xa nada será igual. mellor ou peor, pero distinto. unha habitación baleira. xa non ten vida... desprende unha frialdade que me acoitela polas costas. dóeme máis do que eu pensaba. caixas e maletas que eu aínda teño que encher... atravesar media cidade coas bágoas correndo pola miña cara por causa da forza da gravidade. estou triste. ela cólleme da man e abrázase a min por detrás... negra sombra. millóns de recordos... acumulados no meu pequeno corazón. e dóeme dunha maneira tan doce que só podo sorrir. non, non estudiei xornalismo. e cando me namorei tiven que tiralo todo ao lixo, esquecer ou poñer toda a forza do meu corazón para ser só a mellor das amigas. porque vin morrer a nais, avoas. porque cando volvan pasar outros 365 días terei sido eu, unha vez máis, a que viu como marchaban tod@s. cicatrices. o corazón deixou de amar, pero a memoria non entendeu nunca as súas razóns. que será de todos nós? algúns están de paso... asústome. déixademe botar raices en vós... e non haberá día que eu non vos roube un sorriso. o dia que non o faga será porque estou a dous metros baixo terra. non me asusta a morte, nin a dor, nin a soidade, nin a felicidade, nin a mirarme no espello. nin sequera me asusta cruzar o Amazonas e que ninguén o entenda... voume, voume de vacacións, de retiro. o luns o derradeiro exame e logo a perderme nas alturas da miña aldea. vixiar dende lonxe a Atenas... escribir de noite, contar estrelas, ser a filla, a irmá, a amiga, ser todo o que son e máis. choro mentres escribo isto. igual que algúns cando o lean. salitre, son filla dun amor prohibido. seguirei a tradición... a min non me importa quen es, nin como es. a min só me importa o que me contan os teus ollos... sabes? sei quen es.

estou triste, é que teño o corazón de mudanza. e entre caixas, recordos e albumes de fotos descubro todo o feliz que fun...

Chuzame! chuzame -