veu Quela de visita. alegroume a tarde máis do que xa estaba. en Terminoloxía adiqueime en corpo e alma a escribir. despois prácticas dese coñazo e traballo sobre a Crítica da Razón Pura de Kant. non sei pq dáme a impresión de que Xoela anda rallada por algo, pero non di nada. non lle pregunto, non quero agobiala. ás veces é mellor facer compañía e roubar un sorriso. collemos o 15C pa baixar, por intres volvemos a lisboa e levamos á Princesa das Montañas Verdes con nós. chego ao Marco e aparece Quela cun sorriso de orella, unha minifalda e uns paus para uns cadros. teño fame, caio na tentación sen facerlle caso á miña conciencia e imos ao Mc Merda. rememoramos a noite do sábado, falamos de Pontevedra, de Catuxa que me manda saúdos e a promesa de que o próximo xoves churruquaremos polo Vademecum. eu comento o cambiada que está Catuxa comigo. antes non me botaba de menos, non me buscaba como agora. é xenial sentirse tan querida. sempre foi un toxo comigo (e con todos) e non deixaba que te achegases demasiado. e parece que cando marchei deuse conta de todo o ben que lle fago. non digo que non me quixese. non, pero que quizais non se daba conta do moito que me quere. en parte tamén marchei por iso. quería ver ata que punto se notaba a miña ausencia na miña familia, coas miñas amigas. e de repente descubro que todo o mundo me necesita máis do que xamais imaxinei, descubro que sempre lles fago sentir ben cun só sorriso. agora son a que coida dos meus. non necesito que o vexan ou non, que se saiba, que o sintan. o único que quero eu na vida é que estean ben. todos e cada un deles. non sei, consigo que confíen neles, que se sintan ÚNICOS, porque eu quéroos así. dun xeito distinto a todos. da maneira que mellor lles axuda. eu enténdoos, compréndoos, sínto a súa dor, a súa alegría. a súa vida tamén é miña. estou tan dentro deles que ás veces nin se dan conta, conectada a eles en corpo e alma. é a miña forma de vivir, de amar.lévoa ao máis pa lá e chimpo un chupito de licor café dun trago. despois á estación de tren e volvo a casa contenta e tranquila.
sempre me din que teño moitos ovarios, sempre me tirei de cabeza para dicir mirando aos ollos o QUÉROTE que acojona e revela. o certo é que nunca souben moi ben porque o fago. ás veces pasa que o que sentes é máis grande que o teu corpo, que xa non se pode esconder, que é tan bonito que non fire. é que moitas veces pasa que o Amor é máis grande que todo. é un xigante que vai detrás pola cidade como se fose o teu gardacostas particular. nunca che fará dano. e súbome á montaña rusa e deíxome levar. é o mellor subidón de todos.
non chega con saber que alguén te quere se non o sabe e non se deixa querer. entón o único que queda por facer é non facer nada, seguir coa túa vida ata que todo se evapore ou pase algo. a vida é o que che pasa durante o tempo que esperas por algo.
gustaríame que algunha vez alguén me rescate. de que? pois de nada porque non hai ningún perigo. que me secuestrasen sen motivo, a cabalo e sen espada, a ser posible. ou senon, cunha mirada abonda. son unha romántica do carallo, xa sei. ás veces gustaríame ser a princesa que o príncipe azul rescata. ás veces cánsome de ser valente.
e mañá celebración/cumple de Dido
chúzame -
outubro 27th, 2005 at 11:04 pm
Aaaaai miña princesiña… xa estou conectada a ti hai tanto tempo…
Aínda descubriches q eres así agora? non fuches sempre? nunca cambies, lima os erros, lembras o q falamos o outro día? biquiñosss