
eu espero sen esperar. fago autostop pola vida. se alguén para e me recolle, ben. se non para ninguén, pois ben tamén. eu sempre tiro cara adiante dunha maneira instintiva... eu non entendo de razóns, de lóxicas, de explicacións... eu só atendo ao corazón. son adicta ás miradas. o meu can entendíame porque sempre lle falei mirándoo aos ollos... eu non vía un can, eu vía a un amigo, por iso só me facía caso a min, por iso sempre viña detrás de min. fose a onde fose. fidelidade, lealtade. o máis importante é que o facía porque lle daba a gana. os humanos somos idiotas. empregamos mal o instinto de defensa. pensamos que sabemos, damos todo por suposto, aceptamos sen queixa todo o que non ensinan... e ninguén sabe o que é a vida ata que se atreve a vivila con todas as súas consecuencias. sempre hai algo que cho berra dentro, esa voz que calaches dende a infancia. toneladas de silencio durante anos e anos... e do outro lado do espello eses ollos que che miran... que son teus e case non recoñeces... encadenados á memoria do espello (terán memoria os espellos?). e de que cor son os teus ollos? e agora contestas con toda a seguridade do mundo... e eu sorrío porque a pregunta tiña trampa. hai dúas clases de persoas: as que lles preguntan aos demais de que cor teñen os ollos... e as que, aínda que o pregunten, plántanse diante del para averigualo por eles mesmos.
mírame aos ollos e dime que ves... e se non te atopas neles mándame á merda, estamos a perder o tempo.
chúzame -
xuño 27th, 2007 at 8:48 pm
felicitacións

xuño 27th, 2007 at 10:00 pm
Gustoume, sobre todo a frase final.
Unha aperta.
xuño 27th, 2007 at 10:22 pm
a min o que me jode é que ao final… todos se venden, nós vendemos, ante o deus da “normalidade”… e creo que non hai cousa que máis me joda neste mundo…
en fin, dito queda, cada un que faga o que poida/queira, ou o que se atreva.