basado en feitos reais

e dende fóra véseche tan vulnerable
(iso é porque me encanta que me miren con tenrura, para que mentir?)
chuzame -

O instinto. Hai quen sabe usalo, hai quen non. Pitido de orellas, o meu sentido arácnido afinado e listo como un detector de metais. Non sei porque se puxo a falar comigo. Incredulidade pola miña parte. Preséntaseme para a miña sorpresa. Entre a música alta e o alcohol que debe levar en sangue cústame entenderlle. Aproveitou a escusa para achegarse máis, tamén axudou que me sacaba dúas cabezas, repetir o seu nome mentres case me bica a orella. Eu sorrío inxenua. Non, non pode ser... Pero cando pitan os oídos é por algo. Contoume que acaba de abrir negocio propio e que ía camiño dos 30 sen complexos. Foi divertido porque ao día seguinte e coa resaca evitaría lembrarse de porque veu a min… Mentirnos a nós mesmos é fácil que mentir ao resto do mundo. Ademais, había quen xa estaba agardando polos seus beizos con impaciencia.
O bo desta little town é que cando coincides con alguén unha vez sempre repites, e quedei coas ganas de certificar unha cousa.
chuzame -
fai un ano… (a vertixe do tempo)

"o derradeiro sorriso. sorríchesme... papá e mamá alí detrás falando de non sei que cousas. onte, no hospital, e o tempo detense, estírase como unha goma xigante. había néboa nos teus ollos, e sen darte conta tatuabas ese sorriso na miña alma. para sempre. foi o teu regalo de despedida? miña avoa, miña velliña, quen me contará agora contos de cando eras nena e corrías libre monte arriba, rodeada de animais? a quen lle vou dicir que o mozo de Catu ten moitas vacas? ti sabías que este conto que foi a túa vida chegaba ao seu fin... esas cousas sempre se saben e os teus ollos que confesáronmo"
isto escribino o xoves... aquela noite... e hoxe? hoxe xa pasou unha semana. ti non estás e é como se eu fose un caracol á que lle arrincaron a súa cuncha... sempre estabas, sempre protexías. e eu non me daba conta. chegaba con que existises, con saber que estabas. como o latexo do corazón, ese movemento inocente que fai que sigamos vivos. e hoxe soñei que volvías estar mal... outra vez no hospital, outra vez verte así... a min hai unha semana que se me parou o corazón cando chamou papá para dicir que xa morreras. nervioso, confuso, doído. e eu camiñando por Ourense nunha nube... o mundo seguía. semellaba que nada cambiara. a xente vivindo as súas vidas, alleos a todo o que eu sentía. ese mismo día soñei que tiña unha vespa e que te levaba de paseo por toda A Peroxa, e que facíamos unha festa en casa, porque non morreras... sabes? quérote moito máis do que cría... SI, moito máis. perdoa por tardar tanto en dicircho, creo que xa o sabías. a min esas cousas nótanseme nos ollos. teño medo... eu nos teus ollos víame, sabía quen era. agora teño que volver a aprender sen ese espello. ollándote aprendín a descubrir o que hai en min. cústame dicirche adeus... cústame... porque para min segues vivindo, doutra maneira, agora podo contarche cousas que antes nunca terías entendido. e non me dá a gana de dicirche adeus... non sei se fago ben ou mal. só sei que non quero perderte. dende o sábado durmo con aquel mantón azul que era teu... parezo idiota. non podo evitalo. non o controlo. e o medo a desaproveitar a vida... outra vez tócame ser valente, pero hoxe estaba cansa. necesito parar o tempo e volver a ser a de sempre.
abril de 2007
chuzame -

vouche dar un consello: mira sempre dentro de ti, canto teñas dúbidas e non saibas cara onde ir, fai caso sempre ao teu corazón, el saberá guiarte polo camiño correcto. vin como te mira... e tamén vin como miras ti... non teñas medo, nunca ninguén dixo que fose fácil, pero se non o intentas nunca saberás que podería ter pasado. o amor xorde, na maior parte dos casos, onde menos o esperas.
ata xuraría que M se deu conta de como me quedei apapostiada mirando... de como os meus ollos van detrás como un arqueólogo que persigue o tesouro dentro da pirámide. cando non me dou conta, cando non se dá conta. e busco e busco e non sei o que busco. e atopo. outra vez como cando estiven na Capela Sixtina. ou será que estou soñando e aínda non espertei? ou será que sigo alcolizada? será que levo tanto tempo contando contos que xamais pensei que eu puidera vivir un?
non sei, e sigo tan descololacada..., pero o tempo parouse nalgún momento da noite do venres... un imán para os meus ollos.
xamais pensei que a realidade puidese ser máis bonita que un soño, que os contos que escribín.
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais pensei que me fose a asustar tanto...
chuzame -

