adolescencia tardía


adolescencia tardía and family woman04 Feb 2008 09:15 am

 

─ A ver cando deixas de comportarte como unha nena …

─ Pero Mamá, como queres que sexa se só me tratas como a unha nena de tres anos????

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and basado en feitos reais01 Feb 2008 01:06 am

Teño unha teoría segundo a cal cada vez que fas unha elección importante, a parte de ti que se queda continúa a outra vida que poderías ter vivido...

case me dá un infarto cando lin esta frase. é o resumo destes seis anos da miña vida. hai cousas que o corazón sempre sabe antes que a cabeza.

 

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía04 Xan 2008 02:12 am

non será hoxe, nin mañá, nin pasado, pero algún día aparecerá alguén que me ensine onde acaba a nena e onde empeza a muller...

creo que agora entendo moitas cousas.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and amor escríbese con H and arroutadas27 Dec 2007 02:41 pm

agora mesmo daría toda a miña vida por ser a túa sombra e andar toda a vida pegada a ti. daríao todo. o que teño e o que non teño.

sen ti, pero contigo...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and amor escríbese con H23 Nov 2007 01:20 am

 

de perdidos ao río. e iso que significa? deixar de darlles voltas ás cousas, lanzarse de cabeza á piscina sen mirar se é verdadeira ou só un debuxo no chan. aguantar a mirada. sinto como me tremen as pernas, a cabeza dá voltas tan rápido que me vou marear. e non podo nin quero nin sei como apartarme deses ollos que me miran curiosos. a un metro de distancia. pérdome neles e son incapaz de dicir unha soa frase con xeito porque nese intante non me importaría morrer. só por eses ollazos. facer o ridículo máis grande da miña vida e vivir para contalo cun sorriso.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and íntimo e persoal09 Set 2007 07:12 pm

ultimamente non me atopo cando me miro no espello. e por momentos síntome como esa peza do quebracabezas que non sabes onde encaixa... e vivo tendo a impresión de que todo é cuestión de fe. móvome por areas movedizas e do único do que reamente teño ganas é de facer a maior tolería da miña vida, tirarme á piscina de cabeza e cos ollos pechados, ir a un concerto o próximo sábado. sinto que teño moitos menos anos dos que teño, como se recuperase esa adolescencia que non souben aproveitar ben. véxome pequena, inmadura... non vexo unha muller cando me miro no espello, só vexo a cría dun oso panda nacida nun zoo...

síndrome pos-vacacional?

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and amor escríbese con H and arroutadas30 Xun 2007 12:00 am

mércores

bótolle un par de ovarios e aparezo alí como quen non quere a cousa... xiránse para observarme todos os da súa pandilla. pido un té vermello. noto o rubor subindo polas miñas meixelas... non teñen xornais e cágome en todo. estou espida, exposta, igual que unha quinceañeira. tímida. Ro chámame, hoxe saiu antes de traballar. rógolle, suplícolle, implórolle que veña... dez minutos que se me volven eternos... póñome a ler (ou intentalo). sae da barra. estou a suar dos nervios. falan da asociación e eu dígome para os meus adentros que o destino búrlase de min unha vez máis. a menos de tres metros de min e por baixo da mesa sinto o temblor das miñas pernas. cando me quero dar conta séntase máis preto. viva a fase de achegamento! Ro aínda non apareceu e vaime dar un infarto porque sei que como lle dea por dicirme algo farei o ridículo máis grande da miña vida. nisto chega Ro. pídelle un té con xeo. desfágome cando volvo a ver ese sorriso... e todo o demais esquéceseme. calma, serenidade, tenrura e sobre todo, pureza. o sangue evapóraseme... media hora despois pagamos e marchamos. a duras penas esquivo a súa mirada... non me quero enganchar. así non. odio vivir de espellismos. esta vez non escribirei un conto... esta vez vivirei a miña vida.

xoves

a tentación é moi grande e ao final saio a probar sorte. dáme unha casualidade máis, non necesito máis. saber por onde te moves, despois xa farei eu porque nos encontremos. non houbo sorte e comprobo que isto se me vai das mans. quero que me fagas un lavado de cerebro, que me contes esas pequenas/grandes cousas que che fan sorrir. e quizais isto sexa unha loucura... outra vez no balulake, pero esta vez non estabas... e certifico que aquela noite xa estivemos a menos de dous metros, que pasará comigo se algún día falamos beizo a beizo sen unha soa palabra? maxia... quizais é que levo toda a vida en coma e xa deliro... quizais...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía10 Xun 2007 05:20 pm

todos esperan algo, todos queren algo de min. sempre. e eu cansa, moi cansa... toda a vida así. poucos preguntan que é o quero eu. algo que se rompe, algo que se tensa.                                   acabouse.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and basado en feitos reais and casualidades and íntimo e persoal25 Mar 2007 09:01 pm

