subíronme ao ceo e vin o mundo cos ollos de Deus. despois baixamos e camiñei quilómetros de area e sal. bebín augardente sentada nos cons da vila cun home que pescaba na súa dorna que me sorría. baileibaixo a chuvia, baixo a lúa a medio camiño do inferno, do purgatorio, do ceo. son unha ionqui e a falta da miña dose de amor e drogueime coa metadona dos bicos que non me enchen. volvínme de pedra por fóra, a miña pel é áspera e perde sensibilidade e tacto. nadei como se quixese ser unha balea que cruza océanos ata chegar a Alaska ou Terranova. poñen bombas e a min non me importa. falan e eu non escoito nada. quedeime sen tren e sen o abrazo de Santiago. peregrinos, guitarristas e concertos que non empezan. rescatoume a Ninfa. e volvo a casa e atópome cun castelo que é invencible e coa amnesia conducindo o coche novo mandándo telegramas.
ei!STOP. si. STOP. ti. STOP. déixa. STOP. que. STOP. te. STOP. olvide!!! STOP
a vida sempre me empurra a andar soa, xa me esquera diso. as circunstacias. as palabras. aquel que me salve desta soidade, só a ese lle darei a miña alma, só a el o buscarei ata o fin do mundo. só a el.
o demais son mentiras
chúzame -
agosto 2nd, 2005 at 12:38 am
o demais son mentiras
só a el, só a el o buscarei ata o fin do mundo, só a ese lle darei a miña alma, aquel que me salve desta soidade. as palabras. as circunstancias. xa me esquecera diso, a vida sempre me empurra a andar soa [.......] despois vin o mundo cos ollos de Deus e subíronme ao ceo.
osus (nun verán de espellos)
agosto 2nd, 2005 at 2:18 pm
mentiras con verade e verdades con mentira… ás veces o equilibrio é unha mestura de TODO. creo que non existe ese home, ou quizais aínda son moi miope para recoñecelo
beijinhos
agosto 2nd, 2005 at 3:58 pm
Se calhar o teu amor (home talvez não seja, talvez sim) somos todas/os quem te botamos de menos. Eu quando menos estou certo disso. Permaneza em sintonia, faz favor.
agosto 5th, 2005 at 11:04 pm
pode ser. poucos me botan de menos e non vai en plan víctima. ao principio si, pero a rutina fai o resto
novembro 4th, 2005 at 9:05 am
Blog agréable.
Je devrai revenir plus tard.