
Fagamos unha pequena viaxe no tempo… Por un momento intentade vervos hai cinco anos… Os 18 acabados de facer. Un verán de descanso despois do estrés e a criba da selectividade. Onde estabades? Facer a matrÃcula e papeleos varios. Poñer un pé no Cuvi por primeira vez. Para a maiorÃa foi con Papá e Mamá, contentos e orgullosos de nós, a súa prole, facendo algo de proveito das nosas vidas, comezando a loitar polo noso futuro. Os que deixamos casa, amigos e cidade tivemos que buscar piso ou residencia. Eses nervios, aquela ilusión! A primeira noite lonxe de casa. Tampouco é que fosen tantos quilómetros, pero dentro de nós, sen entender ben porqué, invadÃanos a emoción de saber que comezabamos a voar sós, sen axuda de ninguén; algo irrepetible que se dá só unha vez na vida.. E si, na teorÃa todo é moi bonito… Pero a realidade creo que nos colleu a todos bastante por sorpresa. Fixemos o que nunca antes fixéramos: coidar de nós mesmos. E que é iso? Pois experimentar nas artes culinarias, comprobar a nosas dotes á hora de limpar baños ou que tocase, non ter que dar explicacións de nada do que fas ou deixas de facer, vivir sen horarios, saber de memoria as ofertas do súper, administrar os cartos con mestrÃa para que sempre che sobre algo para saÃr, obrigarnos a ser responsables e ir a clase cando tes un mal dÃa..., coller a gripe e que as nosas nais non estivesen para facernos unha sopiña ou pornos o termómetro. Xa sei que poden parecer pequenas cousas ou mesmo parvadas... Pero estas pequenas cousas, eses detalles aos que nunca lle damos o valor que merecen son os que pouco a pouco nos ensinaron o que é levar unha vida case de adultos. Non é nada fácil atopar o equilibrio entre gozar da xuventude e facer o que debes e, crédeme, compre caer moitas veces para atopalo.
Â
Por suposto, non poderemos esquecer xamais as interminables xornadas de clases, os exames compartidos, exames que non sabes como aprobaches e exames para os que te mataches e non aprobaches, os nervios e o estrés de febreiro e xuño. Aquà hai máis dun e dunha tiveron pesadelos con algún profesor ou profesora. Algunha que outra materia que se che resiste. Traballos de grupo, dialogar, facer uso da diplomacia , aprender a ceder, aprender a defender a túa postura sen pisar a ninguén. Traballos mÃticos como o de TerminoloxÃa... Madrugadas acabando encargos, consultando polo Messenger (bendito invento!!). Necesitar axuda e dar axuda. A lei de Murphy e as impresoras e ordenadores que se estragan xusto o dÃa de entregar algún traballo. E entre unha cousa e a outra, entre viaxes no VITRASA, no tren, no Monbus e conversas banais sobre temas académicos ou saÃdas nocturnas, pouco a pouco fomos recoñecendo a aquelas persoas que se convertirÃan nas nosas amizades. Digo recoñecer porque eu son das que cre que os amigos non se fan, recoñécense. E que papel tan importante xogou a amizade en todos estes anos!! VÃronnos rir, vÃronnos chorar, vÃronnos gañar e perder, viron o mellor de nós e a nosa peor cara. E aÃnda asà non se afastaron... Cantas fotos, cantas anécdotas, cantos recordos, cantos sorrisos quedan gravados para sempre na nosas retinas.
