quédome ata as tres da mañá tragando televisión (aparentemente), pero en realidade o único que fago e vivir de ilusións. érgome pola mañá con enerxías renovadas e iso que o ceo escuro e apagado non invita a sorrir moito. seino, o que quero é unha tolemia. por fin vexo a Xoela, e aínda que só foron uns minutos xa o viña necesitando. volvo a casa desexando ver a Osiria dunha vez e para iso teño que volver ao pasado. volvo entrar no colexio. todo está máis vello. todo está igual, pero distinto. non son a mesma persoa. son todo aquilo que unha vez soñei. por fin comprendo e acepto que non se pode cambiar o pasado. entro na sala de profes a Osiria que non conta comigo recíbeme co mellor dos seus sorrisos. hoxe é o primeiro día que vén vestida de premamá. está máis gordiña, cunha barriguiña de embarazada que lle senta moi ben. é unha Deusa. acompáñoa ata casa e antes paramos a comprar mandarinas para o Mago. pregúntame e cóntolle. as explicacións non son o meu forte. "non vaias". soa a perigo, directo, taxante e real. faime dubidar, non sei o que vai pasar. cando me despido o sol xa comezou a saír. sorrío para os meus adentros sen poder liberarme desa sensación desacougante. non consigo que vexa todo o feliz que son. cabeza e corazón batíndose en duelo mortal de novo. vence a cabeza e iso fíreme momentáneamente. chaman da Cidade dos Segredos, se soubesen o que se anda a cocer por aquí... Ro vén a buscarme a iso das once e media. ímprímolle o dela e marchamos para o Auriense, está petado e acabamos no Faíscas. gústame o camarero, ten algo. pídolle un Cola Cao e mentres buscamos a nosa mesa non deixo de pensar no dificil, raro, diferente, único e máxico do asunto; é imposible que me guste todo. sóltolle o rollo, báleirome, desíflome como coma un globo. noto o cansancio acumulado. "non penses, intenta descansar" chega Fito, bebo o derradeiro grolo e marcho. un pirado agresivo golpea a súa cervexa contra a barra, está cabreado e ten cara de non ter razón. págolle ao camareiro e voume a casa pensando no x que se me resiste e non quere que o despexe. porque non estaría máis atenta nas clases de matemáticas? Ou está tranquila, abrázame mentres camiño. agárrome do seu brazo mentres camiño. desconecto, xa vou soñando, afástome. mañá non me ergo ata que me doia o corpo de estar en cama.

chegan Catuxa e Cris, terei que facer de guía

Chuzame! chúzame -