INSTRUCCIĂNS PARA PEDIR UNHA TREGUA
Lume. Chamaron por min. Chamaron por todos. AlĂł arriba, por riba do campo de fĂștbol, sĂł se vĂa fume negro. HabĂa cousas que non encaixaban. Os meus brazos eran mĂĄis grandes, pero eu andaba moi ocupada como para reparar niso naquel momento. Fume. Suor. E algo de medo. GĂșstame o lume, a sĂșa luz, o seu brillo, a sĂșa calor, a sĂșa forza. O lume Ă© coma min, cando se descontrola e sopla o vento do Norte destrĂșe todo ao seu paso. Despois de nada serve pedir perdĂłn. O incendio estaba gañåndonos. Non habĂa maneira con el, retrocedĂamos cada vez mĂĄis. Ata que viñeron os aviĂłns e os helicĂłpteros. HabĂa que tombarse no chan para que non che partise as costas a forza da auga ao caer. Unha e outra vez. Eu pechaba os ollos e imaxinaba que estaba nos cons de Fisterra, de pĂ©, esperando ata que unha ola viña e me tragaba. De repente sentir todo o poder do mar. Abro os ollos e volvo ao meu. Pouco de vida lle queda a este incendio. Cando acabamos eu marcho andando ata a Peroxa porque quero parar no Dorado a tomarme unha cerveza. Pasa o camiĂłn diante miña, todos volven contentos. Ă altura do Colexio vexo a un grupo de nenos coas sĂșas bicicletas que me miran como se eu fose un heroe. âE non tiveches medo?â Unha voz de nena. Ela estĂĄ sentada nunha bicicleta rosa. Ten cara seria, aĂnda que non estĂĄ enfadada. DesconfĂa da miña reacciĂłn. SĂłname a sĂșa cara pero non consigo recoñecela. âBastante, pero alguĂ©n ten que faceloâ EntĂłn foi cando se baixou da bici, cruzou a estrada e me colleu da man. Quero que te quedes comigo SorrĂa. Eu non entendĂn nada. Apretoume a man, comezou camiñar. Se algĂșn dĂa lle poño lume a algo bonito quero que esteas alĂ para apagalo. Non quero destruir nada.
Esta mañå espertei co fume do incendio que se ve alĂĄ cara o Oeste e que onte non conseguiron apagar. Ăs veces esquĂ©zome de que son eu a que ten que arranxar as cousas. Pido milagres, e o milagre son eu.
A PERSISTENCIA DA MEMORIA
Ourense. SĂĄbado. 04:49 da madrugada.
Saio do Extravaganza con prĂ©sa, con ganas de meterme en cama. A cabeza dĂĄme voltas. Catuxa queda con ManĂ©. Envexa, xa empezo a estar cansa de andar soa pola vida. Cruzo o Parque das Mercedes. Dous matados queren vir detrĂĄs de min. Baixo por CapitĂĄn Eloy ata a altura do Paseo. Collo por aĂ. A miña rĂșa preferida estĂĄ preciosa tan baleira de xente e baixo a luz da lĂșa chea. Porque hoxe hai lĂșa chea. Pero eu non fun de caza. Paso, vou morrer de fame... Que poucas ganas de nada. Tiro por XoĂĄn XXIII. Case me dan ganas de correr. TamĂ©n baixo por Ervedelo e logo pola miña rĂșa, por Doutor Fleming. Chego ao portal, pero non teño ganas de ir para casa. Na cima da rĂșa hai barullo. O Rock Club, non mo penso dĂșas veces. SaĂșdo o porteiro e entro. Fume. Escuridade. MĂșsica dos 60. Hai un home maior sentado nunha das cadeiras. Xa leva un anaco a mirarme. Miro para el e parĂ©cese a..., pero non... NON PODE SER. SorrĂ e vaise. Estou petrificada. Unha certeza que non me asusta invade todo o meu corpo. Era el, seguro. Saio do local correndo, alĂ estĂĄ rĂșa abaixo. Estaba a agardarme. Eu case non podĂa respirar da carreira. Si, era el e os meus ollos non me enganaran. Estaba tal como eu o lembraba. Sorriume con aquel sorriso enfeitizante que tiña e eu lanzeime a abrazalo. CaĂanme as bĂĄgoas unha detrĂĄs da outra pola cara. Non podĂa parar de rir. Si, era el. O olor, a pel. Meu avĂł acaricioume o pelo. EstĂĄs moi guapa asĂ de loira, igual que cando eras nena. Eu non podĂa falar. Tan sĂł querĂa abrazalo e retelo. Fose un soño ou non. Real ou non. Total, a fin de contas o que importa Ă© que dunha maneira ou outra el estivo comigo e iso ninguĂ©n mo vai quitar xamais. ConfĂa, Eli, ti confĂa. Sempre, escoites o que escoites, aĂnda que todo che diga que non. FĂate tan sĂł dos ollos deles. Eses non menten, ademais que ti xa o sabes de sobra. Digan o que digan, fagan o que fagan, mĂralles aos ollos. Os ollos sempre din a verdade. Non o esquezas. Os ollos din todo o que a xente non se atreve a dicir. Non sei se encollĂn ou que pasou. Quedei durmida nos seus brazos, de pĂ©, no medio da rĂșa, coa sĂșa voz de viaxe por todo o meu corpo. Esa noite durmĂn como habĂa semanas que non durmĂa. Cresme?
