creo que esta noite vouna armar. voume ir de esmorga co meu alter ego. merézomo. un día de festa. bailar ata que rachen as pernas. ser a raiña da pista.

ducheime cando chegaron Cris e Catuxa. fomos tomarlle algo ao Castelao con Ro e a Quela, que viña saturada de festas, e despois de paseo polo Paseo. ceamos, risas, bo rollito. depilación de última hora, collemos o coche e para a Chavasqueira. calma. reláxome. os músculos descansan e a miña cabeza despéxase. chove e é unha sensación única a de estar dentro da auga quente e coa cara que parece un circuito de formula un con pingas caendo sen parar.

soño mil homes pasando pola miña cama. salida, hanme volver repetir. e eu negarei coa inercia de quen ten razón e non sabe explicar. sexo substitutibo e hormonal.

collemos o coche, ruta polos Peares. unha ponte e un tren. o Miño e o Sil que se fusionan e se aman sen pedirlle permiso a ninguén.

ando coas hormonas a mil por hora. suben e baixan e parece que tou nunha montaña rusa. perigo!! volverá a cazadora ou quedará a romanticona? jajajja a resposta mañá!!

Chuzame! chúzame -