as escusas:
todos os outros
nacín así
o xenes
o carácter
non podo
non sei
os defectos
o medo
o orgullo
a bondade
o corazón
a covardía
a depresión
non te merezo
as circunstancias
o pasado
o futuro
é máis doado buscar escusas. sempre o foi. doe a cabeza.hoxe fixo moito sol grabando o anuncio e pasei moito frío. pedir perdón sempre é difícil. ás veces penso que vou acabar inventando unha nova palabra para pedilo. xa a gastei demasiado e sempre polo mesmo motivo. a todos. a vida sempre dá segundas oportunidades. a cuestión é non desaproveitalas. fareino desta vez?
hai unha imaxe que sempre se me vén á cabeza: a mirada de meu avó, os seus ollos, o seu silencio cando me rifaba con razón. co resto do mundo eu púñame a chorar, a mostrar o afectada que estaba e esas cousas. con el non. era distinto. mírabame e eu só vía verdade no seu ollar. meu non era bo, era xusto. a persoa máis xusta que coñecín. esta tarde Chofi miroume así e volvín a ver os seus ollos nos dela. había moitos anos que ninguén me trataba como me trataba el. ela non o sabe.
todos durmen, eu aínda non. soñan? iso vese na cara, é cousa de práctica.
dar sempre é bo, nunca abonda. mellor dar canto máis se poida. é máis doado ca recebir. e por milésima vez na miña vida volvo a estar na mesma encrucillada de sempre. sei o que debo facer, sempre o sei. fareino? normalmente sáeme o instinto de defensa. vólvome un lobo e fuxo, acubíllome na miña soidade. é máis fácil estar un só que ter que mirar aos ollos dos outros. aínda que doia, un acostúmase a todo.
e agora que? como arranxo este tenderete que me montei? Lara cánsase, non fai falla que o diga. mañá a empezar de cero. igual que fai o sol cando amence.
non gañou Amenábar, gañou Ramón:
Mar adentro, mar adentro,
y en la ingravidez del fondo
donde se cumplen los sueños,
se juntan dos voluntades
para cumplir un deseo.
Un beso enciende la vida
con un relámpago y un trueno,
y en una metamorfosis
mi cuerpo no es ya mi cuerpo;
es como penetrar al centro del universo:
El abrazo más pueril,
y el más puro de los besos,
hasta vernos reducidos
en un único deseo:
Tu mirada y mi mirada
como un eco repitiendo, sin palabras:
más adentro, más adentro,
hasta el más allá del todo
por la sangre y por los huesos.
Pero me despierto siempre
y siempre quiero estar muerto
para seguir con mi boca
enredada en tus cabellos.
P.d: TODO para ti.
P.d2:confiarei? nun instante, a cámara lenta. esta vez SI
chuzame -