queres chorar e non podes... un par de bágoas, nada máis. quixeches fuxir, pero ben sabes que só é un engano temporal. non estás mal, estás ben, xa o sabes. pero é algo que che tira dende adentro... tan adentro que chega a queimar... chámase Melancolía do desprazamento. non é unha enfermidade, nin sequera é unha alerxia. se vas ao médico non cha vai diagnosticar e vaise rir se llo intentas explicar... botas de menos... fáltache algo. e esa sensación, esa pequena ausencia, dor, sentimento ou como lle queiras chamar colle forma de can fiel. vai contigo a todas partes. durme aos pés da túa cama, deixa que lle deas de comer cando te pos a lembrar... e a memoria, traidora ela sempre, non deixa de disparar recordos... ese suspiro que coñeces ben... sen vir a conto... sabes de sobra que non se pode ter todo, que nunca o vas ter todo, que é unha ilusión, e a realidade asusta, sempre asusta. e durmes coa fiestra aberta porque o fresco da noite anestesia a Dª. Melancolia e fai que poidas durmir tranquila... dende antes de que tiveras uso de razón, dende antes que a vida che ensinase que todos van e veñen, que ninguén queda contigo eternamente... e ti só queres botar raices, quedar, non facer máis viaxes, atopar o teu lugar e quedar alí, non volver a ter que dicir ola ou deica logo... no fondo es unha nena que só quere conservar o que ten, sexa pouco ou moito, unha nena que se pasou media infancia comprendendo e colléndolles a man aos grandes en sinal de apoio... xogando soa polas esquinas da casa, polos carreiros, buscando carballos aos que abrazarte e contarlle os teus segredos... e eu sei que non podes, que ninguén che ensinou a saír e verte dende fóra. ninguén se parou a sacarte dese mundo aparte que xira dentro de ti... non es mellor nin peor, nin máis grande, nin máis sabia, nin máis simpática, nin máis sabia. es ti en estado puro. es pura como os glaciares da antártida. aínda que queiran non poden contaminarte... cando queres a alguén consigues que se sinta especial por riba de todas as cousas... pero xa van sendo horas de que saías dese burato marabilloso no que te escondes. e tempo de parir  soños e namoralos a todos.

e non sei que debeu ver ela en min... que todos os anos. non falta ningún...

Chuzame! chúzame -