foise o que sempre estivo. un abrazo e un sorriso sincero. o que el está a vivir agora xa o vivín eu hai un ano. porque hai 365 días eu xa andaba comezando a querer á cidade que o cambiou todo. só había moita ilusión na miña maleta. pero volvamos ao presente. exames e partidas de billar coa Ninfa. as pezas do quebracabezas empezan a encaixar, e para evitar que os meus ollos me enganen unha vez máis vólvome cega. o sábado de ruta con Dido e seu pai: un cabo, pozos e alba. de súpeto o universo enteiro párase a ver como unha loba se inclina a beber da auga do mar. o vento, o salitre, todo se pega á miña pel. respiro e pecho os ollos pensando que quizais non me importaría quedarme a vivir aquí para sempre. comida familiar. non hai nada como ver a cada persoa no seu hábitat natural. unha partida de trivial, non sei perder, pero tampouco sei gañar.
sábado pola noite e bébome a vida a pelo. xa non me does. e ríome. estou xusto onde quero estar. vou por rúas que non coñezo, un pub no que non deixan entrar a todos. arraso con todo. son un incendio de persoa. con todo, non bailo todo o que quero. agárrome de Arnoia de invítoo a un licor café. empezo a notar o cansancio, fallan as pernas. son as 9 cando volvo a casa. durmo todo o domingo. exame o luns. tomo algo con estes. felicitación de cumple pa Ro e eu que empezo a notar como queren volver as alucinacións, e digo eu... non será cousa da miopía??
unha peli para catro e varios descubrimentos. cines con encanto, unha historia (a miña en parte), unha confesión-broma: "é que me pos nervioso!". arnoia non se decata de me dou conta, que curioso, sempre estiven eu do outro lado e agora... interesante. e por último, cara o final de todo nace unha idea. véxoa ante min e medra, medra, medra. a miña historia. andaba agardando por ela para escribila. o corazón aceléraseme. taquicardia. a peli ENCANTOUME. fúgome en dirección ao baño para que non mo noten. estou pletórica. xa teño unha montaña para escalar!! e empezo a buscarlle nome...

érgome relativamente cedo, o ruido das máquinas non me deixa durmir. acabo na alameda e cun regalo incrible que alguén deixou para min na fonte pequena. e xa posta vou ata o porto deportivo. que ten vigo que empeza a facerme esquecer doutras cousas? todo encaixa. só iso. estou xusto onde quero estar e de aquí ninguén me move. NINGUÉN

Chuzame! chúzame -