era só unha respiración pegada ao meu pescozo. nin máis menos. o demais negouno todo. e eu, parva de min, cominme eu soa toda a ira do mundo. imaxina un prato que aborreces... imaxina que o devoras con ansia por amor día si e día tamén... imaxínao se podes... soaba a música. eu guiaba e aquel corpo que me seguía coa fidelidade dun can. o ritmo, a música, a letra, a melodía que eu sempre acaba cantando... e sempre aquela respiración pegada ao meu pescozo. como se atopase o seu lugar no mundo. nada máis fermoso, nada que dese máis medo... tod@s somos covardes, pero algúns máis ca outros... iso ou separa ou une, e a nós separounos. a min nunca se me ocorreu preguntarlle "quéresme?". era algo que inconscientemente sentia e daba por feito. equivoqueime? eu só acabei dicindo máis de tres veces  o inútil, minúsculo, ridículo e con bágoas nos ollos "Q U É R O T E!". o medo non existía... só escoitaba ao meu corazón, o demais non tiña a máis mínima importancia. e menudo pecado cometín! pero aquela respiración seguía existindo... bicándome sen chegar a tocar un só centímetro da miña pel e a menos dun milímetro desta. contradición? supoño que si, nunca o saberei, foi o que foi e punto.

e  punto? iso pensaba eu ata que unha noite por pura casualidade os seus beizos acaban enganchados aos meus (sen axentes externos). hai cousas que non pasan por casualidade por moito que actuemos como se non existisen, por moito que fagamos cine como para que nos dean un oscar. e sinto decepcionar ao persoal, pero a culpa non foi miña, eu sempre pido permiso para bicar...  e iso xa debería deixalo todo claro. preguntarse o que é verdade e o que é froito do alcohol... e descubrir que hai cousas que só se fan porque a un lle peta, aínda que ninguén mire. a excusas e explicacións non sirven de nada neste caso, só para certificar.

e esa respiración, que sempre acababa pegada ao meu pescozo. mestura de amor, desexo, amizade, cariño, impotencia e covardía. a definición perfecta para unha situación que non lle recomendo nin ao mesmísimo Hitler... sempre bailando e os corpos demasiado pegados. demasiado. máis do habitual. donas e cabeiros, saiban que hai milímetros que delatan...

o demais é historia, cando ninguén te mira aos ollos é máis doado mentir e calar. esquecinme do demais, ou máis ben é que morreu. nin o SABOR,  nin o AROMA, nin sequera a ausencia destes... tan só o recordo, que nin fire, nin alegra, nin molesta. é unha peza máis que encaixa neste quebracabezas, e cumpre unha función: liberarme.

queres máis? b   ú   s   c   a   m  e  . o demais non (me) importa.

[hai cousas que non sae poden explicar, só se poden sentir]

Chuzame! chúzame -