
non sei como fixen para abrir un ollo e ver que estaba sentada na miña bici xusto á saída da autopista. vai un sol estraño, pero bótome a pedalear sorrindo. é de noite, é de dia? tanto ten. e vou pintando a mona polas rúas da zona vella. no Vilar salto da bici e póñeme a bailar e saltar feliz. ata me tiro no chan e fago que toco. cando me canso volvo a subirme na bici, directa como un avión ata o Obradoiro. sen mans e os ollos pechados, ando extasiada. a miña casa, por fin estou en casa. e fago equilibrios enriba da bici. e soa Dido de fondo. canto e padaleo. unha volta, outra máis arredor da praza. miro para o reloxo. é boa hora para ir de visita. e vou cara alí todo o rápido que me deixan as miñas pernas, pero non sei que raio pasa. un ruido, eu despistada, unha moto que case me come, un derrape, un susto e a man no peito. aínda me tremen as pernas cando sinto unha man no ombro. estás ben? leva o casco na man. que fas no meu soño?? os meus ollos coma pratos. rise con inocencia e encóllese de ombros.
está visto que non podemos escapar de aquilo que queremos...
chuzame -
febreiro 11th, 2008 at 9:08 pm
igual o destinatario da pregunta non era o correcto ;b
febreiro 12th, 2008 at 3:52 pm
eu creo que máis ben non era esa a pregunta… xD