cando te drogas con música en vena pasa que o mundo tal como o coñeces desaparece e só queda o que realmente quere ver o teu corazón. as fronteiras, os quilómetros, o tempo, as ausencias,... todo o que non está preto de ti reaparece diante dos teus ollos cunha forza invisible que vai dende os pés ata a cabeza. e nun instante todo se volve REAL. e todas palabras escritas, soñadas e ás veces esquecidas que pariches en silencio saen da túa boca sen que esta se opoña. os móbiles non son teléfonos, son portas interespaciais que che traen ata min; sábelo e eu sei que os sabes.é a imaxinación de quen confía cegamente.

TI que estás sempre aínda que non esteas :)

Chuzame! chuzame -