PAXAROS DE LISBOA
Eran dous. Viñan collidos da man e andando. Preguntaronme polo meu Castelo e leveinos ata el. ContĂĄronme que na sĂșa terra habĂa unha lenda na que se contaba como nunha terra irmĂĄ, nun condado onde se ve o Miño, onde tres rĂos se xuntan, onde todos os tolos andamos soltos, onde os curas se casan, onde os nenos aprenden a xogar sĂłs e a conquistar o mundo a lomos das sĂșas bicicletas, onde pola noites mires cara o ceo ou cara a terra sĂł se ve un ocĂ©ano de luces brillantes; que alĂ habĂa un castelo dende o que todos os agostos polo San Lourenzo, cando hai a chuvia de estrelas todas as madrugadas, se vĂa iluminada a capela da Virxe da Soidade. Viñan collidos man. Sempre veñen collidos da man. Por que serĂĄ asĂ todos os anos? Eu sorrinlles. Que se amaban, que non querĂan separarse xamais, que non querĂan estar sĂłs,... Sempre me piden o mesmo. Esta vez non acenderon ningunha vela, e tampouco me trouxeron flores. Deixaron unha postal da miña cidade. Espero que aprendan que a vida Ă© unha Soidade compartida.
BĂSCASE AO PRINCIPIĂO: SE RECOMPENSARĂ, QUEN TEĂA ALGUNHA PISTA QUE CHAME AO 600889806. PREGUNTAR POR AULTRE.
Rematou a obra de teatro. Todos nos aplauden. E estĂĄn todos os meus. Adrenalina en vena, orgullo, alegrĂa. Son a muller mĂĄis feliz do mundo. AbrĂĄzome aos meus compañeiros. SĂntome como se acabase conquistar o Himalaia. Ă un momento que se volve eterno. Ăbrense as portas da platea. Todos miran para atrĂĄs. AĂ estĂĄ cun sorriso de orella a orella. BrĂllanlle os ollos. AtravĂ©sanme. QuĂ©imanme. Son dous metereoritos que veñen directos a min. Cada vez mĂĄis preto de min. Non vexo, non escoito. Tan sĂł queda o meu corazĂłn latindo como se o fixese por primeira vez. E sei o que vai pasar pero esquĂ©zome. BĂłtase a camiñar mentres todos o miran estrañados. Salta e sube ao escenario. Eu non me movo. Non podo! CĂłlleme a cara coas mans e chegados a este punto Ă© cando eu remato de derreterme porque o seu olor me inunda por completo. Porque non podo resistirme a eses ollos mestura de tantas cores: verde, marrĂłn, azul, laranxa. Porque o tacto da sĂșa pel erĂzame ata onde ninguĂ©n pode imaxinar. E bĂcame. Realidade e intensidade cabalgando a lomos dos meus glĂłbulos vermellos, facendo turismo dentro de min, namorĂĄndose de min e decidindo quedarse a vivir para sempre aquĂ.