medo. de golpe. esa punzada no medio do peito. sentir que "isto" se me vai das mans... auga e nada máis. e medo ao lonxe... os medos do Rei que tamén chegan ata min, dá igual os quilómetros, podo sentilo, créalo ou non. avoas en hospitais, a morte rondando. avisando? ese desacougo é inconfundible. abrazarme á nada, ao silencio e botalo fóra. non entender. que hai que entender? déixao estar, non o toques, non te resistas... e durmo acubillada nun aroma que xa forma parte de min. sentimentos mesturados, atopados. perder o norte por momentos, a miña brúxula desorientouse. vólvome un lobishome, mordo, rabuño...  e descubrir que hai unha persoa que pode calmalo.

e asustarme máis...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and amor escríbese con H and arroutadas and de esmorga13 Feb 2007 11:58 pm

tolemia, desvaríos varios e a realidade agardándome no baño do piso vello de miña avoa. e botei bágoas de crocodilo, impotencia. que fas cando no podes facer nada? nadei nun océano de metáforas que nunca chegarei a escribir. e non ver, e non querer saber máis. enrollarme coa mentira sen darme conta e xogar a non ter conciencia. fuxir de min mesma. fuxir de algo que xa sei  que non vou conseguir. e regalar os mellores bicos que sei dar e todo por non chorar. e todo por non caer na tentación de falar. por non dicir as palabras malditas. aguantar un pouco máis, uns meses. só iso, amnesia no corazón.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and maratón07 Feb 2007 02:24 pm

iglesia_luis.jpg

case me dá algo cando o vexo entrar pola porta do salón de actos. e non quero contar xa cando vexo que se senta case detrás de min e que o seu marabilloso olor chega ata o meu nariz... mmmmmmmmmm

onte non choveu no cuvi, eran eu babeando...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and family woman06 Feb 2007 12:09 pm

perdín o tren e marchei voando pra estación. tiven que agardar unha hora na outra. non había case ninguén, pero eu non tiña medo, este peixe facíame compañía. as once e vinte chego a Teucro e Quela recíbeme cos brazos abertos. cambiámonos a ritmo de vídeos no youtube. os pitillos negros, a blusa negra, a gravata, os tenis, a chupa negra de Catu. e deixo que Ana me maquille un pouco. e teño que sacar as gafas pra facilitarlle o traballo. cos ollos claros que tes non sei como non pos lentillas. é Ana, e Quela que lle dá a razón. non sei porque non te quitas máis partido. e eu colorada ríome e desvío a mirada. aí está, a nena miope que son. eu non son guapa, nin atractiva, son bonita e pouco máis. levo tantos anos ( 18 ) con gafas que me esquezo... creo que non sei ben de que cor son. e disimulo diante de todos e do espello. as gafas que me protexen, que ocultan o iris, as gafas que son o meu escudo invisible... os meus ollos que me delatan, que non saben o que é disimular. o día que deixe de levalas será porque atopei a quen mirar aos ollos sen nada que gardar pra min, porque quererei darllo todo.

pero con calma, que aínda queda moito

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and delirando and persoal16 Xan 2007 12:01 am

cinco anos pra isto. e como explico que en vez de bolboreta saín libélula?

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and as miñas nenas and basado en feitos reais10 Xan 2007 01:19 am

 

custoume subir, non o imaxinas. e aínda teño que mirar as notas de decembro...

un colacao que case me sae polo nariz. son unha nena pequena, son pillabana. picar e que me piquen. e síntome outra vez a gusto en Vigo. óptica vai, óptica vén. dúas horas dentro dunha; proba, quita, pon, quédanche ben aínda que non queiras... un tipo moi "majo" que lle gradúa a vista. pouca miopía e que case merque unhas. un pincho de tortilla e pra casa camiñando. volver...

aviso: que ninguén me pregunte o que quero porque vou mentir vilmente...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía06 Xan 2007 04:08 pm

prefiro unha hostia a tempo que sete a destempo... e si, doe  menos do que eu pensaba

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and saudade22 Nov 2006 02:04 am

