hoxe subiu comigo. levoume toda a noite de guerrillas polo mundo adiante. a medio camiño do soño, a medio camiño do real. non durmo, non soño, non penso. deliro. ruido na rúa, na miña cabeza. reloxos soando sen parar. tic tac. son como a miña conciencia: seica xa volves andar de Okupa? cando esperto non sei se espertei ou se levo horas así. unha ducha e a camiñar. odio a aburrida rutina das clases que só serven para licenciarme, os buses nos que me sinto máis como unha sardiña ou unha ovella. e logo aínda hai quen hai que se atreve a chamarnos burros... os necios son eles. vou cara a parada e de costas a min unha ola xigante devórao todo. son un peixe de color. algúns afogan, outros nadamos. o bus tamén se inunda de auga. floto, déixome levar pola corrente e penso libro que me pide a berros que o escriba dunha vez. desespérase coma min.

o espello volveu a rebelarme o que eu non me atrevía a dicirme. lémbrome de cando era nena. encántame saber que aínda teño esa capacidade para levarme ben (case) con calquera persoa. un sorriso e listo. a distancia desaparece. eu confío, e ben sei ao que me arrisco. non o podo evitar, son unha inxenua, gústame confíar nos demais. sempre me quedo con algo bo.

Chuzame! chúzame -