as miñas nenas


as miñas nenas and basado en feitos reais and family woman24 Mai 2008 12:05 a.m.

 

Hola, necesito que me traduzcas este poema, es para las unidades, ya sabes. Este fin de semana voy a la biblio, espero verte, nos vemos y gracias por la traducción. Cómo sé que me lo vas a preguntar, su autor es un ruso y se llamaba Osip Maldestan y esta obra, El Siglo es suya. Muchos besos y pórtateme bien. Jo, que cambio, hemos pasado de anímarte a “cuidado con lo que haces”, que por cierto me gusta mucho más. Bueno, lo dicho, besos y hasta el finde.

A deusa de bronce, señora do mago.

as miñas nenas and basado en feitos reais24 Feb 2008 10:36 p.m.

creo que teño unha contractura nas costas de axudar onte a Nuria. caixas e todo para o maleteiro, por algo na miña familia a enxeñeira de maleteros son eu. a miña fobia aos ascensores segue aí, máis que unha fobia eu diría que é unha forma que ten o meu corpo de queixarse, unha pequena vinganza. os recordos veñen a min. ando débil, e rebento.

as miñas nenas and basado en feitos reais08 Feb 2008 06:55 p.m.

porque será que os anxos case nunca saben que son anxos?

as miñas nenas and basado en feitos reais01 Feb 2008 11:14 p.m.

Detalles del mensaje:

Para: Osiria

Enviado:

22:59:18

21/01/2008
“en el momento de máxima oscuridad d la noche es cuando aparecen los primeros rayos de sol” outra das cousas bonitas q m ensinaches. sinto non ter estado hoxe aí… é bo saber q somos moitos cuidando de ti!descansa, esta noite teus pais andan a bailar tangos en Bos Aires. 1 abrazo moi forte!
________________________________________________

Detalles del mensaje

Remitente: Osiria

Recibido:

18:11:14

30/01/2008

me encantó tu último mensaje. ahora ya sabes para qué sirvió tu enfermedad
________________________________________________

Detalles del mensaje

Para: Osiria

Enviado:

19:54:01

30/01/2008

gracias a ti x quererm kndo menos o merecia, iso foi o que me curou xD mañá marcho pa Ou, xa nos vemos n biblio se vas. moito ánimo!

as miñas nenas and basado en feitos reais and de esmorga15 Ago 2007 01:39 a.m.

dscn7430.JPG
baixo unha nube de po…

dscn7407.JPG

enfermeiras, xornalista e futura tradutora

dscn7409.JPG

ains, que bunitos is the love! vivan os “castores”!!

dscn7410.JPG

flequillos al poder!

dscn7411.JPG

son un alien!

dscn7417.JPG

entre concerto e concerto, mini-botellón na zona de acampada

dscn7418.JPG

ai Ro, que escaralladiña me andas! e iso que aínda non tes os 22!

dscn7421.JPG

mi má que caretos… xa paso de comentar nada!!!

dscn7423.JPG

resaca na piscina (cacho pandeiro teño!)

dscn7427.JPG
as raíñas do tenderete!

dscn7432.JPG

fenómeno!

as miñas nenas and de esmorga and saudade10 Mai 2007 12:19 a.m.

mmmm… pequena, non te resistas ao poder do Lado Escuro!

100_2408.jpg
“me tienes tan fa fa fa fascinadoooo…”

100_2410.jpg

a miña outra irmá!
100_2422.jpg

pura adoración

100_2478.jpg
un dos mellores días da miña vida…

[Fotos de San Pepe]

as miñas nenas and casualidades and de esmorga and miradas06 Mai 2007 09:36 p.m.


o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez… pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa… está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada… e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise… coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1… e sinto como o círculo se pecha… todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min… memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar… ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.

e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira… e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba…

amor escríbese con H and arroutadas and as miñas nenas and de esmorga25 Mar 2007 10:23 p.m.

tiña sede… e bebín. BEBIMOS a vida de tal maneira… rendirlle culto a Baco. as horas pasando e nós sen sentilo. rir. vingarnos a sangue frío do inxusto deste ano. tamén bebín da boca daquel mozo delgadiño… como se me fose a vida niso. como se nada máis importase ou existise. ata que canso e fuxo mexar de monte. cedeu o corazón e o corpo, firmaron unha tregua silenciosa. vivo coa maldición de non saborear nunca os beizos que desexo, vivir regalando bicos que xa teñen a quen pertencer.  e fuxir a bailar. unha vez máis, como casamenteira non teño prezo. o alcohol facendo das súas, o que fumei tamén. notar como o espacio e o tempo deixan de existir. e outra vez a mirada que me delata. é dá igual. non me importa, os pés sempre espidos. ver como a marea sube e baixa. vén cara min, afástase. nese intre vénseme á excursión de 2º da eso en Sevilla, aquela tarde nun parque temático, aquela atracción que xeraba unha ola artificialmente. ver como a xente se tapa con chuvasqueiros e sorrín. eu non me tapo, fai moita calor. vexo vir a ola contra nós. véxoa vir e o corazón acelérase. rompe contra nós e a xente fuxe. móllame a cara, os beizos, o peito. e síntome no ceo… miro cara atrás e vexo que todos fuxiron agás eu… sorrío. outra vez no sanpepe, pero esta vez a ola non chega a min, para xusto antes de facelo, a canto? un centímetro? cinco? e o corazón sáeme pola boca. inevitable, e non sei se son a persoa máis lúcida de todo sanpepe ou a máis ida…

as miñas nenas and family woman24 Feb 2007 04:17 p.m.

