegou. paseo dun lado pra outro tarareando algunha canción. non hai ninguén máis na parada da fft. noite. e ese olor... outra vez. como se dixese úleme, búscame e completa a serie. pecho os ollos inconscientemente. alucinacións miñas. e vou dun lado pra outro e xusto aí... ese olor, non olor, porque é algo máis ca un olor. aroma? quizais, pero creo que máis. pechar os ollos sen darme conta. suspirar con forza mentres noto como ese olor inunda todo o meu ser ser dende a cabeza ata as puntas das dedas. andar dun lado pra outro e aí, onde é imposible que estea, sinto que está aí. e algo se tensa e se rompe tensa. outro sismo e ninguén está comigo pra ver como treme o chan baixo os meus pés.
chuzame -

hai quen ten irmáns. hai fillos únicos que queren aos seus amigos como se fosen do seu propio sangue. pero imaxina que catro células microscópicas se namoran á vez, dúas parellas perfectas. nacer xuntas e ser unha casualidade. imaxina o que é sentir que ao teu lado sempre hai alguén, vivindo e respirando igual ca ti esteas onde esteas e fagas o que fagas. medrar á vez que ela, non hai nada tan grande e tan marabilloso nesta vida. xuntas dende sempre e para sempre. completamente distintas, pero por dentro tan parecidas... (as apariencias enganan). ela é a miña verdade, o principio de todo o que eu son. inexplicable, máxico, real. todo o que fun, todo o que son e serei, todo está nos seus ollos. preguntádelle a ela. preguntádeme a min por ela. vivir en sincronía, ás veces a tempo, outras a destempo. querernos máis alá do sangue, do amor, da vida, de todo e todos. sen ela eu non sería como son...
non, non te confundas, ela non é a miña irmá xemelga, ela non é a miña amiga... ELA é a miña vida dende hai 23 anos. feliz aniversario Catu
chuzame -

cabalos diante da facultade. os derradeiros raios de sol. cabalos salvaxes, ceibes, libres, ata os coches lles paran... os verdadeiros donos e señores do cuvi. unha nai coa súa filla, unha egua noviña. segue os seus pasos sen dubidar. e eu sorrío, idiota, estúpida e feliz. cansa de estar arriba todo o día. e imaxino que eu son unha susurrudora de cabalos. que me achego, que se fía de min e escoita os meus segredos... os animais non necesitan de palabras para ter certezas. abóndalles co instinto e os ollos.
non mintas, sei que podes sentilo.
chuzame -
pasa que te cruzas todos os días con elas. as que fan barullo ao fondo da clase. sempre rindo. e miras cara atrás cunha mestura de envexa e curiosidade. e así durante anos. ata que un día de casualidade, por terceiros, cruzas un par de palabras tímidas. e o resto xa non me lembro. sempre resoan risas na miña cabeza tola. tíñalas diante, pero non as vías. e aquí estamos pras duras e pras maduras.
chuzame -

