7º arte


7º arte and espectadora and eu enténdome and family woman28 Out 2014 09:24 p.m.

Onde estabas ti no 2002?

Eu facía os dezaoito e só soñaba con facer a carreira en Compostela, soa, e medrar, medrar. Ao final rematei en Vigo, pero o conto non é ese. O venres pasei case tres horas vendo a vida de Mason, dende os seis anos ata os seus dezaoito anos. A película que todo pai e toda nai soñou facerlle ao seu fillo/a. A película que todos queremos ter da nosa infancia, da nosa adolescencia. Como medramos por dentro, como descubrimos a vida rodeados da rutina máis absoluta. Como cambian os nosos pais, como se equivocan, como loitan polos seus soños, como se refan e seguen adiante. Como nos queren por riba de todo, por riba deles mesmos. Son a raíz durante anos e anos, todo o que ti es pasa a través deles ata que un día fan maxia. Desaparecen para que poidas voar cos teus brazos. Para que chegues moito máis lonxe do que eles fixeron.

Será por iso que nalgún lugar da miña memoria tamén flota esa película na que sempre levei gafas.

7º arte and arroutadas and as apariencias enganan and espectadora and eu enténdome07 Xuñ 2014 01:00 p.m.

A morte, a vida e a arte veñen, moitas veces, collidas da man. Quen o sabemos estamos malditos.

“O tempo non importa, IMPORTA a idea” 

 

 

7º arte and dor and espectadora and eu enténdome06 Xuñ 2013 10:54 a.m.

Ciscada no sofá, domingo, non tiña esperanzas de atopar nada interesante na televisión. A miña única ambición era “vexetar”, botar unha sestiña co meu gato de acompañante. Pero fixen zapping e apareceu el. E nenos que non saben como afrontar o suicidio da súa profesora, á que Lazhar substitúe. O resto de adultos non sabe ou non quere falarlles da morte, de dos motivos que levan a alguén a suicidarse. Xeralmente, esa é a actitude que todos escollemos. Cremos que o mellor é protexelos dese sufrimento, como se alguén puidera fuxir do inmenso baleiro que deixa a morte dun ser querido. Son nenos, deben vivir nesa burbulla, que non sexan conscientes do que pasa. Infravalorámolos.

A película, máis que unha homenaxe á educación, é unha humilde á vida. Non podemos escapar da dor, das frustracións, mais iso non quere dicir que as nosas vidas non estean cheas de ilusións e soños. Para comprender que a morte é o que lle dá sentido á vida non fai falla ter vivido noventa anos, ás veces abonda con nove.

 

7º arte24 Feb 2012 11:18 a.m.

Un conto sobre o amor, a incomunicación na era do absoluto dixital, as casualidades, fobias e arquitectura.

(Pilar con acento porteño)

7º arte13 Feb 2012 05:09 p.m.

Coidado co orgullo

7º arte and basado en feitos reais and espectadora10 Feb 2012 10:22 p.m.

Os noso futuro non é noso. O fado, o destino está en mans duns homes (e quizais algunha muller) que non nos coñecen. Xamais nos viron, non se cruzarán con nós pola rúa. Eles van helicóptero ou jet privado. O máis probable é que vivan noutro país. Viven como se nós non fosemos reais. Non existimos. Non somos nin peóns, non, eses cobran e viven mellor ca nós.

Non existimos? Non? De verdade? Por moito que disimulen, por moi ben vestidos que vaian, aínda con todo o ouro do planeta nos seus maletíns de pel, a súa comida somos nós. Simples mortais.

Mágoa que non espertemos…

7º arte and as apariencias enganan and espectadora26 Xan 2012 12:26 p.m.

 

Idealizar a unha persoa é moi perigoso, pero dentro da política é un suicidio… Minten, sempre minten. Esa aura de perfección que irradian foi friamente calculada. Nada é casual. Son vampiros, están feitos para prometer e confundirte Non caias no seu xogo ou rematarás sendo un deles.

7º arte and as apariencias enganan15 Xan 2012 11:15 p.m.

A cuestión non é confiar ou desconfiar. Sempre chega o día no que o único camiño é a sospeita. O importante é intuir de quen non fiarse.

Desconfía de quen se alegre da morte doutro ser humano. Desconfía, porque nunha guerra venderíate ao inimigo sen pestanexar. E aínda que non vivas nunca esa guerra nunca está demais saber quen REALMENTE ten un corazón puro ou quen o ten cheo de rancor.  Síntoo, non coñezo outra forma de medir a integridade das persoas

7º arte04 Xan 2012 11:34 a.m.
Hai trucos que finalmente abandonan o seu corpo de ilusión para transformarse en maxia. A tristeza, a de verdade, a profunda é aquela que non ten que ver coa dor dunha enfermidade, dunha morte, dunha ausencia, dunha ferida de amor. Nin sequera che fai chorar, só é un xemido afogado nos ollos. Ese pequeno brinco que dá o corazón dentro da súa caixa, o pinchazo da anestesia. Quen se dá e non recibe máis que soidade.
7º arte and family woman and íntimo e persoal and saudade14 Dec 2011 04:47 p.m.

