entre Catuxa e Cris, que se che deixo esta camiseta, que se che corto máis o pelo, que se te maquillo, póñenme guapa e ata me dá a venada de saír con botas de chúpamela punta. hoxe ímola armar. imos ao montederramo. dous viños brancos e unhas risas. Catuxa está pletórica, fala e fala sen parar, está contenta. saille a vena extrovertida, pa que logo digan que non somos irmás. quedamos co Misifú no Trole. eu atácolle o licor café, hoxe non se me sube nada. Noe asústase pq me sei todas as cancións, ultimamente estou moi churruqueira. aparacen Misifú e o Coello, as miñas hormonas abandonáronme, nin mamoneo nin hostias, colegueo. mellor así. imos para o Vai-vén. pachanga a dolor. Catuxa na subida na barra xunto con Quela, Cris e Aransa. eu animo desde abaixo. un ligue de xinzo de miña irmá atácame a min. son mala, mamoneo. invítoo a un chupito. por fin se vai e bailo con todas. marchamos para o Kaoba. miña irmá triunfa e lévama. déixoa ir con recelo, hoxe non me fío dos tíos. vamos para a Estravaganza e eu sigo sen entender o que lles pasa ás miñas hormonas, estanse formalizando demais. dá igual que eu bote a lingua a pacer dicindo que seguro que vou de caza, non o fago, á hora da verdade non mo pide o corpo. Quela vai colgada dun dos italianos que foi recoller a Ninfa con Lu en vigo. vivan a casualidades, xa sabía eu que os ía topar por ou. e con moita labia consegue que non colen a todos (e dous máis sen pagar). na entrada aparece Matadragóns, Aransa cólgase del. pasa de min como da merda. que lle dean, son todos iguais. rállome momentáneamente. Cris e eu xa estamos cansas e cando xa empezo a pensar en marchar para a cama diante dos meus ollos aparece como por arte de maxia o Mago. non o podo crer, toda a vida saíndo por ou e é a primeira vez que mo atopo. ben afeitadiño como lle gusta a Osiria. xa me animo. bla bla. que se leva 14 copas e eu non sei se crermo ou non pq está sereno, que está cuns dunha cea, que está rabeando por ir mimir, que se me quedaron 2 pa decembro "iso é pq escribes moito no blog, estiven para deixarche un comentario deses!" segue coma sempre. eu dígolle que vai vello e acórdome de que seica roncaba moito. algo lle comento. acórdome de Lisboa. "si, que ti vivías en pecado" rise picaron, sempre de puteo! segue a ser o mesmo de sempre. a clase de homes que son unha especie en extinción. un cielo. e medio en broma lle pregunto se ten algún primo ou amigo dos meus anos. "pois vai ser que non" os amigos volven e marcha, "xa lle darei saúdos a Osiria". que medo, a saber que lle conta que el ía bastante mellor ca min. e o final non houbo maneira de que me botase uns dancings! alá me vou para a tarima. acósame un dunha despedida de solteiro. e logo o outro. a min que me deixen bailar tranquila. aparece o de xinzo, pesao insiste en invitarme a outro chupito. débemo e vou. ataca. paso. fago teatro, que si estou moi mal. insiste. este é parvo perdido. e logo que quere quedar comigo. vaime saír caro o chupito. doulle largas. volve atacar. que non quero tío, ti o único que queres é follar ou o que se tercie. oféndese. díxenlle a verdade, escupinlla. tou farta dos tíos. alcolizados van todos ao que van. que lles dean, vounos putear. o tipo segue cabreado, ata me chama tola. que si non é normal que lle diga esas cousas. e a ti paréceche normal que eu non queira e que sigas pq pensas que tou borrachísima e fas comigo o que queres?? pois non. piramos todas pa casa. Catuxa non aparece. chámoa mil veces. Cris tamén. prefiro non pensar no que anda facendo... chegamos ao portal e Cris descálzase. malditas botas, como me doen os pés. e así as dúas medio espatarramadas na rúa, con calecíns de colores volvemos chamala. "que xa vou" pasa media hora e entramos no portal. a min o único que me preocupa é que a colla miña nai que a esas horas está a piques de saír do hospital e a casa chega en 10 minutos. ao final subimos, comemos e ela chega 10 minutos despois. el portouse, coidouna e non se pasou. métome en cama. xa estou desexando ver as fotos!!

Chuzame! chuzame -