
Hai un tipo de madurez que non cha dan os anos vividos, nin as viaxes, nin as experiencias, nin as aventuras amorosas, non os estudios, os libros, a música, nin a arte, nada diso serve. É algo que se ten ou non se ten. Non é cuestión de intelixencia nin de razón nin de disimular (ou aparentar). É algo puro, pero non por iso fráxil ou débil. É invisible, non podes tocalo nin velo. Non falo de Deus, nin de anxos nin de humanos... Isto non vai de relixión, é un lóstrego por toda a columna vertebral, unha seguridade, unha certeza que vai máis alá dos sentidos, da intuición. É como a morte, como un nacemento, un instante, un suspiro, menos do que tarda en formarse unha bágoa ou un sorriso. Atreverse a escoller, si ou non, dereita ou esquerda. Vivir sen medo a equivocarse aÃnda que te poidas equivocar, con ou sen esperanza. Dar un paso máis alá do pactado por todos, máis alá do aprendido. Escalada sen corda, sen coñecer o muro. Derrubar muros invisibles sen pararte a pensar que cando o golpeas co martelo, que do impacto che poden caer cascotes. Non, non é impulsividade. É decisión, firmeza de carácter. É unha forma de estar no mundo que te fará feliz baixo calquera circunstancia, mesmo se ao final non consegues facer realidade os teus soños ou se a túa alma xemelga te manda a fritir churros, por poñer dous exemplos.
 A quen dubide de ti, a quen non saiba se te quere ou non, a quen non te pelexe, a quen non se arrisque por ti, a que non se atreva a espirse diante de ti, a quen finalmente non che faga un mapa da súa alma, a quen só mire e cale, a quen se esconda detrás do muro da indiferencia... (suspiro) pois... dedÃcalle o mellor dos teus sorrisos e afástate.
 Hai quen prefire ver os leóns no zoo... eu prefiro velos en vivo e directo, na sabana.
Maio de 2008
chúzame -
2008-07-04 at 8.18 pm
Eso que ansÃas ten unha parte de inconsciencia, outra de bagaxe e dez de sorte. Ninguén que posúa esa capacidade pode ser consciente de que a ten.
Ti, pois, mortal, non desexes ise grado elevado de abstracción, pois mentras o persigas non poderás disfrutalo, e cando o teñas un chÃo como o alzheimer impedirache recoñecelo. A eterna busca, o bucle infinito.
Pide cousas sinxelas, coma un beixo. Para o demáis, MasterCard®.
2008-07-04 at 9.14 pm
claro, será por iso que hai xente que nunca pide desexos ao soprar as velas… acabas de describir o meu futuro.
2008-07-23 at 1.44 pm
melhor aspirar do que nem sequer tenta-lo. sorte na procura. beijos.
2008-07-23 at 10.18 pm
thanks!!
2008-07-28 at 4.30 pm
Precisamente onte falaban en “Redes” da capacidade de decisión das persoas. Ata fai pouco pensaban os cientÃficos (si, eses seres toliños) que a mellor decisión se tomaba despois de poder valorar todas as opcións. Pero agora resulta que se comprobou que as cousas non son asÃ, senón ó revés. De xeito que canta menos información temos, cantas menos cousas nos temos que plantexar, mellor será a nosa toma de decisión, e polo tanto, o resultado final.
Sei que todo soa moi raro, pero iso é o que chaman intuición, e ela guÃa moitos dos nosos actos dun xeito acertado.
Polo demáis, a min tamén me gusta ver os leóns na sabana.
Sorte!
2008-08-05 at 7.36 pm
totalmente de acordo contigo