600 palabras


600 palabras and basado en feitos reais and íntimo e persoal22 Mar 2013 10:01 p.m.

Vovía de Rianxo andando, 2 quilómetros de estrada convencional (que dirían os da autoescola). Quería chover sen acabar de arrancar. Como eu. Por que confiar en min mesma é sempre o máis dicícil? Todos o fan, todos cren, todos confían. Véxome reflectida na pantalla do ordenador mentres escribo, é un espello máxico. Alí está a muller, aí está. Por que o espello do baño non me devolve a mesma imaxe? Poño a capucha, uso o paraugas de bastón, non me apetece abrilo. Soñei o futuro pola noite e aínda continúo o meigallo desa lúa chea. Futuro que non podo describir, só sensacións e certezas que se abrazan ao meu peito, lume na vella cociña de ferro.

600 palabras and eu enténdome29 Nov 2012 04:22 p.m.

Está visto que neste mundo ou te botas flores ou non acabas sendo ninguén… E eu teño o GRANDÍSIMO defecto de non botarme flores xamais. Pois nada, seguirei comendo merda.

E facéndome a parva.