THE HARDEST PART
Foi unha casualidade. O seu coche berroume e el andaba na terraza da cafeterĂa cos seus amigos e un par de princesiñas. SentĂn a forza invisible que me separaba del. Outro que pasa de min, porque Ă© asĂ como hai que chamalo. Outro mĂĄis. Doeume no orgullo. Ăs veces creo que son vĂctima da miña propia inocencia. Sempre me fĂo do iris dos outros. E el tamĂ©n me mentiu, non se atreveu a achegarse a min. Ăs veces pregĂșntome que Ă© o que esperan de min os demais. Vou dando tombos unha e outra vez. Non o entendo, que fixen mal? Nada, como sempre. Todos tedes un escudo, unha mĂĄscara, algo que vos protexe dos demais e do resto do mundo. Eu non, para empezar eu camiño cos pĂ©s espidos. Por iso cada vez que dou un insignificante paso cara adiante me podo botar a chorar, porque hai dĂas nos que me deixo a pel en todo o que fago e digo, porque me aprenderon a vivir asĂ, sentindo cada pedra, cada gota de chapapote, cada herba, cada imperfecciĂłn do chan, para sentilo todo. TODO. Ăs veces creo que podo sentilo todo e a TODOS. Abonda se che digo que Ă© verdade e non me pides probas para crerme? Ăs veces prĂłmetome que esta Ă© a derradeira vez que me volvo a tirar ĂĄ piscina de cabeza sen mirar se hai auga ou non. Que non volverei a buscar a ninguĂ©n, que xamais vou volver pronunciar un QUĂROTE e arriscar o pouco que teño. Que vou ser orgullosa e cumplir o papel da muller nunha peli de Hollywood: esperar. Ăs veces ata mo creo. Pero non, a min sempre me gustou o papel de heroĂna (serĂĄ porque nunca o fun), de Juana de Arco, sempre me gustou ir ao revĂ©s de todos. Completamente ao revĂ©s. Que lle vou facer se aĂnda penso que existe o prĂncipe azul feito ĂĄ miña medida?! A resposta Ă© unha soa palabra: soñar. Pero eu tampouco quero ser escrava dos meus soños e vivir de costas ĂĄ realidade. O mĂĄis dificil Ă© ese equilibrio. Ser realista. Creo que o conseguĂn a base de caĂdas. Unha e outra vez, un dĂa tras outro. Escoitando ao meu corazĂłn procurando ter a suficiente humildade como para non ignorar o que os meus me tiñan que dicir. O Ășnico que sei Ă© que cada un vive a vida, e ultimamente o amor, como quere, como pode e en gran medida como o medo e/ou o valor llelo permiten. E sobre todo, que hai que respetalo. ManĂ© ensinoume que o respeto Ă©o que mĂĄis vale no amor. Se hai respeto non haberĂĄ traizĂłns nin infidelidades. Ă o mĂĄis grande que che poden regalar. Ă o mellor dun mesmo, o mellor que podes dar. Se non hai respeto, ao final todo serĂĄ unha mentira.
CORRER, FACERME LIBRE
Sempre quixen vivir na Idade Media por iso viaxei no tempo ata o Ribeiro. Quixen traelos a todos comigo, non puiden, sempre se me deu moi mal a planificaciĂłn de nada. Xudeus, ricos, pobres, cabaleiros, princesas que coleccionan pretendentes de todos os xĂ©neros, taberneiras, xitanas, mercaderes, curas, monxas, borrachos, gaiteiros, prĂncipes azuis aos que lles gustarĂa mudar de cor do pelo, e eu co segredo collido da miña man. Roubeille o cabalo mĂĄxico do rei ao Mago dos Mil Sorrisos. Emborracheino con licor cafĂ© e deixeino que me levase a onde quixese. Meteuse no Torneo para vacilar a tanto cabaleiro andante e falsos imitadores do Quixote. Eu querĂa correr n a carreira e non me deixaban.
Es demasiado nova
Non tes forza
Non se che vai dar ben
Podes caer
Os cabaleiros son mellores ca ti
O teu cabalo Ă© pequeno, non vale para isto.
Escoiteinos. Calei. Ăanme comezar a doer as malditas palabras. Non as deixei ferirme. Non, esta vez non. CollĂn o meu cabalo. Dinlle uns aloumiños, estabamos morrendo os dous por botarnos a correr. Esa vez non pedĂn permiso nin apoio, nin consentimento. Coloqueime no meu sitio e agardei. Respiramos e a volar!!! El corrĂa e eu deixĂĄbame levar sen medo. Cada vez mĂĄis, mĂĄis forte. TremĂa a terra ao noso paso. O animal e eu respirĂĄbamos ĂĄ vez. Un sprint e gañamos. NinguĂ©n podĂa crelo. Eu era libre. Berrei. Ouveei como os lobos. E cuspinlles as sĂșas palabras. Estaban moi calados, estaban atragantĂĄndose co me dixeran. AlgĂșn quixo vir a felicitarme, xa se sabe, cando gañas..., pero eu afasteime. CollĂn o trofeo e fun directa cara a RaĂña Osiria. Estaba moi sorrinte sentada nos seu trono collida da man do Mago. Ofrecinllo a ela por prestarme o seu cabalo para correr!. Chiscoume un ollo. Marchei correndo a celebralo coas miñas amigas. AlguĂ©n me preguntou de que coñecĂa eu a RaĂña, que como conseguira que me deixara o seu cabalo. AcusĂĄbame cos ollos. Deume por rir. Ă A MIĂA IRMĂ, PARVO!