Lembro con adoración aqueles días de verán e primavera. Unha aldea pequena, tan pequena que xa pouco queda dela. Camiñar por carreiros e congostras. Sempre detrás dos avós, soñando con saber coidar a horta coma eles ou ser grande para cortar ben a leña. Non había televión, non había nada que non fose o verde das árbores ou os paxaros falando en voz alta. Atopar a pel vella dunha serpe ou tirarnos prado abaixo con sacos. Os cans, as pitas, as ovellas, os veciños, as partidas de brisca… Cando estábamos todos, cando o medo non nos bicara. Cando a morte e as ausencias non existían nos diccionarios das nosas almas… Sorrisos de raíz infinita. Inocencia, coma un castiñeiro que non coñece a polución.

O ceo non é un lugar, eran aqueles días. E algún día volverei.

7º arte and family woman08 Out 2011 12:05 a.m.

Que lembras da túa infancia? Agora non podes verte, case non te recoñeces nas vellas fotografías. Como te sentías? Esquecíchelo? Moitas das persoas que máis te amaban xa non están… Guiábante, protexíante. Enchíanse de ti coma ti deles. Podías ser ti. Non tiñas que disimular. Non había críticas, nin opinións, nin expectativas. Esa inxenuidade tan xenerosa. Dábalo todo, entregábaste coma un saltador de trampolín nun salto de trampolín infinito…

E agora, que queda de nós? Que sobreviviu? Un valado de espiñas metálicas. Os restos dunha guerra fría, a eterna loita entre quen realmente somos e quen eles cren que debemos ser.

7º arte16 Xuñ 2011 04:42 p.m.

Creo que Woody ten razón, a solución non é menosprezar o presente e seguir soñando cun pasado idealizado

7º arte and amor escríbese con H and basado en feitos reais and self-service love20 Mai 2011 11:42 p.m.

O amor procura acubillo no máis profundo da memoria. Espido, cos ollos abertos, sempre agardando por unha visita nosa.  A súa pel ule a salitre. Recitanos poesía en soños. Xa case non nos lembramos porque nos ensinaron a agochalo do sol. Esa inxenuidade… A miña inxenuidade, como a boto de menos. Quen ma roubou? Si, roubáronma. Deixei que a bebesen do meu sangue. Teño que perdoarme… Aínda teño que perdoarme por ser así de vehemente.

A muller que sae na pantalla lémbrame a min, pero de maior. Unha máis do montón, alegre e faladora. Esa que ninguén agarda faga algo tan inesperado. Non o podían nin imaxinar. Eu si, só cunha palabra, só cunha mirada sabía o que ía pasar dez minutos de metraxe antes. E veñen a min aqueles días nos que eu tamén era quen de facer poesía. O amor facía autostop en cada estrada da miña alma. Era libre, non tiña medo. Pasaron dez anos. Agora non podo, non atopo esa pureza. Quizais a perdín para sempre. Ou quizais volva a min cando xa non teña nada que perder e a vida ben vivida, cando envelleza e ninguén lle dea tanta importancia ao que digo ou fago. O amor fora atropelado hai anos. Agora camiña cunha perna ortopédica e ten medo a cruzar a rúa, pero segue saíndo a correr todos os días.

Volvo a casa correndo, no medio da madrugada e coas rúas baleiras. E en silencio, as árbores repítenme o que xa sei. O amor é a única revolución posible.

7º arte and as apariencias enganan and íntimo e persoal24 Mar 2011 11:34 p.m.

Para min o máis sorprendente non foi a fama, os amores nin as grandes interpretacións. Era unha muller sensible e sabia. As palabras non minten

You are who you are. All you can do in this world is help others to be who they are and better themselves and those around them.

Give. Remember always to give. That is the thing that will make you grow.

Not at least until I’m dead, and at the moment I’m having too much fun being alive…and I plan on staying that way. Happiness to all.

Every breath you take today should be with someone else in mind. I love you.

7º arte and as apariencias enganan and basado en feitos reais24 Feb 2011 10:48 p.m.

As aparencias enganan, que ninguén se confunda, os extremos tócanse. Sempre se tocaron. Un leva ao outro.

Eu tamén vin ao cisne negro do outro lado do espello. A mirada noxenta. De anxo a nazi en cuestión de segundos. Tremíanme as mans en vez de saírme plumas negras. Ultimamente cometo o erro de esquecerme da miña obsesión. E volve silenciosa, manipula os meus soños. Outras intenta asomar polo espello, de novo.

Daquela é cando saio a correr ou marco o número infalible.

7º arte and as apariencias enganan03 Feb 2011 10:18 p.m.

A María ninguén lle dixo o que ían facer coa manteiga. As bágoas son de verdade porque a enganaron.

“Case me violaron”

O bonito é que agora veña Bernardo a pedirlle perdón.

7º arte28 Xan 2011 11:55 p.m.

Non queiras saber o que é unha lobotomía

7º arte and amor escríbese con H24 Xan 2011 09:39 p.m.

From here to eternity...

Por que non?

7º arte20 Xan 2011 09:46 p.m.

Morrer ou sobrevivir.

Páxina seguinte »