
entre Catuxa e Cris, que se che deixo esta camiseta, que se che corto máis o pelo, que se te maquillo, póñenme guapa e ata me dá a venada de saír con botas de chúpamela punta. hoxe ímola armar. imos ao montederramo. dous viños brancos e unhas risas. Catuxa está pletórica, fala e fala sen parar, está contenta. saille a vena extrovertida, pa que logo digan que non somos irmás. quedamos co Misifú no Trole. eu atácolle o licor café, hoxe non se me sube nada. Noe asústase pq me sei todas as cancións, ultimamente estou moi churruqueira. aparacen Misifú e o Coello, as miñas hormonas abandonáronme, nin mamoneo nin hostias, colegueo. mellor así. imos para o Vai-vén. pachanga a dolor. Catuxa na subida na barra xunto con Quela, Cris e Aransa. eu animo desde abaixo. un ligue de xinzo de miña irmá atácame a min. son mala, mamoneo. invítoo a un chupito. por fin se vai e bailo con todas. marchamos para o Kaoba. miña irmá triunfa e lévama. déixoa ir con recelo, hoxe non me fío dos tíos. vamos para a Estravaganza e eu sigo sen entender o que lles pasa ás miñas hormonas, estanse formalizando demais. dá igual que eu bote a lingua a pacer dicindo que seguro que vou de caza, non o fago, á hora da verdade non mo pide o corpo. Quela vai colgada dun dos italianos que foi recoller a Ninfa con Lu en vigo. vivan a casualidades, xa sabía eu que os ía topar por ou. e con moita labia consegue que non colen a todos (e dous máis sen pagar). na entrada aparece Matadragóns, Aransa cólgase del. pasa de min como da merda. que lle dean, son todos iguais. rállome momentáneamente. Cris e eu xa estamos cansas e cando xa empezo a pensar en marchar para a cama diante dos meus ollos aparece como por arte de maxia o Mago. non o podo crer, toda a vida saíndo por ou e é a primeira vez que mo atopo. ben afeitadiño como lle gusta a Osiria. xa me animo. bla bla. que se leva 14 copas e eu non sei se crermo ou non pq está sereno, que está cuns dunha cea, que está rabeando por ir mimir, que se me quedaron 2 pa decembro "iso é pq escribes moito no blog, estiven para deixarche un comentario deses!" segue coma sempre. eu dígolle que vai vello e acórdome de que seica roncaba moito. algo lle comento. acórdome de Lisboa. "si, que ti vivías en pecado" rise picaron, sempre de puteo! segue a ser o mesmo de sempre. a clase de homes que son unha especie en extinción. un cielo. e medio en broma lle pregunto se ten algún primo ou amigo dos meus anos. "pois vai ser que non" os amigos volven e marcha, "xa lle darei saúdos a Osiria". que medo, a saber que lle conta que el ía bastante mellor ca min. e o final non houbo maneira de que me botase uns dancings! alá me vou para a tarima. acósame un dunha despedida de solteiro. e logo o outro. a min que me deixen bailar tranquila. aparece o de xinzo, pesao insiste en invitarme a outro chupito. débemo e vou. ataca. paso. fago teatro, que si estou moi mal. insiste. este é parvo perdido. e logo que quere quedar comigo. vaime saír caro o chupito. doulle largas. volve atacar. que non quero tío, ti o único que queres é follar ou o que se tercie. oféndese. díxenlle a verdade, escupinlla. tou farta dos tíos. alcolizados van todos ao que van. que lles dean, vounos putear. o tipo segue cabreado, ata me chama tola. que si non é normal que lle diga esas cousas. e a ti paréceche normal que eu non queira e que sigas pq pensas que tou borrachísima e fas comigo o que queres?? pois non. piramos todas pa casa. Catuxa non aparece. chámoa mil veces. Cris tamén. prefiro non pensar no que anda facendo... chegamos ao portal e Cris descálzase. malditas botas, como me doen os pés. e así as dúas medio espatarramadas na rúa, con calecíns de colores volvemos chamala. "que xa vou" pasa media hora e entramos no portal. a min o único que me preocupa é que a colla miña nai que a esas horas está a piques de saír do hospital e a casa chega en 10 minutos. ao final subimos, comemos e ela chega 10 minutos despois. el portouse, coidouna e non se pasou. métome en cama. xa estou desexando ver as fotos!!
chúzame -
outubro 23rd, 2005 at 3:55 pm
É q onte non había lúa chea… os lobishomes só atacan nesas noites, será q che esqueceu este pequeno detalle princesa!! xa estiven consultando e esta semana hai lúa chea, por iso cando saiamos e celebremos o cumple da Dido, imos facer pleno!! Vas ver!! moitos bicos señoritaaaaa! a ver cando saímos por Ou!
outubro 24th, 2005 at 6:30 am
Jobá, non xeralices que iso non está ben!
Non todos imos o que imos, iso si, se podemos coller cacho, collémolo!
Saúdos!
Xq carallo emperrase en por cero comentarios se xa hai un de antemán!
En fin! Bikotasos, chê!
outubro 25th, 2005 at 11:15 pm
si, é mellor non xeneralizar, tes razón.
a ver se es ti a escepción que confirma a regla!
Meiga, festa este venres!!
outubro 25th, 2005 at 11:34 pm
Claro que a son!!!
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD