b.s.o. and basado en feitos reais07 set 2007 11:35 pm

xa a coñecía, pero onte, tirada no sofá mentres en todos os telexornais o sacaban a el cantándoa... a pel de galiña e unha emoción que non sei dende onde chegaba ata min ...
-
-
- Que ninguén durma! Que ninguén durma!
- Tampouco ti, oh, Princesa,
- no teu frío cuarto
- miras as estrelas
- que tremen de amor e de esperanza...
- Pero o meu misterio está pechado en min,
- o meu nome ninguén o saberá!
- E o meu bico romperá o silencio
- que te fai miña
- Disípate, oh noite! Tramontade, estrelas! Tramontade, estrelas!
- Ao mencer vencerei!
- Vencerei! Vencerei!
-
e despois de escoitala outra vez non teño que comentar nada máis. é incrible o resultado final de cantar algo tan bonito xa por si mesmo con todo o corazón.
Nessun dorma, que ninguén durma esta noite...
chúzame -
setembro 23rd, 2007 at 1:22 am
eu fun escoitar esa ópera cando estiven en Roma, La Turandot! nas termas de Caracalla! a verdade é q a letra é incríbel, hei de dicir q cando acabou, choraba coma unha magdalena
tiñas q velo xula
un bikiiii