CERRADOS POR REFORMAS NO MES DE AGOSTO /CURAS DE AMOR PROPIO.
As cousas van cambiar. EstĂĄn cambiando. Necesito que cambien, QUERO que cambien:
Vou escribir o que me pete e como me pete. Triste, alegre ou como me saia. A quen non lle guste que non o lea.
Vou pecar de egocĂ©ntrica e egoĂsta, porque nunca me consentĂn ese luxo.
Vou deixar de compracer, vou deixar de amoldarme, de ceder, e entender a todos. Voume dedicarme en corpo e alma a complacerme, a entenderme, axudarme, escoitarme, soñarme. A miña empatĂa toda para min.
âNon se che pode dicir nadaâ âHai cousas que tes que cambiarâ âTes que facer isto ou aquiloâ. Acabouse facer todo o que me din os demais e dubidar de min. Fe absoluta e cega, aĂnda que me equivoque. Teño os principios, as bases, xa estĂĄ ben de deixar que outros decidan por min.
O pasado existe, o meu pasado existe, coñezĂĄdelo ou non, e para min importa PORQUE Ă A MIĂA VIDA.
NamĂłrome de que me sae dos ovarios e a quen non lle guste que se morda a lingua e cale.
O mundo non Ă© un lugar de color de rosa onde todo Ă© chuli del paraguay. NON, nin negro, nin rosita, Ă© gris. Son unha persoa REALISTA que sabe ver as cousas boas e malas (porque as hai gĂșstenos ou non!) da vida. A quen lle guste ben, e a quen non mala sorte.
Se digo que podo sentilo TODO Ă© porque Ă© a puta verdade.
GĂșstame estar soa, son solitaria e iso encĂĄntame. Disfruto moito da miña compañĂa, non me asusta ir ao cine soa, ver unha peli e comentala comigo mesma. Non quero depender de ninguĂ©n, iso vĂłlveme posesiva e celosa.
Necesitar a alguĂ©n non Ă© querelo, Ă© egoĂsmo. Chamar a alguĂ©n para compartir cousas cando non o necesitas, iso si que Ă© QUERER.
Eu non lle regalo o meu sorriso a calquera, polo tanto se quero estar calada vouno estar. O meu sorriso vale tanto como unha estrela e moi poucos se atreven a buscar estrelas de noite. A eses dareillo encantada.
Son unha loba e voume comportar como tal. Que a ninguén se lle ocorra atacarme a min ou aos meus, porque mo como con patacas.
Xamais vou volver a idealizar a ninguén. Poucos o merecen e ninguén o valora. Vou deixar de namorarme de quen non o merece, voume namorar de min mesma, voume idealizar. Todo o que lle din a outros, TODO o meu amor para min.
Quen me queira hame entender e non me pedirĂĄ explicaciĂłns. O que me queira que me chame e que me busque, que me axude, que me comprenda. O que me queira que confĂe en min cegamente sen pedir nada. O que me queira que me acepte tal e como son, que non me diga que teño que cambiar. Se teño un dĂa triste que me faga sorrir ou que me dea un abrazo, que non me bote en cara que estou triste, PORQUE TEĂO DEREITO A TER UN DĂA MALO, con razĂłn ou sen ela, porque ninguĂ©n estĂĄ na miña pel e ninguĂ©n sabe NADA do que vivĂn nin do que sinto. O que me queira que me escoite e que non confunda as cousas. O que me queira que me perdoe as cousas pequenas. O que me queira non me vai criticar cando eu faga algo que non comprende, vaime apoiar. Quen realmente me quere non se vai enfadar cando lea isto; vai berrar cos brazos cara o aire: âXa eran horas de que o fixeses!!!!â
Unha vez abandonei a unha nena, renunciei a ela polo resto do mundo, para que se sentisen orgullosos de min. E hai unha nena/muller de 15 anos que non mo perdoa porque ese é o erro måis grande da miña vida. O måis grande e non esaxero. Voume deixar a pel para que me perdoe. Voulle devolver todo o que lle quitei para darllo a outros. TODO para que me perdoe.
Esas dĂșas nenas son eu.
chúzame -
2005-09-15 at 2.25 am
Son eu unha desas persoas as que a loba vai defender? comerås con pataquiñas a aqueles que me queiran facer mal? un bico aultre. Eu que son leo sacarei león que hai en min para te defender a ti!!
2005-09-15 at 5.59 pm
por suposto que si!