 

a gripe pasándolle factura. a voz de ultratumba, ollos achinados, tos, mocos, febre. vexetar. consulta ás seis menos cuarto e alí cruzámonos co amor da miña vida, que vai con muletas e se chama Daniel (sóubeno cando chamou por el o médico). penicilina para a súa gorxa e de ruta pola farmacia. vexetar diante do televisor. mirar a febre. unha sopa que se nos espesou. cine vía portátil. cear e vexetar con Grey. durmir dun tirón ata as 4 e pico que abro un ollo e coa luz do móbil véxoa na penumbra, sentada na cama tremendo e moqueando. 39 de febre, outro termalgin e agardar esperta mentres leo ata as cinco pra porlle o termómetro. se non lle baixa lévoma a urxencias. báixalle. durmir, soñar con mil vidas. ela reméxese menos na cama e eu inconscientemente levo a man ata a súa cabeza para comprobar que tamén descansa. foi como cando de pequenas Catu e eu aínda durmíamos no mesmo cuarto e eu vixiaba o seu sono cando enfermaba. moito me gusta cando os meus me deixan coidalos e mimalos.

creo que teño máis futuro de enfermeira ca de tradutora…

as miñas nenas and basado en feitos reais15 Feb 2007 01:46 a.m.

entonei o fa-fa-fa fascinado sen darme conta. camisas brancas, gravata negra, antireflexantes (polas gafas), o sorriso soñando coa lúa de valencia, catro flashes e máis risas. a imaxe parada no tempo, realmente dende fóra venme así? a xente maqueada demais, máscaras de mentira e eu sen entender; que eu saiba o entroido só comezou na limia. e alá van as fotos pra orla. despedirme sen despedirme, se ti soubeses. unha profesora que é unha friki, e paréceme un milagre polo que só me falta poñerlle unha vela a san antón. unha piscina anti-estrés de canicas e unha taza molona. non, non foron regalos por culpa del. pasear e bla bla bla. rúas que descoñecía, tendas de segunda man, o paraíso das pequenas cousas que foron doutros. ter un dejá vu mentres pecho os ollos para seguir falando. só son tímida cando sinto a vertixe na boca do estómago. eliminar toxinas facendo aerobic mental.

pode que non a vexas se non te fixas, pero a canica está aí. e non é cousa de agora. quen xogará comigo?

arroutadas and as miñas nenas26 Xan 2007 10:42 p.m.

fai un ano

teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver

e volverei

amor escríbese con H and as miñas nenas and basado en feitos reais20 Xan 2007 03:46 p.m.

a túa man sempre buscaba a miña. palma contra palma no medio da noite. marcha, festa, ruido, xente. ese arrepío da man ao peito… o tacto suave. taquicardia. sentidos que eu descoñecía espertando dun coma profundo. non sei, non entendo, non atendo. case non son quen de respirar. lume entre esas dúas mans. deixábame levar, non podía facer outra cousa, tiña o Paraíso entre os meus dedos (a túa alma)… facíamos o amor con aquelas mans, en silencio, con todo o tempo do universo. diante de todos

volvo do pasado, de algo que morreu hai moito.  esta historia non é a miña, pero podía selo. amar sen un só bico por medio. tan preto que queima. non hai nada máis puro. querendo cruzar a liña prohibida que o cambia todo. soñar con facer paracaidismo sen paracaídas e ser por unha vez kamikace namorada. ela segue de pé, non quere marchar. esa mirada que di  que non está aquí, de viaxe polas reminiscencias de imaxes e olores na súa retina. e eu miro dende fóra como quen atopa unha casa na praia: portas e fiestras abertas. a luz entrando e saíndo, o mar susurrando unha canción. un conto que eu creo que non ten fin. o seu.

e seguir camiñando, próxima estación: Esperanza.

as miñas nenas and basado en feitos reais18 Xan 2007 01:14 a.m.

 elisilla.jpg

“terán que partirme a cara para que deixe de sorrir”

a mirada confiada, o sorriso pícaro querendo asomar, a certeza a b s o l u t a, a verdade, unha mentira piadosa e o tempo parado e atracado á saída do banco nunha milésima de segundo. ai, e non te dás conta…

[magosto da FFT, novembro 2006]

adolescencia tardía and as miñas nenas and basado en feitos reais10 Xan 2007 01:19 a.m.