creo que o descubrin cando tiña nove anos, noite que morreu meu avó paterno. ou máis ben foi miña nai, cando non quixo ocultarnos a verdade á miña irmá e a min... Álvaro, non podes enganalas, a vida é así. eu xa sabía que nos ía dicir que o avó acababa de deixarnos. xa o sabía, porque aínda que non o vira, si que o sentira ainda sen estar presente. eu só era unha cría, inocente e indefensa, completamente indefensa e vulnerable. pero xa non. agora xa non. estiven nós infernos e volvín, perdín soños, perdín anos de vida, fixénme dano, fixen dano, caín. NON VIVIR, estar en coma é moito peor ca estar dentro dunha caixa. ninguén pode fuxir da vida, do mesmo xeito que ninguén pode fuxir da morte. parece contradictorio, pero non o é. pode gustar ou non, pero é o que hai. o bo dá vida é que ás veces dá segundas oportunidades. certo é que non podes desfacer o que xa viviches, pero si que podes cambiar o mundo cun só sorriso. a resurrección é un proceso lento, require tempo e paciencia como unha partida de xadrez. e ter a forza de vontade suficiente para cumprir as promesas que te fas diante do espello. xurei que por riba de todo, por riba de todos os que quero e me importan nesta vida, xurei que o día que me enterren será cun sorriso de orella a orella. que dá igual que ese día é mañá, dentro dunha semana, ou dentro de 60 anos. que pase o que pase e que por riba de todas as cousas vou VIVIR. e vivir tal e como entendo eu implica non fuxir aínda que teñas medo, aínda que todo sexa novo. confíar sempre no meu corazón que é o único que xamais me mentiu. a razón é estúpida, fria, está maleducada con tanta merda que nos meteron no colexio. o corazón non, é puro, é listo, é sabio. é forte, honesto e ten calma e paciencia.
o único que sei é que ninguén pode protexernos da vida... nin sequera nosos pais... e o mellor que podemos facer é confiar en nós e vivila. non sei onde vou estar dentro dun ano. non teño nin a máis mínima idea. nin sequera sei que vou estar facendo coa miña vida... e que? tanto importa? non se pode planificar a vida... é unha egua salvaxe demasiado bonita como para atala. o que si sei é onde vou estar dentro de dez días.
non son un león covarde.
chuzame -

REGALO OU VENDO CAIXA DE 11 PRESERVATIVOS CONTROL ADAPTA
interesad@s deixen comentario aquí, por favor.
(non, non estou de broma)
chuzame -

creo que teño unha contractura nas costas de axudar onte a Nuria. caixas e todo para o maleteiro, por algo na miña familia a enxeñeira de maleteros son eu. a miña fobia aos ascensores segue aí, máis que unha fobia eu diría que é unha forma que ten o meu corpo de queixarse, unha pequena vinganza. os recordos veñen a min. ando débil, e rebento.
chuzame -

Detalles del mensaje:
Para: Osiria
Enviado:
22:59:18
21/01/2008
“en el momento de máxima oscuridad d la noche es cuando aparecen los primeros rayos de sol” outra das cousas bonitas q m ensinaches. sinto non ter estado hoxe aí… é bo saber q somos moitos cuidando de ti!descansa, esta noite teus pais andan a bailar tangos en Bos Aires. 1 abrazo moi forte!
________________________________________________
Detalles del mensaje
Remitente: Osiria
Recibido:
18:11:14
30/01/2008
me encantó tu último mensaje. ahora ya sabes para qué sirvió tu enfermedad
________________________________________________
Detalles del mensaje
Para: Osiria
Enviado:
19:54:01
30/01/2008
gracias a ti x quererm kndo menos o merecia, iso foi o que me curou xD mañá marcho pa Ou, xa nos vemos n biblio se vas. moito ánimo!
chuzame -
Teño unha teoría segundo a cal cada vez que fas unha elección importante, a parte de ti que se queda continúa a outra vida que poderías ter vivido...
case me dá un infarto cando lin esta frase. é o resumo destes seis anos da miña vida. hai cousas que o corazón sempre sabe antes que a cabeza.
chuzame -









