saimos e chegamos a Iguana. volvo namorarme por sétima vez consecutiva no que vai de mes. definitivamente, esta cidade é unha mentirosa, había cousas dela que non me ensinara.
é o día internacional dos ex. Xoela xa se vai cansando de andar sempre entre a espada e a parede, a ver se colle clases de esgrima porque ela non ten culpa de nada.

pasa o impensable nunha nada de tempo. reacciono. creo que tropecei ou alguén comigo. é incrible como unha gota de auga consegue curar a sede dun deserto. estoume volvendo diabética, exceso de dozura e iso que a min nunca me gustaron os doces. curas de chuvias baixo as nubes. un dos cabaleiros do rei Arturo acompáñame a casa e mentres no móbil unha mensaxe de Poluto e unha chamada perdida de 30 segundos. sigo sen saldo. sae o sol e volvo a Ou para recibir os mimos de miña nai. se soubera de onde veño...

agora xa son catro máis no piso de Xoela e a Princesa Luguesa: Amparo, Killer, Maruxiña e Isolina.

e mañá rumbo á Cidade dos Soños.

P.D: C O M O é o meu tempo?

Chuzame! chúzame -