hoxe quería estar contigo e non puiden (ningué puido)
chamoume sofi e tiven que agocharme do mundo no meu cuarto. chorei e iso que non quería, que máis terá iso agora? algo se me partiu. e un medo feroz a que perdeses a túa inocencia. perdíchela? alma de nena de grande que se enfronta á realidade como pode. ninguén Te acusa, ninguén te culpa. tan só que non te rindas. non queres que vexamos chorar ou os estragos do mal. non queres, non podes, pero como facer para que a túa dor non che fira? e sei que é imposible. esta é das poucas leccións que terás que aprender ti soa. SOA. da morte ninguén pode fuxir. fainos humanos. lémbranos que non somos de pedra, que imos vivir nin tan sequera douscentos anos. como moito cen. e gracias!! asústame que esteas soa, non quero que probes esta clase de soidade porque quizais te marque para sempre. seino, intentarás protexer aos demais; quizais con túa nai dea resultado. pero quen te protexe a ti? QUEN? fuxirás, pero ninguén pode fuxir desta dor. da ausencia. quizais pasen días ou meses ata que a sintas. e estarás soa pq ninguén máis a vai sentir de igual xeito ca ti. aprenderás que simplemente é así. mentres uns se van outros comezamos a vivir en serio. que sentirás que lle vas ter que dar máis valor a cousas que antes apenas che pertubaban. "Lei de vida", frase da que te fartarás ata máis non poder. ao final ata necesites estar soa para que ninguén sinta a túa dor. a min hoxe gustaríame ter a fórmula para que isto non che afecatase. mataría polo abrazo que che curase desta puñalada da vida. e simplemente sei que non o teño. por iso me quedo mirando dende lonxe. choro, quizais, sen ter dereito a facelo. porque ti non o farás. rézolle ao Deus do que ti hoxe máis que nunca desconfías, e pídolle tan só para que non esteas soa. onde vas? e esta madrugada vou ser ti. lémbrate de todos os Nadais, de cada un dos sorrisos, dos abrazos, das frases..., do amor. de TODO. por ti soa e para ninguén máis tes que aprender que hai cousas que nin a Morte che pode roubar. depende de ti, tan só de ti. se ti te lembras do teu avó, EL será inmortal para sempre. non o esquezas xamais.
quixen bailar e non puiden. veleno no aire. berrei no medio da discoteca. preguntoume o porqué un rubio de ollos azuis. "porque SI" fun taxante. algo me chamou dende a barra, era el, o Matadragóns. non o recoñecín ao principio, teño que recoñecelo. sorriume. estrañoume ata que me lembrei que a todos nos gusta ter a alguén detrás no noso cu. non hai nada que suba máis a moral. sorriume cómplice. pero manteu o seu papel de cabaleiro, de príncipe azul polo que hai que facer méritos. fun ao baño e cruceime con el. "sabes? estou triste, hoxe morreulle o avó a unha das miñas mellores amigas e non sei que facer". miroume con xesto preocupado, como se puidese percibir todo o que eu sentín. en fin, que me canso de prícipes azuis que se disfrazan. hoxe, esta madrugada de sábado gastado, o único que quero é que non esteas soa, Dido. podes sentilo??
escribino nunha carta a Osiria:
"a Morte é a única que fai que nos comportemos como realmente somos, porque a ninguén deixa indeferente".
É A PURA VERDADE!!
My life is brilliant.
My love is pure.
I saw an angel.
Of that I'm sure.
She smiled at me on the subway.
She was with another man.
But I won't lose no sleep on that,
'Cause I've got a plan.
You're beautiful. You're beautiful.
You're beautiful, it's true.
I saw you face in a crowded place,
And I don't know what to do,
'Cause I'll never be with you.
Yeah, she caught my eye,
As we walked on by.
She could see from my face that I was,
Fucking high,
And I don't think that I'll see her again,
But we shared a moment that will last till the end.
You're beautiful. You're beautiful.
You're beautiful, it's true.
I saw you face in a crowded place,
And I don't know what to do,
'Cause I'll never be with you.
You're beautiful. You're beautiful.
You're beautiful, it's true.
There must be an angel with a smile on her face,
When she thought up that I should be with you.
But it's time to face the truth,
I will never be with you.
chuzame -