 

custoume subir, non o imaxinas. e aínda teño que mirar as notas de decembro

un colacao que case me sae polo nariz. son unha nena pequena, son pillabana. picar e que me piquen. e síntome outra vez a gusto en Vigo. óptica vai, óptica vén. dúas horas dentro dunha; proba, quita, pon, quédanche ben aínda que non queiras… un tipo moi “majo” que lle gradúa a vista. pouca miopía e que case merque unhas. un pincho de tortilla e pra casa camiñando. volver

aviso: que ninguén me pregunte o que quero porque vou mentir vilmente…

as miñas nenas04 Dec 2006 11:33 p.m.

eu esperaba polo luns coma un enfermo que agarda polo súa transfusión de sangue. clases, traballo e fuxir cara un mundo reservado para uns poucos. pintar o parvo entre as tres, mellor que ninguén. despois metidas alí dentro. choveu, pero eu xuraría que hoxe volveu saír o sol. metidas no coche fantástico e música a tope. leite no maletero, o neumático que me enganou. ganas de festa. rebentar a rir (aínda non sei como non nos matamos!!!)
subidón         subidón         subidón       subidón         subidón         subidón          subidón!!!!

a baixada, a chuvia, a música, o bum bum do corazón. outra vez volvo a andar subida no Dragón. como cando o avión despega. karaoke. dime que escoitas e direiche o que desexas. praza américa. a primeiros de mes todo quisque a pagar. nunha óptica queren vendernos as de bartolo … ¬¬  será que nos viu cara de parvas?? eu que non acabo de deixar que saia a miña Audrey interior, ela que non se ve con elas. ás veces só é cuestión de probar.

un día dos que che agrandan a alma

as miñas nenas and basado en feitos reais29 Nov 2006 09:25 p.m.

ás seis esperto. durmín mal. soño e logo non me lembro. ducha, o abrazo da toalla quentiña pola calefacción. mmmmmmm. volvo ser muller outro mes máis. cousas das que me esquezo. bus, a dous quilómetros deíxanos tirados. un té para almorzar. son as nove. chupar biblioteca. descentrada. un coffee con Chorima, falar e rir. todo e nada. anécdotas e sorrisos. mirar aos ollos. clases. encomenda. comer rápido. biblioteca. baixar. sweet home, Alabama.

non te fies, non todo son apariencias…

as miñas nenas and delirando and family woman27 Nov 2006 10:32 p.m.

xúrome que non vou volver probar o l.c. nunca máis. e o estómago revólvese furioso mentres eu, máis pequena do habitual e anicada sobre a taza do váter fago malabarismos pra non expulsalo a el tamén. a boca aberta, os ollos pechados, veleno saíndo do meu corpo, a comida de todo o domingo. bágoas polo esforzo sen que chame por elas. suor frío, tremer coma un vimbio, os meus brazos firmes botando raíces na taza, aguantando a cabeza. e penso no pouco que valoramos a saúde, ata que a perdemos. no mal que o debeu pasar meu pai, digan o que digan ninguén estivo na súa pel, só el sabe as que pasou. e penso no que me gustaría que miña nai estivese comigo, aguantándome a cabeza mentres boto os fígados pola boca, ou facéndome algunha sopiña mentres eu durmo tirada no sofá para recuperarme. e que aínda que hoxe non estea aquí só teño que coller o teléfono pra falar con ela.

á novena o corpo fica baleiro e volve a paz. métome en cama esgotada. non fuches xusto... murmuro en voz baixa antes de que Morfeo me coide.

as cousas das que menos falamos son as que máis doen

as miñas nenas and basado en feitos reais23 Nov 2006 08:05 p.m.

colgada do teléfono, bla bla bla. analizar, supoñer, soñar, intuir, ansiar… odio falar por teléfono, aínda que ás veces, non queda outra. e ata parece que teño a Ro aquí comigo, sentada na miña cama e mírandome fixamente. e ti que queres? silencio. a luz do flexo, a habitación en penumbra, estou cómoda, ben. tranquila e en paz. e as palabras saen da miña boca limpas e cristalinas. coma un raio de sol despois da tormenta. voz serena, equibrio perfecto. xa o dixeches ti todo. e eu sorrío polo teléfono. sempre teño medo de dicir as cousas en voz alta porque todo se define e volve real.

e non sei se me vas crer ou non, pero esta mañá vin o raio verde

as miñas nenas31 Out 2006 06:55 p.m.

 

por fin chegou o luns e xa había moito que non esperaba así por un. hai cousas que é mellor comprobalas cos propios ollos. papeleos, apuntes, matrícula. comer as tres noutra facultade. rir é a cura de todas as enfermidades da alma. visto e non visto. un bus que non é o meu. e volver a agardar outros 7 días. será o (seu) regreso.

Páxina seguinte »