E ben, se xa é difÃcil subir a clase ás nove da mañá, en pleno inverno, diluviando, hacinados como ovellas dentro dos VITRASA, independentemente do noso estado de ánimo, imaxinade o que é facelo mentres tes a teu pai hospitalizado porque acaban de operalo de cancro, ou que o teu mozo/a, esa persoa que durante catro anos foi a luz da túa vida pois... dun dÃa pra outro di que non che quere, que se acabou o amor; ou que túa avoa leva máis de dous meses na UCI e a cousa non pinta moi ben, ou que estamos en outono e xa sabes que túa nai non vai aguantar ata o Entroido... Pechade os ollos e imaxinádeo. Lembrádeo. A que parece que foi onte? Soa duro, durÃsimo, pero é a pura e dura realidade. Estas só son unhas poucas das nosas historias porque nestes cinco anos ningún de nós se salva de ter subido ao Cuvi algunha vez co corazón ferido e cheo de dor. Profesores incluÃdos. Ninguén. E nós, sempre querendo pasar desapercibidos entre nós. Ser un máis, unha máis do montón, ser case invisibles. Somos tan diferentes... pero á vez tan iguais. Se nos pinchan todos sangramos da mesma maneira. O que pasa que todos temos de medo de nós mesmos e dos demais. Pasámonos toda a vida aprendo a disimular, aprendendo a arte de que non se nos note como nos afectan as cousas, levantando muros invisibles para protexernos que máis tarde ou máis cedo teremos que derrubar... É inevitable! Edúcannos para ser illas, pero en verdade só podemos arquipélagos.
Â
Pasan os dÃas, as semanas, as viaxes en bus, tren, cargar con maletas, mochilas e apuntes, pasan as estacións, os cursos, os anos... Cinco anos. E chegamos a este momento, a este instante máxico. A hoxe. Canto cambiamos todos!!!
De súpeto xa non son teus pais os que che acompañan ao médico… es ti quen vai con eles e sen saber como nin cando, nin porqué, comezas a coidalos, a mimalos, a protexelos do paso tempo e dos seus propios medos. O dÃa que te dás conta é cando empezas a mirar cara atrás e ves que o rápido que voaron estes anos... A inxenuidade, esa inocencia coa comezaches a carreira. Descubriches que para namorarse só fai falla unha mirada e que pola contra, para deixar de amar fan falla 19 dÃas e 500 noites, como dirÃa Sabina, que dicir QUÉROTE é o máis bonito que lle podes dicir a alguén. Facer loucuras, cousas que nunca lle confesaches a ninguén, nin ao teu mellor amigo. Comprobar que nos mentiron, que non todo é branco ou negro. Tamén hai outras cores: dÃas verdes, azuis, vermellos, amarelos, dÃas rosas. Aprender que se caes sete veces o mellor que podes facer é érguete oito ou as que fagan falla. Ter o valor de preguntarte que é o que realmente queres e buscas na vida... Ter o valor de loitar polos teus soños. Vivir cos pés na terra: pensar no futuro laboral, en que non vas vivir do aire, nin de teus pais eternamente, nin dos soños... e non renunciar a eles, porque só podemos ser felices perseguindo os nosos soños. Si, podedes chamarme cursi, pero é asÃ.
E xa para rematar, dicirvos que o mellor destes cinco anos non son estas paredes, nin todo o que aprendemos e nós ensinaron nelas, nin sequera todos os obstáculos que tivemos que superar para chegar aquÃ... O mellor destes cinco anos fomos NÓS!
chúzame -
2008-06-02 at 3.42 pm
hai un ano, cando o lin, non chorei…
http://aultrenarai.blogaliza.org/archives/626
hoxe que o volvÃn a reler, si.
pasou un ano, cambiou todo tanto e eu nin sequera me enterei…
2008-06-02 at 7.47 pm
O mesmo digo, hai un ano notaba como caÃa unha única bágoa pola minha meixela mentres intentaba que ninguén se decatase.
Nesta segunda vez, xa cairón máis.
Aiii esa morrinha….
2008-06-02 at 7.51 pm
Por certo, o discurso do video que deixei posto no flog tamén é dun acto de graduación.
2008-06-03 at 9.34 pm
jo tia, ainda me acordo o emocionados e orgullosos qe estaban teus pais e a mari….
si bagoas, pero bonitas!!
los pelos como escarpias!!
2008-06-04 at 9.49 am
Para min ese dÃa foi un dos mellores da carreira. VolverÃa atrás no tempo e repetirÃa ese momento (e volverÃa atrás no tempo para que houbese cousas que non se dirÃan no discurso porque, sinxelamente, non pasarÃan)