 

a primeira vez que quixen montar no Dragón non fun quen. foi ao voltar de pasar 15 días de intercambio en Torre Annuziata. 15 nos que me devorei toda a arte habida e por haber no Renacemento e parte do Barroco con estes olliños de cores mesturadas e miopes. e namoraronse da arte para sempre. unha cousa son fotografías, outra cousa cousa é o paraíso que eles probaron. ao voltar paramos no parque. un día enteiro. tiña tanto medo que me botei a chorar e avergonzada e cabreada comigo fuxín da cola. ese medo irracional... nunca che pasou que queres facer algo, pero tes tanto medo que non podes? nin o intentas. case seis horas despois e guiada por un impulso que non sabía de onde viña, sen penar, púxenme na cola con Manu e Mónica nerviosa coma un vimbio e facendo o parvo. Xabi tamén viña. só me lembro de Manu axústándo o meu arnes e eu cantando cancións de Maná para espantar o medo mentres subía por aquela costa que nós levaba cara o ceo. os ollos pechados. o corazón bombeando tan forte. e sabes que pasou despois?

déixaste levar. a vertixe desparece e o corpo reláxase. e sentes a forza do Dragón debaixo de ti. para un lado e para outro, en perpendicular, boca arriba. a ingravidez máis absoluta. e berrei como se fose William Wallace, como unha leona. cando parou, aínda montados, eu non podía parar de rir e de patalear contra o chan. case non podía crelo. e Xabi miroume serio. veña, que agora hai pouca xente, volvemos subir pero adiante de todo. e eu sorrín. pero prométeme que ti non vas berrar. era un reto cariñoso. e sei que me brillaron os ollos de confianza. vale e outra vez o mesmo ritual. e o sorriso perenne na miña cara. disfrutei como aquel que sabe que hoxe é o seu derradeiro día na terra.

de volta en Atenas conteille orgullosa a miña fazaña a Osiria. a súa cara cando lle ensinei a foto que nos sacaran. tiña unha felicidade serena debuxada na cara impropia de min naquela época. tiña 17 anos e por unha vez na vida sentíame quen de loitar polas cousas que soñaba.  canto máis medo, máis forte e imparable é o impulso de tirar cara adiante. sempre cara adiante. coma os carneiros. pase o que pase.

isto non ben a conto, só é un dos meus pequenos grandes tesouros.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and eu enténdome18 Nov 2006 10:44 am

 

unha revelación? non, quizais outro disparo directo ao meu corazón. si, que pasa, son crente. EU CREO. en cousas que nin imaxinas. o tempo párase e o bufón deixa ver a súa alma de verdade. e son un pouco coma el. as apariencias sempre enganan. saír correndo pra parada de bus. frío, chuvia. corro e espéstome contra unha barra. (branca  e fosforente pra que se vise ben...). rir a fartar. as situacións absurdas son a miña especialidade... nin en vídeos de primera!!! volve a nena de nove anos sen previo aviso nin cita. tímida, vergonzosa sen saber por qué. a nena que sempre pensaba que o facía todo mal. e outra vez esa inseguridade na punta da lingua. non sei o que digo ou si. todo a medias, como sempre. como debería ser, como son, como serei...

hai volcáns de segredos debaixo dos silencios...

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía and amor escríbese con H11 Set 2006 05:34 pm

 

faladora, agradable, alegre, encantadora, confiada, sorrinte. insegura, incrédula. esta noite ata me namoro eu de min!!! a pureza, a miña, a de sempre. volveu. recupereina. ti infravalóraste e non entendo por qué. calo. é verdade e non sei o motivo. non me importa, eu son así, insegura... creo que non podo evitalo. un defecto de fabricación. igual que a miña miopía. un bico, outro.  Mich mírame aos ollos. sei que non minte. tanto se me nota?? como se nota que agora non teño nada que esconder... !!! e transfórmome nun océano aínda por descubrir máis grande ca el. abrazar, bicar, ollos pechados. cansar. salitre polas paredes, peixes, sereas, susurros ao oído.

á mañá seguinte volvendo a casa lembreime do motivo polo que deixaron de gustar os contos de fadas. non quero ser princesa. eu quero ser a que conquista, ter detalles que namoran, a que saca a bailar, a que fai sorrir. a seductora.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía24 Ago 2006 06:49 pm

estaba en pixama, estudiando. non serían máis das once e media. meus pais que non están en casa. sona o timbre e atópome de pleno co Matadragóns que vén traer unhas empanas de zamburiñas... el, o tío que sempre me gustou da aldea... e que por riba sábeo porque xa sabemos o discreta que son eu para estas cousas... (por non dicir outra cousa). aí de pé, tan macizo coma sempre... e eu en pixama!!!!!  definitivamente, o único sex-appeal que podo ter é o pallasa que son... e logo velo pola noite nunha festa de aldea, falar con el e non lembrame de qué á mañá seguinte por culpa do l.c. (a todo isto que seica roubei un calabacín nunha horta e me tirei no medio da estrada porque non quería irme pra cama jejeje). a historia de todos os veráns. é curioso, un metrosexual tímido que nin a min me aguanta a mirada. será por iso que sempre me gustou. por pedaciño de pan.

Chuzame! chuzame -

Next Page »