hoxe empeza o festival e aínda que este ano non podo ir pq estou aquí, como tampouco estiven nas festas da Peroxa, teño que admitir que non me importa nin me doe; NON HAI NADA COMPARABLE A ESTES MESES EN LISBOA. xamais vin tal marabunta de xente nova nunha vila. era o caos perfecto. liberdade, era o que se respiraba. corpos e corpos chamándose e atraéndose como se todos estivesemos en época de celo. agora seino, calquera cousa podería ter ocorrido alí. a carne chámame. incítame. búscame. son unha loba e teño fame. volvo a ter fame. e non me daba conta pero é que aínda non probei os beizos dos galegos!!! vai arder Troia cando volva a casa. é unha das promesas que me fixen hai anos cando era o patito feo. e total, xa o sei, é vanidade, pero un pouco non lle fai mal a ninguén. en pequenas doses, claro. hai homes que teñen unha débeda moi grande comigo. si, xa sei, tamén é algo de vinganza, é que no fondo eu tamén teño o meu orgullo. no fondo todo é por amor propio:"mírame ben porque é o único que che deixo facer". pero antes de todo isto SÓ me resta unha cousa por facer en Lisboa. teño que acabar unha partida de xadrez que me ensinou tantas cousas sobre a vida e o amor que creo que xamis se vai volver a repetir, nin aínda que eu puidese gañar. si, definitavemente o meu son os retos e nin tan sequera o dubido. nin se me pasa pola cabeza que a vou a cagar a estar alturas do conto. facer cousas nunca fixen dáseme bastante ben.
Xoela pola Galiza e Dido e eu conectadas como drogadictas ao messenger. non sei cal das tres ten máis morriña. a casa sigue igual de sileciosa que cando se foi e o seu cuarto pechado a cal e canto. en parte mellor así porque se me facía moi duro velo completamente baleiro. outro dato, dende que non está nin Dido nin eu poñemos a música a toda hostia na ducha. casualidade? outra manifestación máis da morriña e da melancolia á que xa me vou acostumando. xa non fire.
chuzame -
Xullo 8th, 2005 at 2:20 pm
Como sigas a escreber así vouche ter que ir facer unah visita e mostrarche que máis que a fin o teu en Lisboa é un gambito de dama…
Bicos
Xullo 9th, 2005 at 9:08 pm
jajaja, gambito de dama? juer,creo que non sei que é…
Xullo 11th, 2005 at 3:50 pm
Topei con este blog porque levo unha semana en lisboa. sozinha. eu son de chantada, terra do interior
Xullo 11th, 2005 at 4:07 pm
Desfruta en Lisboa todo o que poidas, que é unha cidade con moito encanto. As que xa non estamos aí temos moitas saudades tanto da cidade como da sua xente. Chinchi, obrigada polo post, canto máis o leo máis me gusta, se é que eres grande… embora sei que un toxo coma min mutado temporalmente a caracol non merecen tanta parafernalia.
Beijinhos dende o corazón das Rías Baixas (que te esperan) MUAKAS
Xullo 11th, 2005 at 8:28 pm
ja,ja,ja, de Chantada? non che sonara de nada A Peroxa (”a que non é puta é coxa”,mais esta parte non me gusta un carallo…) xa namoraras da cidade como nos namoramos todos!
muita sorte!
Xullo 11th, 2005 at 8:28 pm
ja,ja,ja, de Chantada? non che sonara de nada A Peroxa (”a que non é puta é coxa”,mais esta parte non me gusta un carallo…) xa namoraras da cidade como nos namoramos todos!
muita sorte!
Xullo 11th, 2005 at 8:29 pm
Xoela, Xoela, Xoela, mmmm… cantas saudades! prometido, fareino por ti!
de toxo nada que no fondo es un pedaciño de pan!!! moitos bicos!
I’ll see you in Ribeira!