venres. paguei a miña consumición e marchei con aquela estraña sensación de malestar na boca do estómago. ese malestar que non é meu. maldita empatía... aquelas palabras cargadas de rabia, soños rotos? quizais... e eu tratando de ver algo máis que aquela punta do iceberg. ler entre liñas sempre foi a miña asignatura favorita malia a que ás veces suspendo. e unha verdade como unha catedral. eses ollazos non van ser para min. a miña intuición sempre tan oportuna. friaxe na alma. custábame sorrir. que se lle vai facer? a min gústame igual. poño os cascos e sinto esa escozor na alma. por que me tes que doer se non nos coñecemos? poño a Catpeople e escoito como un mozo sorprendido lle comenta algo ao meu "xefe". e esa pequena victoria que me foi animando. á unha e media o Trolebus xa está cheo, tiven que sacar a artillería pesada. daquela entrei no meu viaxe astral particular. bailar e pinchar. ter amnesia, esquecerme de todo e de todos. a adrenalina da tensión de ter que estar atenta ao que fago. a inmensa satisfacción de ser, por unhas horiñas, a deusa que fai que toda esa masa de xente á que non lle vexo a cara baile e se esqueza dos seu problemas. a miña música, que non é miña, é prestada. poñerlle banda sonora á noite de tantos descoñecidos non ten prezo.

sentirme realizada. soa cursi? pois éche o que hai. bufffff, e eu que pensaba que xa non a ía sentir nunca máis...

[o da foto é Peter Hook, un dos meus ídolos, ademais de baixo-guitarra é dj]

Chuzame! chúzame -